Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1297

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).

BDNS (Identif.): 543568.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2020/21, nas universidades del Sistema universitario de Galicia.

Segundo. Obxecto

Convocar en réxime de concorrencia non competitiva axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico ou por unha situación derivada da COVID-19 que lle impida ou dificulte a continuidade dos seus estudos.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 500.000 euros.

Para determinar a contía da axuda que se lle concederá a cada solicitante teranse en conta como criterios de distribución os seguintes limiares de renda per cápita:

Limiares de renda

Contía da axuda

Ata 5.000 €

2.750 euros

De 5.001 € a 5.700 €

2.250 euros

De 5.701 € a 6400 €

1.750 euros

De 6.401 € ao importe da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do estado para o ano 2021 multiplicada por 1,5

1.500 euros

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

– Se a causa xorde como consecuencia da COVID-19 e é anterior á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2021, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).

– Se a causa xorde como consecuencia da COVID-19 con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2021, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade