Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4376

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 15 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

O Decreto 164/2019, do 12 decembro, aprobou a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia, cuantificándose no corpo de profesores técnicos de formación profesional en 363 prazas.

En execución do citado decreto ditouse a Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Mediante o Decreto 4/2021, do 14 de xaneiro, apróbase a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario docente do corpo de profesores técnicos de formación profesional, que establece o seguinte:

– Que as prazas correspondentes a esta oferta de emprego se acumularán coas correspondentes á oferta de emprego aprobada polo Decreto 164/2019, do 12 de decembro, e convocadas pola Orde do 24 de febreiro de 2020.

– Que ás prazas correspondentes a esta oferta de emprego lles resultarán de aplicacións as bases que procedan dos procedementos selectivos convocados pola mencionada Orde do 24 de febreiro de 2020.

– Que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade procederá a abrir un novo prazo de solicitude no corpo de profesores técnicos de formación profesional, unicamente naquelas especialidades en que, en virtude da acumulación, se incremente o número de prazas.

En virtude do exposto, esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLVE:

Primeiro. Modificación do número de prazas ofertadas do corpo de profesores técnicos de formación profesional

A base primeira 1.1 da Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), no relativo ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, queda redactada como segue:

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

Código/especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

201

Cociña e Pastelaría

2

24

26

202

Equipos Electrónicos

3

39

42

203

Estética

2

22

24

204

Fabricación e Instalación de Carpintaría e Moble

2

23

25

205

Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e Fluídos

1

15

16

206

Instalacións Electrotécnicas

2

22

24

208

Laboratorio

1

11

12

209

Mantemento de Vehículos

4

46

50

210

Máquinas, Servizos e Produción

--

5

5

211

Mecanizado e Mantemento de Máquinas

1

17

18

214

Operacións e Equipamentos de Elaboracións de Produtos Alimentarios

1

19

20

216

Operacións de Produción Agraria

1

15

16

217

Patronaxe e Confección

1

17

18

218

Peiteado

2

21

23

219

Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

1

15

16

220

Procedementos Sanitarios e Asistenciais

2

30

32

221

Procesos Comerciais

2

22

24

222

Procesos de Xestión Administrativa

3

45

48

223

Produción de Artes Gráficas

1

15

16

225

Servizos á Comunidade

2

31

33

226

Servizos de Restauración

1

16

17

227

Sistemas e Aplicacións Informáticas

4

51

55

228

Soldadura

1

19

20

229

Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son

2

21

23

Total

42

561

603

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

De conformidade co establecido no artigo 3.3 do Decreto 4/2021, do 14 de xaneiro, unicamente para o corpo de profesores técnicos de formación profesional, nas especialidades relacionadas no punto primeiro desta orde, ábrese un prazo de presentación de solicitudes de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes e o pagamento dos dereitos réxense polo establecido na base terceira da Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo).

Terceiro. Requisitos que debe reunir o persoal aspirante

3.1. De conformidade co establecido no artigo 3.2 do Decreto 4/2021, do 14 de xaneiro, a esta orde resultaranlle de aplicación as bases que procedan dos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 e, en particular, os requisitos establecidos na súa base segunda, subepígrafe 2.3.3.

3.2. Todas as condicións e requisitos establecidos na base segunda da Orde do 24 de febreiro de 2020 deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes establecido no punto segundo da presente orde e manterse ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Non obrigatoriedade de realizar unha nova solicitude

4.1. Non terán que realizar unha nova solicitude aquelas persoas que a fixeron no prazo do 1 de xuño ao 19 de xuño de 2020.

4.2. Aquelas persoas que presentasen a solicitude de participación neste proceso no prazo de inscrición comprendido entre o 1 de xuño e o 19 de xuño de 2020 e desexen modificar a quenda de ingreso, a exención da proba de coñecementos da lingua galega ou outra circunstancia, poderán efectualo mediante a formalización dunha nova solicitude que anulará a anterior, sen necesidade de que efectúen un novo pagamento das taxas.

Quinto. Fase de concurso

Exclusivamente para todos os participantes no procedemento selectivo do corpo de profesores técnicos de formación profesional, nesta fase de concurso, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran no persoal aspirante ata finalizar o prazo de presentación de solicitudes sinalado no punto segundo da presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade