Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 142

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2020 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos reguladas na Orde do 6 de agosto de 2020.

A Orde do 6 de agosto de 2020 pola que se regula a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas (DOG núm. 165, do 17 de agosto) prevé no seu artigo 5.5 que a notificación das resolucións poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha ligazón á páxina web do Fogga.

De acordo co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes das resolucións das solicitudes de axudas reguladas na Orde do 6 de agosto de 2020 pola que se regula a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas.

Na web publicaranse as listaxes de concesión e de denegación das axudas, con indicación da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade, de ser o caso, concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación.

As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón para cada campaña:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac

Estas axudas, suxeitas ao réxime de minimis, regulado polo Regulamento (UE) 1408/2013 da Comisión Europea, do 18 de decembro, son financiadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade no artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria