Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2021 pola que se emprazan os interesados no procedemento abreviado 342/2020 no expediente de reposición da legalidade POL/148/2014.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en relación co procedemento abreviado número 342/2020, interposto por Lucía Fernández García, contra a desestimación por silencio administrativo do recurso extraordinario de revisión, interposto contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 6.11.2015, en que se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior da comisión da infracción, procedendo a demolición das obras de construción dunha edificación e grella no lugar de Area Brava, concello de Cangas, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, expediente POL/148/2014, nun prazo de tres meses, así como do resto das resolución derivadas da dita resolución, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas –LPACAP–, notifícase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Lino José Muíños Vázquez para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística