Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49768

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS508C).

A Consellería de Política Social convocou, para o ano 2020, a través da Orde do 8 de xaneiro de 2020, as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado Sénior (DOG núm. 22, do 3 de febreiro).

O artigo 17 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para a presentación da xustificación estableceuse o día 8 de novembro de 2020.

Así mesmo, nos números 2 e 3 do artigo 17 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento para as entidades de acción voluntaria e para as entidades locais beneficiarias, respectivamente.

Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto da concesión da subvención.

O artigo 18 da dita orde establece que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente para os efectos previstos neste artigo. No dito artigo establece que a falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de entidades beneficiarias requiridas para emendar as xustificacións que non están debidamente completadas e/ou presentar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo, que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no dito anexo. De non o facer, de conformidade co artigo 18.3 da orde, co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas
no programa Voluntariado Sénior

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508C 2020/012

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor

G32198970

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a).

BS508C 2020/021

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

– Anexos II , IV e V.

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.2.a).

– Memoria explicativa das actividades realizadas (artigo 17.2.a).

– Memoria económica (artigo 17.2.b).

– Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Relación nominal de persoas voluntarias (artigo 15.8).

BS508C 2020/029

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

– Xustificación de ter solicitado a inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.2.a).

– Anexo II: debidamente asinado.

– Anexo IV: debidamente asinado e revisar datos das persoas voluntarias e gasto total dos seguros.

– Memoria económica: revisar gasto dos seguros de responsabilidade civil e accidentes.

BS508C 2020/036

Concello de Mos

P3603300I

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.3.a).

BS508C 2020/037

Concello da Veiga

P3208400F

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados das experiencias (artigo 17.3.a).

BS508C 2020/044

Fundación Banco Farmacéutico de Galicia

G70558887

– Anexo II: revisar sinaturas.

– Anexo IV: revisar sinaturas, presentar TC II das nóminas imputadas, rectificar o número de matrícula na declaración responsable sobre os gastos de combustible e presentar xustificante de pagamento das facturas de combustible á Fundación Amigos de Galicia.

– Presentar os xustificantes de pagamento dos seguros para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (artigo 17.2.d.3º).

– Memoria económica: rectificar cálculo da nómina de outubro, usando só o líquido.

– Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

BS508C 2020/050

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

– Memoria económica: engadir os gastos de seguros e das persoas voluntarias.

– Completar solicitude de inscrición das experiencias voluntarias e dos certificados de experiencias voluntarias (artigo 17.2.a).

– Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.