Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45709

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 9 de novembro de 2020 pola que se determinan as distincións e recompensas que se concederán ao persoal dos corpos de policía local durante o ano 2020.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

Consonte con esta previsión, o Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que desenvolve a citada lei, establece no seu artigo 98 que a consellería competente en materia de seguridade concederá mediante orde a Placa Colectiva e a Placa Individual, así como a Medalla ao Mérito da Policía Local.

De acordo co anterior, a unidade directiva competente en materia de coordinación estudou as propostas achegadas, seguindo o procedemento que establece o artigo 99 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, para a concesión destas distincións. As propostas feitas pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, como unidade directiva competente en materia de coordinación, foron amplamente documentadas, sometidas a informe e avaliadas pola Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia e sometidas á resolución e ditame desta vicepresidencia e consellería.

Na súa virtude, en uso das facultades outorgadas polo artigo 98 e pola disposición derradeira primeira do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, antes citado, por proposta da unidade directiva competente en materia de coordinación de policías locais, e logo do informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais de Galicia, na súa reunión do 20 de outubro de 2020, ao abeiro do disposto no artigo 17.1.a) da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais

DISPOÑO:

Artigo único

1. Aprobar, de acordo co previsto no artigo 99.5 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, a relación de persoas propostas como candidatas á Medalla ao Mérito da Policía local, ás cales se lles outorgan estas distincións.

2. Publicar esta relación nos anexos a esta orde:

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

1. Concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local a Jesús Manuel García Leal, policía do corpo de Policía Local do Concello de Cee.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local, unha vez emitido informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na reunión do 20 de outubro de 2020, e logo de avaliar e ponderar os méritos e as circunstancias alegadas na dita proposta, esta Vicepresidencia Primeira e Consellería resolveu conceder a Medalla ao Mérito da Policía Local a Jesús Manuel García Leal, policía do corpo de Policía Local do Concello de Cee, pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, calidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía, que se encadran nas condicións previstas no artigo 92 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, para a concesión da distinción.

2. Concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local a José Ramírez Pérez, Manuel Arca Caeiro, David González Martínez e a Avelino Martínez Pérez, policías do corpo de Policía Local do Concello de Tui.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local, unha vez emitido informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na reunión do 20 de outubro de 2020, e logo de avaliar e ponderar os méritos e as circunstancias alegadas na dita proposta, esta Vicepresidencia Primeira e Consellería resolveu conceder a Medalla ao Mérito da Policía Local a José Ramírez Pérez, Manuel Arca Caeiro, David González Martínez e a Avelino Martínez Pérez, policías do corpo de Policía Local do Concello de Tui, pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, calidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía, que se encadran nas condicións previstas no artigo 92 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, para a concesión da distinción.

3. Concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local a Antonio Pereira Nandín, Benjamín Blanco Durán, Francisco Javier Rodríguez Fernández, Sergio García Castaño, Brais Roca Acuña, Daniel Rodríguez González e a Adolfo Suárez Piñeiro, policías do corpo de Policía Local do Concello do Porriño.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local, unha vez emitido informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na reunión do 20 de outubro de 2020, e logo de avaliar e ponderar os méritos e as circunstancias alegadas na dita proposta, esta Vicepresidencia Primeira e Consellería resolveu conceder a Medalla ao Mérito da Policía Local a Antonio Pereira Nandín, Benjamín Blanco Durán, Francisco Javier Rodríguez Fernández, Sergio García Castaño, Brais Roca Acuña, Daniel Rodríguez González e a Adolfo Suárez Piñeiro, policías do corpo de Policía Local do Concello do Porriño, pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, calidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía, que se encadran nas condicións previstas no artigo 92 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, para a concesión da distinción.

4. Concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local a José Antonio Álvarez Romero, policía do corpo de Policía Local do Concello de Pontevedra.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local, unha vez emitido informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na reunión do 20 de outubro de 2020, e logo de avaliar e ponderar os méritos e as circunstancias alegadas na dita proposta, esta Vicepresidencia Primeira e Consellería resolveu conceder a Medalla ao Mérito da Policía Local a José Antonio Álvarez Romero, policía do corpo de Policía Local do Concello de Pontevedra, pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, calidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía, que se encadran nas condicións previstas no artigo 92 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, para a concesión da distinción.

5. Concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local a José Manuel Blanco Lema, policía do corpo de Policía Local do Concello de Muxía.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local, unha vez emitido informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na reunión do 20 de outubro de 2020, e logo de avaliar e ponderar os méritos e as circunstancias alegadas na dita proposta, esta Vicepresidencia Primeira e Consellería resolveu conceder a Medalla ao Mérito da Policía Local a José Manuel Blanco Lema, policía do corpo de Policía Local do Concello de Muxía, pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, calidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía, que se encadran nas condicións previstas no artigo 92 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, para a concesión da distinción.

6. Concesión da Medalla ao Mérito da Policía Local a José Antonio González Sampedro e a Francisco Crujeiras Vidal, policías do corpo de Policía Local do Concello de Ribeira.

Vistos os feitos descritos na proposta para a concesión da Medalla ao mérito da Policía local, unha vez emitido informe da Comisión de Coordinación de Policías Locais, na reunión do 20 de outubro de 2020, e logo de avaliar e ponderar os méritos e as circunstancias alegadas na dita proposta, esta Vicepresidencia Primeira e Consellería resolveu conceder a Medalla ao Mérito da Policía Local a José Antonio González Sampedro e a Francisco Crujeiras Vidal, policías do corpo de Policía Local do Concello de Ribeira, pola súa intervención nun acto de servizo, ao ser de salientar o seu compromiso de servizo, calidade inherente ao ideal de servizo público, predicable dun bo policía, que se encadran nas condicións previstas no artigo 92 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, para a concesión da distinción.

De acordo co previsto nos artigos 101 e 102 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, esta concesión acreditarase mediante o correspondente diploma e constará no Rexistro de Distincións e no Rexistro das Policías Locais de Galicia, e darase conta ao concello de pertenza para constancia no seu expediente persoal.