Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3256

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2021 pola que se dá publicidade da resolución de concesión dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0.

Mediante a Resolución do 23 de xuño de 2020 (DOG núm. 134, do 7 de xullo) publicáronse as bases reguladoras dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2020 e realizouse a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen, no seu artigo 14.5, que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución definitiva do 23 de decembro de 2020 de concesión dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de dez días naturais para que os interesados accedan á Oficina virtual do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas), utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o dito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso de dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpor un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso de dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica