Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50650

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 225/2020, do 23 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

A Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, no seu artigo 12, dispón que a oferta de emprego público ou outro instrumento similar de xestión da provisión de necesidades de persoal se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal.

Ao non aprobarse o proxecto de Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2020, resulta de aplicación en toda a súa extensión o artigo 134.4 da Constitución española, do 27 de decembro de 1978, que sinala que «se a lei de orzamentos non se aproba antes do primeiro día do exercicio económico correspondente, consideraranse automaticamente prorrogados os orzamentos do exercicio anterior ata a aprobación dos novos.

De acordo co disposto no artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, no presente exercicio unicamente se procederá, no sector público autonómico, á incorporación de novo persoal con suxeición ás limitacións e requisitos establecidos nesa norma.

Na mesma norma fíxanse diferentes taxas de reposición. Dentro do 100 % da taxa de reposición figuran os sectores prioritarios, onde a lei inclúe, entre outros, o control e a loita contra a fraude fiscal, laboral, subvencións públicas e control da asignación eficiente dos recursos públicos, asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos, así como tamén as prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios e de salvamento, as prazas do persoal que presta asistencia directa aos usuarios dos servizos sociais e do persoal que realiza a xestión de prestacións e políticas activas en materia de emprego, prazas de seguridade e emerxencia, prazas de persoal que realiza unha prestación directa aos usuarios do servizo de transporte público, persoal de atención aos cidadáns nos servizos públicos e persoal que preste servizos na área das tecnoloxías da información e da comunicación.

Noutros sectores a taxa de reposición fíxase ata un máximo do 75 %.

Así mesmo, e segundo dispón o artigo 19.seis da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, a taxa de reposición de un ou de varios sectores ou colectivos prioritarios poderase acumular noutros sectores ou colectivos prioritarios. Igualmente, a taxa de reposición dos sectores non prioritarios poderá acumularse nos sectores prioritarios.

No ámbito de función pública galega o número de prazas que se poden convocar na oferta de emprego público do ano 2020 é de 562 prazas.

Para o cálculo da taxa de reposición acudiuse ao disposto na devandita lei no seu artigo 19.un.7 para os efectos de aplicar a porcentaxe máxima, non computando as prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna e procesos de consolidación para o persoal declarado indefinido non fixo mediante sentenza xudicial. Ademais, no punto 9 recóllese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48 establece os criterios xerais en que debe enmarcarse a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas. Esta oferta concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público é un instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.

O artigo 70.3 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, establece que o decreto polo que se aprobe a oferta de emprego público poderá conter medidas derivadas da planificación dos recursos humanos.

Neste sentido, merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo contribuír á consecución da eficacia na prestación dos servizos. Deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde niveis inferiores aos superiores.

No decreto de oferta para o ano 2020 considérase unha promoción interna separada para o persoal funcionario dos corpos xerais, con convocatorias independentes das de acceso libre.

Tamén se recollen prazas de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna. Este persoal laboral fixo poderá participar nun proceso selectivo de promoción interna a través dun concurso-oposición nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Así mesmo, inclúense prazas na promoción interna para dar cumprimento aos acordos asinados entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais sobre o persoal laboral da Axencia Galega de Infraestruturas e as actuacións que se desenvolverán entre a Administración e as organizacións sindicais relativas ao persoal laboral da gardaría fluvial da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Para determinar a taxa de reposición das prazas de acceso libre tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias, baixas definitivas, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2019.

Nesta oferta recóllese unha consolidación de emprego temporal para prazas de carácter estrutural, dotadas orzamentariamente e que se atopan desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005, de conformidade co previsto na disposición transitoria cuarta do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e na disposición transitoria décimo cuarta do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, que continúa en vigor de acordo coa disposición derrogatoria primeira da Lei 2/2015, do 20 de abril, do emprego público de Galicia.

Co obxecto de dar cumprimento ao establecido no artigo 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, así como aos acordos sobre o desenvolvemento da estabilidade no emprego dos servizos públicos e, en concreto, ao Acordo de concertación social do emprego público de Galicia publicado mediante a Orde de 15 de xaneiro de 2019, inclúese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal, incorporando prazas dos servizos da Administración e servizos xerais que respondan a necesidades estruturais, estean dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. As ofertas que articulen estes procesos de estabilización deberán aprobarse e publicarse nos respectivos diarios oficiais nos exercicios 2018 a 2020 (período ampliado ao exercicio 2021, de conformidade co disposto no Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica). Deste xeito, tendo en conta a Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, e, máis concretamente, a súa disposición adicional trixésimo primeira, incorporaranse as prazas para a estabilización do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar, co obxecto de reducir a taxa de temporalidade na Comunidade Autónoma de Galicia, prazas que estean dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017.

Tamén se inclúen nesta oferta prazas de consolidación de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais. Estas prazas están distribuídas por corpos e escalas de persoal funcionario e por categorías de persoal laboral, segundo constan nas relacións de postos de traballo aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia para dar cumprimento ao establecido no artigo 28 da Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, e no artigo 38 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Os procesos de consolidación e estabilización que se convoquen faranse polo sistema de concurso-oposición a través dos correspondentes procesos selectivos que deberán garantir, en todo caso, a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, así como respectar a libre concorrencia.

Da resolución destes procesos non poderá derivar, en ningún caso, incremento de custo nin de efectivos.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, na oferta de acceso libre resérvase unha porcentaxe do 13,70 % das vacantes que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta.

A reserva do 13,70 % indicado realizarase de xeito que o 4,27 % das prazas ofertadas sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 9,43 % das prazas ofertadas sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, corresponde ao Consello da Xunta a aprobación da oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 12 da Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes, cómpre a aprobación da oferta de emprego público para o ano 2020 relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas da Administración xeral, especial e categorías de persoal laboral, e o establecemento dos criterios en que debe enmarcarse esta oferta, de conformidade co previsto nos parágrafos un, dous, tres e cinco do artigo 12 da Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, así como o artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

Na súa virtude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, logo do informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e tres de decembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobar a oferta de emprego público

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, no artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, así como nos parágrafos un, dous, tres e cinco do artigo 12 da Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e categorías de persoal laboral para o ano 2020, nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público

1. O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2020.

2. No anexo II recóllense as prazas que se ofertan relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal de conformidade co previsto no artigo 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018. Neste anexo inclúese unha taxa adicional para a estabilización do emprego temporal, incorporando prazas que responden a necesidades estruturais, dotadas orzamentariamente e ocupadas de forma temporal e ininterrompida nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017. Tamén se inclúen as prazas que se atopan desempeñadas interinamente con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2005.

3. No anexo III figuran as prazas que se ofertan de persoal laboral indefinido non fixo derivado de sentenzas xudiciais, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, e no artigo 19.un.7 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018.

4. No anexo IV inclúense as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso. Entre elas inclúese un plan de promoción interna para dar cumprimento aos acordos asinados entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais sobre o persoal laboral da Axencia Galega de Infraestruturas e as actuacións que se desenvolverán entre a Administración e as organizacións sindicais relativas ao persoal laboral da gardaría fluvial da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

5. No anexo V inclúense as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que van ser obxecto dun proceso de funcionarización nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Artigo 3. Promoción interna independente

1. Co obxecto de fomentar a promoción interna, convocaranse as prazas que se detallan no anexo IV do presente decreto, para persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición. Estes procesos selectivos de promoción interna levaranse a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso sendo de aplicación para o persoal funcionario o previsto no artigo 80 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. Para os corpos da Administración xeral, realizarase unha promoción interna separada para permitir que o persoal funcionario da Administración xeral, excluídas as escalas, poida promocionar ao grupo inmediato superior sempre e cando posúa a titulación necesaria, teña prestado servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal funcionario no corpo do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo a que pretende acceder, reúna os requisitos exixidos na convocatoria e supere as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

3. Non obstante o anterior, no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo superior da Administración xeral (subgrupo A1), tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral, da escala de inspectores/as de consumo (subgrupo A2) e da escala de inspección turística (subgrupo A2).

4. Ás persoas aspirantes dos corpos da Administración xeral que superen o proceso de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñan desempeñando con carácter definitivo sempre que estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda e figure na relación de postos de traballo aberto á Administración xeral, quedando excluídos, expresamente, os postos que só estean abertos a escalas.

No caso de que o aspirante ocupe un posto con carácter definitivo que non estivese aberto ao corpo do grupo de titulación a que se acceda, ofertarase na elección de destino unha vacante aberta ao grupo de titulación a que accedeu por promoción interna, que poderá ser de nivel superior ao nivel mínimo do grupo, no caso de que non haxa vacantes deste nivel.

5. Así mesmo, inclúese un plan de promoción interna para dar cumprimento aos acordos asinados entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais sobre o persoal laboral da Axencia Galega de Infraestruturas e as actuacións que se van desenvolver entre a Administración e as organizacións sindicais relativas ao persoal laboral da gardaría fluvial da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

En relación co persoal laboral fixo da Axencia Galega de Infraestruturas, poderá participar no proceso de promoción interna separada á escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas (subgrupo C1), o persoal laboral fixo da categoría 31 do grupo IV, legoeiro, do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre e cando posúa a titulación necesaria, teña prestado servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal laboral fixo e reúna os requisitos exixidos na convocatoria. O proceso selectivo será polo sistema de concurso-oposición.

En relación co persoal laboral fixo da gardaría fluvial da entidade pública empresarial Augas de Galicia, poderá participar no proceso de promoción interna separada á escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia do dominio público hidráulico (subgrupo C1), o persoal laboral fixo da categoría 7 do grupo IV do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, segundo se establece no Acordo do 10 de decembro de 2019, Proposta de actuacións que se van desenvolver entre a Administración e as organizacións sindicais relativas ao persoal laboral da gardería fluvial da entidade pública empresarial Augas de Galicia, ou, de ser o caso, a súa modificación, sempre e cando posúa a titulación necesaria, teña prestado servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal laboral fixo e reúna os requisitos exixidos na convocatoria. O proceso selectivo será polo sistema de concurso-oposición.

Estas prazas a que se fai referencia neste punto 5 poderanse convocar en dous momentos diferentes, coa finalidade de que aquel persoal laboral que non estivese en posesión do requisito da titulación na primeira convocatoria teña máis tempo para a súa obtención e poida presentarse a este proceso selectivo nunha segunda convocatoria.

Artigo 4. Promoción interna para o persoal laboral fixo: proceso de funcionarización

O persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa praza vai ser obxecto dun proceso de funcionarización, poderá participar no proceso de promoción interna para as prazas que figuran no anexo V do presente decreto, polo sistema de concurso-oposición, de forma independente dos de libre concorrencia, sempre que, no momento da entrada en vigor da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, estivese a realizar funcións ou desempeñase postos de traballo de persoal funcionario, ou pasase a realizar as devanditas funcións ou a desempeñar os devanditos postos en virtude de probas de selección ou promoción interna, sempre que posúa a titulación necesaria e reúna os restantes requisitos exixidos, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Ao persoal laboral fixo que, a consecuencia deste proceso, adquira a condición de funcionario de carreira adxudicaráselle destino definitivo, de carácter funcionarial, no mesmo posto que viña desempeñando con carácter definitivo, sen que sexa necesario que a adaptación da correspondente RPT, se é o caso, sexa previa ao inicio dos procedementos de funcionarización, de conformidade co Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, pero deberá estar aprobada con anterioridade á toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

Respecto á funcionarización do persoal laboral fixo no grupo B, cómpre ter en conta o establecido na disposición transitoria única do dito Decreto 165/2019.

Artigo 5. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos

1. De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisición da relación de servizo:

A) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de:

– Publicidade das convocatorias e das súas bases.

– Transparencia.

– Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

– Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

– Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se van desenvolver.

– Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.

– A simplificación dos procesos selectivos unificando, cando corresponda, as prazas correspondentes aos anexos I, II e III.

– Valoración ata a puntuación máxima na fase de concurso.

– Adecuación das recomendacións das autoridades sanitarias en períodos de emerxencia sanitaria, para o desenvolvemento dos procesos selectivos.

B) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, e no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto.

C) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso ao emprego público como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 48 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Os órganos de selección aplicarán na súa actuación principios de austeridade e axilidade á hora de ordenar o desenvolvemento dos procesos selectivos, sen prexuízo do cumprimento dos principios de actuación, de conformidade co establecido no Estatuto básico do empregado público.

D) Nas convocatorias dos procesos selectivos en que se estableza a realización de probas con respostas alternativas, faranse públicos os cadros de respostas, na páxina da Xunta de Galicia (www.xunta.es/funcion-publica).

E) O funcionamento e actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas para o efecto polo órgano competente.

2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública galega se verifica a infrarrepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepresentación que exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existiren méritos iguais entre dous ou máis candidatos ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento dos candidatos aprobados, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo se, considerando obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo co artigo 49 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, aprobado polo Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro.

Artigo 6. Persoas con discapacidade

1. O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevén a reserva dunha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no punto 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

2. A reserva do 7 % realizarase de maneira que, polo menos, o 2 % das prazas ofertadas o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o resto das prazas ofertadas o sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

3. Para dar cumprimento ao establecido no punto anterior, nesta oferta para acceso libre resérvase unha porcentaxe do 13,70 % para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade, de xeito que o 4,27 % será para as persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 9,43 % para aquelas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Nos anexos I, II, III e IV do presente decreto figura a reserva de prazas nos corpos, escalas ou categorías en que as actividades ou funcións sexan compatibles, en maior medida, coa posible existencia dunha discapacidade. O número de prazas reservadas quedará recollido nas correspondentes bases das convocatorias.

4. As prazas reservadas para persoas con discapacidade xeral poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes á dos procesos libres garantíndose, en todo caso, o carácter individual dos procesos. As prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual realizaranse en convocatoria independente.

5. Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de acordo co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.

6. Nas probas selectivas, incluíndo os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

7. No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presente pola cota de reserva supere os exercicios e non obteña praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida polos outros aspirantes do sistema de acceso xeral, este será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

8. As prazas reservadas para as persoas con discapacidade xeral que quedasen desertas nos procesos selectivos poderanse acumular á quenda xeral.

Disposición adicional primeira. Acumulación de prazas correspondentes á oferta de emprego público dos anos anteriores

Poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas da Administración xeral e especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e ás categorías de persoal laboral relacionadas nos anexos da presente oferta, xunto coas derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2017, 2018 e 2019 que aínda están pendentes de convocar. No caso de ser acumuladas, aplicarase a normativa correspondente á oferta de 2020.

Todas as prazas publicadas tanto en ofertas anteriores como as relativas a esta oferta, que aínda están sen convocar, de categorías de persoal laboral e que, polo disposto na Lei de emprego público, teñen unha equivalencia nos corpos e escalas de carácter funcionarial, se convocarán nun proceso selectivo único acumuladas á escala que lle corresponda de persoal funcionario.

Disposición adicional segunda. Igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública

As convocatorias adaptaranse ao disposto no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública.

Disposición transitoria primeira. Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

As convocatorias dos procesos selectivos referentes ao corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B) deberán adecuarse ao disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, a incorporación do persoal producirase no subgrupo C1.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e tres de decembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Prazas funcionarios (acceso libre)

Prazas funcionarios

Administración Xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

42

3

45

Escala de letrados (subgrupo A1)

4

4

Corpo de xestión (subgrupo A2)

37

3

40

Escala de inspección turística (subgrupo A2)

6

1

7

Corpo administrativo (subgrupo C1)

57

5

62

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

64

6

70

Escala de persoal de servizos xerais (PSX) (subgrupo C2)

4

4

Agrupación profesional (subgrupo AP)

Escala persoal subalterno

43

3

14

60

Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais (AP)

Especialidade de persoal de limpeza e cociña

47

5

6

58

Especialidade de persoal de recursos naturais e forestais

8

8

Total xeral

308

26

24

358

Administración Especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría agronómica

12

3

15

Especialidade de enxeñaría de montes

10

10

Escala de arquitectos (subgrupo A1)

7

1

8

Escala de arqueólogos (subgrupo A1)

1

1

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A1)

Especialidade bibliotecas

1

1

Especialidade museos

1

1

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

4

1

5

Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

12

3

15

Especialidade de enxeñaría técnica forestal

9

1

10

Escala de arquitectos técnicos (subgrupo A2)

12

3

15

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A2)

Especialidade de bibliotecas

1

1

Especialidade arquivos

1

1

Especialidade museos

2

2

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala técnica de delineantes (grupo B)

8

1

9

Escala axentes técnicos en xestión ambiental (grupo B)

15

3

18

Corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1)

Escala técnica de recursos naturais e forestais (subgrupo C1)

6

1

7

Escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1)

17

17

Escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1)

10

2

12

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala auxiliar de recursos naturais e forestais (subgrupo C2)

15

1

16

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo C2)

13

2

15

Escala auxiliar de coidadores (subgrupo C2)

20

5

25

Total especial

177

27

204

Total prazas (xeral+especial)

485

53

24

562

ANEXO II

Proceso de estabilización prazas funcionarios (acceso libre)

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade

Xeral

Total prazas

Corpo de xestión (subgrupo A2)

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

2

2

Escala de xestión de sistemas de informática (subgrupo A2 )

4

4

Corpo administrativo (subgrupo C1)

Escala técnica auxiliar de informática (subgrupo C1)

3

3

Escala de axentes de inspección (subgrupo C1)

Especialidade de mobilidade

1

1

Especialidade de vixilancia de estradas

11

11

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

1

1

Agrupación profesional (subgrupo AP)

Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais (AP)

Especialidade de persoal de limpeza e cociña

388

30

418

Total xeral

410

30

440

Administración Especial

Quenda xeral

Discapacidade

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría industrial

2

2

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade de enxeñaría técnica industrial

4

4

Escala de subinspección urbanística (subgrupo A2)

1

1

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala técnica de delineantes (grupo B)

4

4

Escala de axentes técnicos en xestión ambiental (grupo B)

16

2

18

Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (grupo B)

Especialidade bombeiro forestal xefe de brigada

10

10

Corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1)

Escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1)

7

1

8

Escala técnica de recursos naturais e forestais (subgrupo C1)

5

5

Escala técnica de cociña (subgrupo C1)

4

1

5

Escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1)

8

1

9

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala auxiliar de condución (subgrupo C2)

7

7

Escala auxiliar de recursos naturais e forestais (subgrupo C2)

8

1

9

Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (subgrupo C2)

Especialidade de bombeiro forestal

85

7

92

Total especial

161

13

174

Total prazas (xeral+ especial)

571

43

614

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Prazas funcionarios

Administración Xeral

Estabilización

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

6

6

Corpo de xestión (subgrupo A2)

3

3

Corpo administrativo (subgrupo C1)

2

2

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

9

2

11

Escala de persoal de servizos xerais (PSX) (subgrupo C2)

106

9

115

Total xeral

126

11

137

Administración especial

Estabilización

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de facultativos (subgrupo A1)

Especialidade de psicoloxía

25

3

28

Especialidade de pedagoxía

3

3

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de técnicos facultativos (subgrupo A2)

Especialidade de enfermaría

4

4

Especialidade de fisioterapia

4

4

Especialidade de traballo social

15

2

17

Especialidade de terapia ocupacional

5

5

Especialidade de educadores

129

12

141

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala de axentes técnicos facultativos (grupo B)

Especialidade de xardín de infancia

379

21

400

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala auxiliar de condución (subgrupo C2)

1

1

Escala de xerocultor (subgrupo C2)

98

11

109

Total especial

663

49

712

Total prazas (xeral+especial)

789

60

849

Prazas persoal laboral

Administración especial

Estabilización

Discapacidade xeral

Total prazas

Grupo II- Categoría 005. Profesor-Mestre

1

1

2

Total laborais

1

1

2

Total prazas consorcio (funcionarios+laborais)

790

61

851

Total anexo estabilización

1.361

104

1.465

ANEXO III

Proceso de consolidación de persoal indefinido non fixo (acceso libre)

Prazas de funcionarios

Administración Xeral

Discapacidade

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

6

6

Corpo de xestión (subgrupo A2)

5

1

6

Corpo administrativo (subgrupo C1)

2

2

Escala de axentes de inspección

Especialidade de vixilancia de estradas

2

2

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

3

3

Total xeral

18

1

19

Administración Especial

Quenda xeral

Discapacidade

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de arquitectos (subgrupo A1)

1

1

Escala de arqueólogos (subgrupo A1)

7

2

9

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade de enxeñaría de telecomunicación

1

1

Escala de veterinarios (subgrupo A1)

1

1

Escala de ciencias (subgrupo A1)

7

2

9

Especialidade de bioloxía

3

3

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

3

3

Especialidade de enxeñaría técnica forestal

3

3

Escala de arquitectos técnicos (subgrupo A2)

1

1

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (grupo B)

Especialidade bombeiro forestal xefe de brigada

10

10

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (subgrupo C2)

Especialidade de bombeiro forestal

44

4

48

Total especial

81

8

89

Total prazas (xeral+ especial)

99

9

108

Prazas de persoal laboral

Administración Especial

Quenda xeral

Discapacidade

Total prazas

Grupo I. Categoría 19-Titulado superior farmacéutico

1

1

Grupo II. Categoría 7-Titulado grao medio

1

1

Grupo III. Categoría 6-Especialista de oficios

1

1

Grupo III. Categoría 4-Gobernante/a servizos domésticos

1

1

Grupo III. Categoría 7-Técnico/a auxiliar de obras

1

1

Grupo III. Categoría 17-Analista de laboratorio

2

2

Grupo III. Categoría 63-Oficial 1ª condutor/a

1

1

Grupo III. Categoría 65-Oficial 1ª cociña

1

1

Grupo III. Categoría 67-Capataz de cuadrilla

1

1

Grupo IV. Categoría 04-Coidador/a auxiliar

1

1

Grupo IV. Categoría 9-Oficial 2ª agrario

2

2

Grupo IV. Categoría 11-Auxiliar de laboratorio

3

3

Grupo IV. Categoría 39-Auxiliar de autopsias

1

1

Grupo IV. Categoría 31-Legoeiro/a

8

8

Total laborais

25

25

Total consolidación

124

9

133

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Prazas funcionarios

Administración xeral

Consolidación

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

14

14

Corpo de xestión (subgrupo A2)

9

9

Corpo administrativo (subgrupo C1)

2

1

3

Escala técnica auxiliar de informática (subgrupo C1)

1

1

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

18

18

Escala de persoal de servizos xerais (PSX) (subgrupo C2)

49

5

54

Total xeral

93

6

99

Administración Especial

Consolidación

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de facultativos (subgrupo A1)

Especialidade de psicoloxía

13

1

14

Especialidade de pedagoxía

6

6

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de técnicos facultativos (subgrupo A2)

Especialidade de enfermaría

5

5

Especialidade de fisioterapia

6

6

Especialidade de traballo social

21

3

24

Especialidade de terapia ocupacional

7

7

Especialidade de educadores

75

8

83

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala de axentes técnicos facultativos (grupo B)

Especialidade de xardín de infancia

127

12

139

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala de xerocultor (subgrupo C2)

39

3

42

Total especial

299

27

326

Total prazas consorcio (xeral+especial)

392

33

425

Total anexo consolidación

516

42

558

ANEXO IV

Promoción interna separada persoal funcionario

Administración Xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

18

2

20

Corpo xestión (subgrupo A2)

93

7

100

Corpo administrativo (subgrupo C1)

140

10

150

Escala de axentes de inspección (subgrupo C1)

Especialidade vixilancia de estradas

53

4

57

Especialidade de dominio público hidráulico

15

1

16

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

46

4

50

Total xeral

365

28

393

Administración Especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A1)

Especialidade bibliotecas

1

1

Especialidade museos

1

1

Total especial

2

2

Total promoción interna (xeral+especial)

367

28

395

ANEXO V

Promoción interna persoal laboral fixo (P. funcionarización)

Administración Xeral

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

77

Escala de protocolo e relacións institucionais (subgrupo A1)

1

Corpo de xestión (subgrupo A2)

39

Escala de xestión de sistemas de informática (subgrupo A2)

46

Corpo administrativo (subgrupo C1)

43

Escala técnica auxiliar de informática (subgrupo C1)

22

Escala de axentes de inspección (subgrupo C1)

67

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

70

Agrupación profesional (subgrupo AP)

Escala de persoal subalterno (subgrupo AP)

136

Escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais (subgrupo AP)

Especialidade de persoal de limpeza e cociña

1137

Especialidade de persoal de recursos naturais e forestais

72

Total xeral

1.710

Administración Especial

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1)

Escala de expertos/as lingüistas (subgrupo A1)

5

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A1)

Especialidade de bibliotecas

2

Escala de enxeñeiros (subgrupo A1)

Especialidade enxeñaría de camiños, canles e portos

12

Especialidade enxeñaría industrial

1

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2)

Escala de técnicos facultativos (subgrupo A2)

Especialidade de educadores

12

Escala técnica de restauración (subgrupo A2)

6

Escala de enxeñeiros técnicos (subgrupo A2)

Especialidade enxeñaría técnica agrícola

1

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

Escala técnica de delineantes (grupo B)

2

Escala de axentes técnicos facultativos (grupo B)

Especialidade de animación sociocultural

8

Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (grupo B)

Especialidade bombeiro forestal xefe de brigada

108

Corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1)

Escala técnica de mantemento de servizos (subgrupo C1)

47

Escala técnica de recursos naturais e forestais (subgrupo C1)

41

Escala técnica de cociña (subgrupo C1)

74

Escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1)

37

Escala técnica de condución (subgrupo C1)

132

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2)

Escala auxiliar de mantemento (subgrupo C2)

21

Escala auxiliar de recursos naturais e forestais (subgrupo C2)

35

Escala auxiliar de laboratorio (subgrupo C2)

39

Escala auxiliar de condución (subgrupo C2)

63

Escala auxiliar de cociña (subgrupo C2)

162

Escala gardas de recursos naturais (subgrupo C2)

85

Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (subgrupo C2)

Especialidade bombeiro forestal-condutor de motobomba

106

Especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a

160

Especialidade bombeiro forestal

492

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

58

Total especial

1.709

Total prazas (xeral+especial)

3.419

Total prazas anexos I, II e III

2.585

Total prazas anexo IV

395

Total prazas anexo V

3.419

Total prazas OEP 2020

6.399