Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48411

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican varios requirimentos de emenda da documentación de solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 26 de febreiro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS321A).

Con data do 9 de marzo de 2020 publícase no Diario Oficial de Galicia núm. 46 a Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS321A).

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian as axudas está cofinanciada nun 91,89 % pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo.

O procedemento de concesión tramítase en réxime de concorrencia non competitiva e concederase a axuda a todas as persoas solicitantes que reúnan os requisitos exixidos no artigo 5, ata o esgotamento do crédito orzamentario, conforme dispón o artigo 2.

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes.

O artigo 13 establece que a notificación se efectuará preferentemente por medios electrónicos, as persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se efectúen ou deixen de efectuar por medios electrónicos.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel).

Unha vez revisadas polo órgano instrutor as solicitudes presentadas ao abeiro desta orde de convocatoria, das persoas que indicaron no formulario de solicitude como medio preferente de notificación o postal, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non ter sido presentada ou ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación dos requisitos exixidos.

O artigo 10 desa orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei  39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a persoa solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa petición, despois de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.

De conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, intentouse a notificación dos requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas polas persoas que escolleron expresamente a modalidade de notificación por vía postal, que foron devoltas en todas as ocasións sen seren recibidas por parte das persoas interesadas.

O artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, establece que cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puider efectuar, a notificación efectuarase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, as administracións poderán publicar un anuncio no boletín oficial da comunidade autónoma ou da provincia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia dos requirimentos de emenda en relación coas solicitudes que non foron debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido na orde de convocatoria, e requirir as persoas solicitantes que figuran na relación para que procedan á súa emenda. Os requirimentos e a relación de solicitantes figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa ás persoas solicitantes que figuran no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non facelo, se darán por desistidas da súa petición, despois de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. Informar as persoas interesadas de que, para atender este requirimento, deberán enviar a emenda á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e presentala no rexistro do órgano competente para tramitar coa información e/ou documentación requirida, que se engadirá á súa solicitude inicial e quedará incorporada ao expediente.

Cuarto. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través da conta de correo xuventude.programas@xunta.gal, ou ben nos teléfonos 981 54 48 40 ou 881 99 93 14.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Solicitudes de axuda suxeitas á emenda de documentación

Logo de revisar a solicitude e a documentación que presentou para o procedemento indicado, ao abeiro da Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG núm. 46, do 9 de marzo), advírtese nela a falta da documentación que se indica:

Nº de expediente

NIF

Contido
do acto

Data do requirimento

Descrición do documento requirido

BS321A-2020-00000385-00

35611720S

Requirimento de emenda da solicitude

26.8.2020

– Formulario de solicitude debidamente cuberto segundo o modelo oficial (anexo I): cubrir o recadro correspondente aos datos bancarios e incluír o dato da persoa titular da conta, que debe ser a persoa solicitante, e o número de conta, de forma lexible.

BS321A-2020-00000243-00

45144557L

Requirimento de emenda da solicitude

30.7.2020

– Certificado/s de residencia da persoa solicitante que acredite a antigüidade mínima dun ano (con respecto á data de presentación da solicitude) exixida no artigo 5 (artigo 9 da orde). Da consulta autorizada efectuada de xeito automático non consta acreditado este requisito, debido a que a data da última variación padroal é inferior ao ano.

– Conta de correo electrónico lexible.

Este órgano requírelles que acheguen os documentos antes sinalados no prazo de dez (10) días, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non facelo, entenderase que desiste da súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.