Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6451

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade á proposta de resolución definitiva de concesión das persoas beneficiarias das bolsas DigiTalent e das solicitudes denegadas.

Antecedentes:

Primeiro. O 5.3.2020 publicouse no DOG a Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent (código de procedemento PR607A).

Segundo. As persoas interesadas tiñan de prazo ata o 6.4.2020 para presentaren as súas candidaturas na sede electrónica da Xunta de Galicia e rexistrarse tamén no portal das bolsas da Feuga. Por mor da COVID-19 o Goberno decreta o estado de alarma, que provoca a suspensión dos prazos administrativos ata o 1.6.2020, data en que se produce o levantamento da suspensión segundo o Real decreto 537/2020 (BOE núm. 145, do 23.5.2020). As persoas interesadas teñen un novo prazo para presentaren as súas solicitudes ata o 23.6.2020.

Terceiro. Unha vez finalizado o prazo, consta a recepción de 50 solicitudes. O órgano instrutor revisounas e identificou 12 solicitudes que cumprían os requisitos, 9 solicitudes que non cumprían os requisitos e 29 solicitudes que precisaban requirimento de emenda da documentación. Conforme o artigo 9, número 1 da Resolución, o 17.8.2020 notificáronse os 29 requirimentos de emenda e outorgouse un prazo de dez días hábiles para atendelos.

Cuarto. Despois de rematado o prazo para atender o requirimento de emenda, consta a recepción de 10 respostas e unha mellora na solicitude. Das 10 respostas, 2 non presentaron correctamente o que se lles requiría. Non atenderon o requirimento 19 das persoas interesadas. Por tanto, restan 20 solicitudes para seren avaliadas pola comisión.

Quinto. Conforme o artigo 7 da Resolución, o 28.9.2020 celébrase mediante videoconferencia a segunda Comisión de Seguimento do Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga) para a posta en marcha do programa de bolsas DigiTalent. Esta comisión exerce de Comisión Avaliadora das solicitudes que cumpren os requisitos, puntuando o expediente académico e valorando varios aspectos da memoria presentada. Durante a celebración detéctase que unha das persoas solicitantes non cumpre o criterio de ter máis do 75 % dos créditos aprobados e é excluída e restan, por tanto, 19 solicitudes para valorar.

Sexto. Segundo o artigo 9, número 4 da Resolución, o 10.11.2020 publícase a resolución provisional das persoas beneficiarias das bolsas DigiTalent e das solicitudes denegadas nas páxinas web de DigiTalent (https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/bolsas-digitalent) e da Feuga (https://www.becasfeuga.es/) e outórganse 10 días hábiles para que as persoas interesadas poidan formular alegacións ás puntuacións obtidas. Recibíronse un total de 5 alegacións nas cales se manifesta:

1. A persoa solicitante con número de expediente PR607A-2020-30 alega: «... no ano académico 2019/20 cursei os meus estudos oficiais na Universidade da Coruña».

2. A persoa solicitante con número de expediente PR607A-2020-27 alega: «... teño o 75 % dos créditos superados (180 créditos)».

3. A persoa solicitante con número de expediente PR607A-2020-35 alega: «... ofrecíanme realizar unhas prácticas ... en Pontevedra. Ao non poderme desprazar ata alí, informei de que renunciaba ás ditas prácticas».

4. A persoa interesada do expediente PR607A-2020-20 alega que foi presentada a emenda ao requirimento polo portal da Feuga.

5. A persoa solicitante do expediente PR607A-2020-24 alega: «Esta causa no é xustificada porque si contestei ao que me solicitaban...».

Sétimo. O 15.11.2020 recibiuse a renuncia por parte do solicitante do expediente PR607A-2020-11 e o 16.11.2020 recibiuse a renuncia do solicitante do expediente PR607A-2020-45.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. O órgano instrutor ten en conta a seguinte normativa legal:

• Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent (código de procedemento PR607A) (DOG núm. 44, do 5.3.2020).

• Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25.6.2007), e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento (DOG núm. 20, do 29.1.2009); en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas e subvencións.

• Disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, do 18.11.2003).

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

• Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15.2.2016), nos seus artigos 4 e 17.

• Así mesmo, atendida a natureza das prácticas formativas, están suxeitas ao disposto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social (BOE núm. 259, do 27.10.2011).

Segundo. Unha vez analizadas as alegacións recibidas, fanse as seguintes consideracións a cada unha delas:

1. A persoa solicitante que sinala: «... no ano académico 2019/20 cursei os meus estudos oficiais na Universidade da Coruña». A persoa solicitante está a cursar un máster na Universidade da Coruña. Na Resolución do 24 de febreiro de 2020, no artigo 3 dise que: «Estar matriculado no curso 2019/20 nunha das tres universidades públicas da nosa comunidade autónoma, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.» e tamén exixe como requisito: «ter aprobados, na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes, máis do 75 % e menos do 100 % dos créditos dalgunha titulación universitaria de grao nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)». Por unha banda non cumpre coa titulación exixida e, pola outra, non cumpre o requisito de ter menos do 100 % dos créditos aprobados. Polo que corresponde proceder á inadmisión por ter rematada a carreira.

2. En relación coa alegación en que se indica: «... teño o 75 % dos créditos superados (180 créditos)» cómpre sinalar que ten exactamente o 75 % dos créditos aprobados e na dita Resolución do 24 de febreiro de 2020, no seu artigo 3, como un dos requisitos cítase que: «ter aprobados, na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes, máis do 75 % e menos do 100 % dos créditos dalgunha titulación universitaria de grao nalgunha das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)». Por tanto, non ten os créditos suficientes para cumprir cos requisitos fixados.

3. En consideración á alegación en que se facía a seguinte declaración: «... ofrecíanme realizar unhas prácticas ... en Pontevedra. Ao non poderme desprazar ata alí, informei de que renunciaba ás ditas prácticas.» é preciso sinalar que as prazas en que tiña interese a persoa do expediente PR607A-2020-35 xa están seleccionadas por outros participantes, polo que se lle ofreceron outras prazas do programa de bolsas DigiTalent ás cales renuncia por mor da súa localización.

4. No referente á alegación cuarta, que fai referencia a que foi presentada a emenda o requirimento polo portal da Feuga, cómpre indicar que se requiriu á persoa solicitante que realizase a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia usando o formulario normalizado do procedemento como se indica no número 1 do artigo 4 da Resolución do 24 de febreiro de 2020: «As persoas interesadas presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos ... a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia» ademais doutros defectos detectados. O requirimento de emenda foi notificado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia o día 17.8.2020. A persoa solicitante non atendeu o requirimento dentro dos 10 días hábiles desde a recepción da notificación, ocorrida o 20.8.2020, polo que se entende que desiste, segundo o artigo 4, número 3 da citada resolución, na cal se sinala que: «De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o/a interesado/a para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido/a da súa petición, logo da correspondente resolución».

5. No relativo á alegación en que se indica que: «Esta causa no é xustificada porque si contestei ao que me solicitaban...» presentada polo interesado do expediente PR607A-2020-24, cómpre sinalar que o día 17.8.2020 remitiuse a notificación do requirimento de emenda en que se lle requiriu o envío do expediente académico en que constase a nota media segundo o Real decreto 1125/2003. O mesmo día 17.8.2020 contestou ao requirimento pero non presentou o que se lle indicaba, xa que só enviou o resumo dos créditos e a nota media non acorde co Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Terceiro. Tendo en conta a proposta de resolución definitiva realizada polo órgano instrutor, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia é competente para ditar a resolución de concesión, segundo o número 1 do artigo 10 da Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do Sistema universitario de Galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent (código de procedemento PR607A) que indica que: «Á vista da proposta realizada polo órgano instrutor, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica ditará resolución de concesión».

De acordo co anterior,

PROPOÑO:

Primeiro. Publicar a listaxe das persoas beneficiarias das bolsas, ordenadas de maior a menor puntuación que figuran na seguinte táboa:

Núm.

Expediente

Nome e apelidos

NIF

Puntuación

Empresa asignada

1

PR607A-2020-21

Nildes Abella Mantiñán

***5008**

9,9803

Cinfo Contenidos Informativos

Personalizados, S.L.

2

PR607A-2020-44

Javier Rodríguez Martín

***2466**

9,494233333

Teimas Desenvolvemento, S.L.

3

PR607A-2020-33

Sara Vispalia Moreno

***7401**

9,472466667

Altia Consultores, S.A.

4

PR607A-2020-47

Christian Villaverde da Cruz

***0846**

8,7658

Cinfo Contenidos Informativos

Personalizados, S.L.

5

PR607A-2020-48

Carla Rodríguez Vicente

***9039**

8,2526

Everis Spain, S.L.U.

6

PR607A-2020-1

Adrián Ordóñez García

***0724**

8,2113

DXC Technology Servicios

España, S.L.U.

7

PR607A-2020-46

Alicia Amadora Zas Vázquez

***0408**

7,590366667

R Cable y Telecomunicaciones, S.A.U.

8

PR607A-2020-43

Jairo Valea López

***8060**

7,5748

Proyestegal, S.L.

9

PR607A-2020-40

Issiris Katherine Ramírez Medina

***7205**

7,507533333

Mestrelab Research, S.L.

10

PR607A-2020-6

Andrés Felipe Arias Cárdenas

***2724**

7,5029

Optare Solutions, S.L.

11

PR607A-2020-42

Francisco San Miguel Castro

***0252**

7,471866667

Altia Consultores, S.A.

12

PR607A-2020-10

David Rubén Álvarez Varela

***3990**

7,4064

Everis Spain, S.L.U.

13

PR607A-2020-4

Alicia López Viqueira

***1669**

7,3966

Mestrelab Research, S.L.

Segundo. Publicar a contía de cada unha das bolsas do programa DigiTalent que queda reflectida na seguinte táboa:

Concepto

Contías por bolseiro/a mensuais

Importe bolsa 1/2 xornada

455,00 €

Seguridade Social e póliza

51,41 €

Asesoría e xestión Feuga

90,00 €

Núm. de bolseiros/as

Núm. de meses

Total

Subtotal

596,41 €

13

3

23.259,99 €

Terceiro. Declarar que non existe listaxe de persoas suplentes ao non cubrirse as 32 prazas ofertadas polas empresas.

Cuarto. Publicar a listaxe das solicitudes inadmitidas por non reuniren algún ou algúns dos requisitos exixidos nesta convocatoria ou por desistencia ao non contestar ao requirimento en tempo e forma.

Núm.

Expediente

Nome e apelidos

NIF

Tipo de causa

1

PR607A-2020-30

Alexandra Pomarev Jigalina

***0275**

D

2

PR607A-2020-31

Antía Tejeda Chas

***7646**

D

3

PR607A-2020-14

Juan Cadabón Gutiérrez

***7367**

A

4

PR607A-2020-26

Paula Suárez Mosquera

***5461**

A

5

PR607A-2020-15

Luis Carlos Carré Otero

***1100**

A

6

PR607A-2020-24

Paula Mariña Pérez García

***0821**

A

7

PR607A-2020-32

Marina Vega Neira

***2113**

C

8

PR607A-2020-36

Alba Bueses Suárez

***9317**

D

9

PR607A-2020-29

Uxía Fontela Rodríguez

***4387**

A

10

PR607A-2020-37

Jacobo Castro Taibo

***0099**

E

11

PR607A-2020-2

Alba Gómez Rodríguez

***4591**

A

12

PR607A-2020-7

Aroa Castro Laplaña

***3708**

A

13

PR607A-2020-25

Paula Monelos Gómez

***5762**

A

14

PR607A-2020-3

Alejandro Iglesias Ferreira

***1752**

A

15

PR607A-2020-12

Diego Suárez Espasandín

***4577**

A

16

PR607A-2020-28

Sofía Pérez-Ardá Rodríguez

***8443**

A

17

PR607A-2020-41

Enrique Pérez-Ardá Rodríguez

***8443**

D

18

PR607A-2020-5

Álvaro Boquete Someso

***5401**

A

19

PR607A-2020-8

Carla Álvarez Blanco

***3289**

A

20

PR607A-2020-13

Génesis Cristina Marte Navarro

***7075**

A

21

PR607A-2020-16

María Pose Regos

***1208**

A

22

PR607A-2020-17

María Vanesa Bellagona Vázquez

***0209**

A

23

PR607A-2020-18

Martín Dios Lema

***6044**

B

24

PR607A-2020-19

Nerea López Álvarez

***8292**

A

25

PR607A-2020-20

Nicolás Álvarez Pino

***6003**

A

26

PR607A-2020-22

Pablo López Pereiro

***5713**

A

27

PR607A-2020-23

Paula Fernández Fontao

***6132**

A

28

PR607A-2020-27

Sara Cotelo Amado

***1218**

C

29

PR607A-2020-38

Néstor Iglesias Freire

***1596**

E

30

PR607A-2020-49

Xosé Xoel Álvarez Abelleira

***1463**

C

31

PR607A-2020-50

Roque Valledor Mera

***1036**

C

32

PR607A-2020-34

José Javier Caloca Martínez

***0144**

F

33

PR607A-2020-39

Alba Rodríguez Rodríguez

***3134**

F

34

PR607A-2020-9

Daniel Moreno Requejo

***3600**

F

35

PR607A-2020-35

Jennifer Sánchez Canzobre

***3137**

F

36

PR607A-2020-11

Diego Neira Villares

***7918**

F

37

PR607A-2020-45

Pablo Bouzas Suárez

***5965**

F

Lenda do tipo de causa:

A

Desistencia por non contestar ao requirimento

B

Inadmisión por non presentar a vida laboral no requirimento

C

Inadmisión por non ter o 75 % dos créditos

D

Inadmisión por ter rematada a carreira

E

Inadmisión por tratarse dunha universidade non galega

F

Renuncia

Quinto. Proceder á publicación e notificación aos interesados da presente resolución nos termos indicados no número 5 do artigo 10 das bases reguladoras.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

A Dirección da Área de Sociedade Dixital

P.A. O xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

José Luis Somoza Digón

Vista a proposta que antecede, acordo prestar a miña conformidade elevándoa a resolución.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia