Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47170

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (329/2020).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento divorcio contencioso nº 329/2020 se ditou resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza n° 311/2020.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio nº 329/2020, promovido pola procuradora Sra. Esperanza Álvarez, en nome e representación de Rubicelda Viltres Suárez, asistida da letrada Sra. Loredo Conde, fronte a Marivelquis Cierna de Armas, maior de idade, mencionada en autos, declarada en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio.

Resolvo:

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Esperanza Álvarez, en nome e representación de Rubicelda Viltres Suárez, asistida da letrada Sra. Loredo Conde, fronte a Marivelquis Cierna de Armas, maior de idade, mencionada en autos, declarada en rebeldía procesual, e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou con capacidade modificada no citado matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído polas litigantes con data 3.7.2015 en Ames, inscrito no tomo 29, páxina 85, sección 2ª, do citado Rexistro Civil.

En canto sexa firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito previsto na D.A. 15ª da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Marivelquis Cierna de Armas, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza