Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5056

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4169/2020).

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia interpúxose recurso contencioso-administrativo, que se tramita pola Sección Segunda como procedemento ordinario nº 4169/2020, por J.V.L., fronte á Xunta de Galicia, sobre inadmisión e desestimación de recurso de alzada contra o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Grixalba, no municipio de Sobrado (A Coruña), aprobado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, da Consellería do Medio Rural, con data do 23 de xullo de 2018.

Polo que en cubro da dilixencia de ordenación de data e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a personación de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición impugnada.

A Coruña, 28 de decembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza