Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2222

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de notificación colectiva de incoación de expediente de orde de execución subsidiaria para xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas a titulares aos cales non foi posible practicar a comunicación.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, intentada a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a continuación e dado que son descoñecidos e resulta imposible a súa práctica, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se sinalan, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007 e pola Ordenanza municipal non fiscal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do concello de Ponteceso (BOP núm. 149, do 7.8.2018):

Referencia catastral

Identificación da persoa responsable

Provincia/Concello/Parroquia

Nº de expediente

15069A099008160000PP

Maxima Gagino

A Coruña/Ponteceso/Corme

2019/X999/000046

15069A099008150000PQ

Magdalena Gagino Cousillas

A Coruña/Ponteceso/Corme

2019/X999/000046

15069A099008190000PF

Félix Centeno Gagino

A Coruña/Ponteceso/Corme

2019/X999/000046

15069A099008240000PO

Josefa Ouréns Torrado

A Coruña/Ponteceso/Corme

2019/X999/000046

15069A099008120000PB

Mª Jesús Lema Rodríguez

A Coruña/Ponteceso/Corme

2019/X999/000046

15069A022000900000PW

Severino Mira Couto

A Coruña/Ponteceso/Pazos

2019/X999/000243

15069A174012790000LL

Celso García Fondo

A Coruña/Ponteceso/Tella

2019/X999/000354

Segundo dispón o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa práctica mediante a inserción do anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que se fai público para coñecemento dos interesados, a quen debe servir de notificación, informándoos de que, segundo o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, o presente anuncio deberá publicarse no DOG e no BOE, e o prazo de quince (15) días para o cumprimento da obrigación sinalada computarase desde a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Logo de seren inspeccionadas as anteriores parcelas pola Policía Local emítese informe onde se constata que non se xestionou a biomasa polos seus titulares, incumpríndose así o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, a resultas do cal esta Alcaldía resolve o seguinte:

1º. Incoar expediente de orde de execución aos titulares das parcelas cuxas referencias catastrais se indican no cadro anterior polo que, como responsables da xestión, deben proceder, en consecuencia, a executar os traballos de xestión da biomasa vexetal, eliminando a vexetación herbácea, arbustiva e subarbustiva por medio da súa roza, procedendo a triturar o material resultante ata que poida ser incorporado ao substrato ou retirando os restos vexetais. O prazo para executar os traballos descritos será de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

2º. Advertir aos interesados que, transcorrido o prazo outorgado, se se constata a persistencia no incumprimento do deber da xestión da biomasa, procederase conforme establece o punto décimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, da Consellería do Medio Rural, relativas ás actuacións administrativas en materia de cumprimento dos deberes de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas:

a) Iniciaranse as actuacións para a cobranza da cantidade liquidada provisionalmente.

b) Ordenarase a execución subsidiaria, contra a cal non se admitirán recursos en vía administrativa.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá o deber legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, excepto nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio, para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

c) Pedirase simultaneamente ao órgano competente, de ser outro da mesma ou distinta Administración, que inicie o correspondente procedemento sancionador. A petición incluirá expresamente a solicitude de que se adopte como medida cautelar o comiso da madeira procedente da corta de especies arbóreas que deban ser retiradas, de ser o caso.

3º. Aprobar a liquidación provisional dos custos estimados dos traballos de limpeza derivados da execución subsidiaria nas parcelas sinaladas:

Referencia catastral

Identificación da persoa responsable

Nº de expediente

Liquidación provisional (€)

Execución subsidiaria

15069A099008160000PP

Maxima Gagino

2019/X999/000046

1.380,37 €

15069A099008150000PQ

Magdalena Gagino Cousillas

2019/X999/000046

1.248,72 €

15069A099008190000PF

Félix Centeno Gagino

2019/X999/000046

1.260,82 €

15069A099008240000PO

Josefa Ouréns Torrado

2019/X999/000046

838,29 €

15069A099008120000PB

Mª Jesús Lema Rodríguez

2019/X999/000046

987,36 €

15069A022000900000PW

Severino Mira Couto

2019/X999/000243

4.795,59 €

15069A174012790000LL

Celso García Fondo

2019/X999/000354

3.101,47 €

A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa, calculada polos servizos técnicos municipais.

4º. Advertir aos interesados que o incumprimento desta orde de execución subsidiaria levará consigo, unha vez finalizados os traballos, á liquidación definitiva dos gastos ocasionados ao interesado, que serán única e exclusivamente ao seu cargo e, ao mesmo tempo, á imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución dos traballos ordenados, sen prexuízo de que o devandito incumprimento poida dar lugar á petición ao órgano competente de que inicie o correspondente procedemento sancionador, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais respecto diso, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao pleno do concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter.2 desta lei.

a) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

b) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 euros, artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 euros (artigo 74.b).

c) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º Outorgar aos titulares afectados un prazo de audiencia de 10 días hábiles, para que aleguen e presenten os documentos e xustificacións que consideren pertinentes ao seu dereito. Para tales efectos, poderán consultar o expediente administrativo instruído e obter as copias que consideren oportunas a efectos dunha maior defensa dos seus intereses, de conformidade co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Indícase que o texto íntegro do mencionado acto, así como o expediente no seu conxunto, atópase ao dispor dos interesados nas oficinas xerais do Concello de Ponteceso, sitas na rúa Concello, nº 18, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ponteceso, 18 de decembro de 2020

Xosé Lois García Carballido
Alcalde