Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4620

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 703/2018).

Eu, Gema Antolín Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, mediante o presente edicto, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Rosa María Prado Gómez fronte a Paulo Montero Gondariz ditouse a Sentenza nº 390/2019, do 5 de decembro, cuxo encabezamento e parte dispositiva a seguir se insire:

«Sentenza:

Pontevedra, cinco de decembro dous mil dezanove.

Vistos por min, Mª del Mar Felices Esteban, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de divorcio, seguidos ante este xulgado co nº 703/2018, no cal é parte demandante Rosa María Prado Gómez, representada polo procurador Jorge Ignacio Freire Rodríguez e asistida do letrado Adrián Esperón Pequeño, e como parte demandada Paulo Montero Gondariz, declarado en rebeldía procesual.

Resolvo:

Admito parcialmente a demanda presentada polo procurador Jorge Ignacio Freire Rodríguez, en nome e representación de Rosa María Prado Gómez contra Paulo Montero Gondariz, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o 19 de xaneiro de 2018, inscrito no tomo 131, páxina 195 da Sección 2ª do Rexistro Civil de Pontevedra, con todos os efectos legais que a devandita declaración comporta. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tivesen outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

1. As menores Naira e Noa continuarán baixo a garda e custodia da nai, Rosa María Prado Gómez, á cal se lle atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade. Manterán a titularidade conxunta ambos os dous proxenitores.

Esta medida terá unha duración de dous anos, prorrogables de forma automática por dous anos mentres o demandado, Paulo Montero Gondariz, non reclame o contrario.

2. Non procede fixar visitas a favor do pai sen prexuízo do seu dereito a reclamalas tan axiña como poida cumprilas e sempre que se acredite que son en interese das menores.

3. Pensión de alimentos. Paulo Montero Gondariz aboará en concepto de pensión de alimentos a cantidade de 350 € mensuais (175 por cada menor). A devandita cantidade incrementarase co IPC anual e ingresarase na conta que designe a nai dentro dos cinco primeiros días de cada mes.

Os gastos extraordinarios serán satisfeitos por metades, dentro dos cales se inclúen en todo caso gastos médicos e farmacéuticos non cubertos polo sistema público. En relación cos gastos extraordinarios, exixirá que medie logo de consulta do proxenitor custodio ao non custodio sobre conveniencia e/ou necesidade do gasto (salvo supostos excepcionais e urxentes en que iso non sexa posible) e acordo de ambos os dous –de forma expresa antes de facerse o desembolso– ou, na súa falta, autorización xudicial.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil de Pontevedra.

Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes, ás cales se advirte de que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Paulo Montero Gondariz, expido o presente edicto para que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 30 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza