Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2021 Páx. 601

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorgan destinos aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, no ámbito de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, esta Dirección Xeral de Xustiza, por medio da presente Resolución do 22 de decembro de 2020, resolveu adxudicar destino nos órganos xudiciais que se indican no anexo I aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa (quenda de promoción interna) nomeados funcionarios de carreira do dito corpo, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa aos cales se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo ante o departamento territorial respectivo da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo nos seguintes enderezos, segundo a provincia onde estea radicado o órgano xudicial en que obtivesen destino, dentro do prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do devandito real decreto e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

• Xefatura Territorial da Coruña.

Servizo de Xustiza.

Praza de Luís Seoane, s/n.

Edificio Administrativo Monelos.

15008 A Coruña.

• Delegación Territorial de Vigo.

Servizo de Xustiza.

Rúa Concepción Arenal, núm. 8, 4º andar.

36201 Vigo (Pontevedra).

• Xefatura Territorial de Lugo.

Servizo de Xustiza.

Rolda da Muralla, núm. 70.

27071 Lugo.

• Xefatura Territorial de Ourense.

Servizo de Xustiza.

Paseo de La Habana, nº 79.

32004 Ourense.

Segundo. Os funcionarios destinados en virtude desta resolución que opten por continuar en activo no corpo de tramitación procesual e administrativa non será necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado e abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro comuniquen, mediante o formulario que se publica na presente resolución como anexo II, a súa intención de se acoller á dita opción, a través do correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, para os efectos de declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. A copia da resolución pola que se declaran en situación de excedencia voluntaria seralle remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais da Administración de Xustiza.

Co fin de planificar a oferta de prazas dos aspirantes aprobados pola quenda libre, aqueles aspirantes da quenda de promoción interna que opten por continuar en activo no corpo de procedencia tamén deberán comunicar, mediante o formulario que se publica na presente resolución como anexo II, a súa intención de se acoller á dita opción, a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do seu nomeamento e adxudicación de destino no Boletín Oficial del Estado.

Terceiro. No caso de que os funcionarios opten por ingresar no corpo de xestión procesual e administrativa e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar no servizo de Xustiza da xefatura territorial correspondente ao seu destino como funcionarios do corpo de tramitación procesual e administrativa un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous no caso contrario, agás aqueles que teñan que se desprazar desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, caso en que o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo. Estes días considéranse hábiles, e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados.

Para o caso de que o funcionario proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibisen o traspaso de medios persoais, deberase remitir a dita documentación a estes órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de tramitación procesual e administrativa e o cesamento automático coa mesma data en que se produza a toma de posesión no corpo de xestión procesual e administrativa, co fin de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes.

Cuarto. Os funcionarios que opten por permanecer no novo posto do corpo de xestión procesual e administrativa terán dereito, a partir da toma de posesión, ao permiso retribuído que establece a disposición adicional quinta do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, permiso do cal se deducirán os días referidos no punto terceiro desta resolución.

Quinto. Os funcionarios interinos que actualmente ocupen prazas que foron adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán no mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Sexto. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa aos cales se lles outorga destino en virtude desta resolución, aínda que sexan destinados con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Sétimo. As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a Resolución do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza (DOG núm. 240, do 2 de novembro), non adxudicadas aos aspirantes de novo ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa, quenda de promoción interna, manteñen a súa condición de desertas e reservadas para os aspirantes a ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da quenda libre.

Así mesmo, aquelas prazas non ocupadas polos aspirantes da quenda de promoción interna, ao optar por quedar no corpo de procedencia, acumularanse ás prazas indicadas no parágrafo anterior.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición competente, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado. Isto sen prexuízo da interposición do recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

anexo I

Corpo: xestión procesual e administrativa, quenda de promoción interna

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

Destino adxudicado

Localidade

Provincia

Función

1

****061**

Saavedra Ventureira, Ana

Decanato. Serv. Común de Apoio-Lugo

Lugo

Lugo

Xestión P. A.

2

****969**

Bujan Mosteiro, José Luis

Decanato. Serv. Común de Apoio-Lugo

Lugo

Lugo

Xestión P. A.

3

****269**

Gende Rama, Raúl

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución

número 1 de Corcubión

Corcubión

Coruña, A

Xestión P. A.

4

****899**

Carballas Guisande, Alba

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución

número 1 de Cangas

Cangas

Pontevedra

Xestión P. A.

5

****827**

Barazal Salgado, Carmen María

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución

número 1 de Sarria

Sarria

Lugo

Xestión P. A.

6

****212**

Filgueiras Jaspe, Francisco Javier

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución

número 2 do Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras

Ourense

Xestión P. A.

7

****665**

Fernández Vázquez, Elier

Xulgado de Paz de Viana do Bolo

Viana do Bolo

Ourense

Xestión P. A. Secretaría

8

****443**

González Fernández, Raquel

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución

número 1 da Pobra de Trives

A Pobra de Trives

Ourense

Xestión P. A.

anexo II

D./Dna.

NIF:

Funcionario/a do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza.

DECLARO:

Que, segundo o indicado no punto segundo da Orde do 22.12.2020, pola que se adxudica destino aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda de promoción interna, convocadas pola Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, teño intención de optar por permanecer no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.

…………………………………………, ………. de ………………………..de 2021

Sinatura,

Forma de envío: cubrir, asinar e escanear este anexo II e envialo ao correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, indicando no asunto: apelido1, apelido 2, nome, Anexo II (os aprobados en Galicia deberán envialo tamén ao correo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal).