Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 250, do 14 de decembro, é necesario facer as seguintes correccións:
No anexo I, provincia da Coruña, na páxina 48833, onde di: «77. Santa Comba: 29 de xuño, San Pedro, 30 de xullo, San Antonio», debe dicir: «77. Santa Comba: 29 de xuño, San Pedro, 30 de xuño, San Antonio».
No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 48846, onde di: «59. Vila de Cruces: 9 de agosto, festividade da Nosa Señora da Piedade, 10 de agosto, festividade da Nosa Señora da Piedade», debe dicir «59. Vila de Cruces: 9 de agosto, festividade da Nosa Señora da Piedade, 16 de febreiro, Martes de Entroido».