Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46549

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1294/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1294/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia Iglesias Viñuales contra Skala Coruña, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditáronse resolución o 20.10.2020 onde consta no fallo:

«Estímase a demanda formulada por Leticia Iglesias Viñuela fronte á empresa Skala Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Skala Coruña, S.L. a aboar á demandante a cantidade de mil cincocentos cincuenta e cinco euros con cincuenta e oito céntimos de euro (1.055,58 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Skala Coruña, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de novembro de 2020