Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 18 de febreiro de 2021 Páx. 10329

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Os contidos desta orde están enmarcados no establecido no artigo 40 da Constitución española, nos artigos 29 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia e nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, conforme a Estratexia europea de emprego, e de acordo coa Axenda 20+ para o emprego. Ten por obxecto que a Comunidade Autónoma de Galicia acade uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión do territorio, polo que é preciso adoptar políticas que promovan un modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade creativa e emprendedora da sociedade galega e o sostemento dos negocios como fonte de riqueza e como elemento esencial para o crecemento, a mellora da competitividade e a modernización do tecido produtivo galego.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 29, atribúelle á Comunidade Autónoma, en concordancia co artigo 149.1.7 da Constitución española, a competencia para a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, funcións e servizos correspondentes a este ámbito.

Tendo en conta que o tecido empresarial de Galicia está composto, na súa maioría, por microempresas e, principalmente, por persoas traballadoras autónomas, que son as principais protagonistas na creación de emprego, a Xunta de Galicia impulsa medidas para fomentar a actividade económica e apoiar o mantemento do emprego das microempresas, a hostalaría e outras actividades de Galicia como axentes dinamizadores da economía na Comunidade Autónoma. Non é suficiente con desenvolver políticas que favorezan o emprendemento, senón que tamén é necesario articular programas que axuden e consoliden as microempresas e os traballadores autónomos con persoal contratado ao seu cargo xa establecidos.

A situación xerada pola evolución da COVID-19 obrigou as autoridades públicas a xestionar a crise sanitaria establecendo medidas para protexer a saúde e a seguridade, e estas medidas comportaron a maior crise económica coñecida. Moitas microempresas e persoas traballadoras con persoal contratado ao seu cargo pertencen aos sectores máis afectados pola COVID-19. Ante esta situación, a Xunta de Galicia puxo en marcha o I Plan de rescate de sectores máis afectados. A dita situación continúa en Galicia, motivo polo cal se precisa impulsar un II Plan rescate de persoas traballadoras autónomas e microempresas, así como dos sectores afectados polas medidas restritivas.

Esta orde regula dous programas de axudas. Por unha banda, as axudas do Programa I teñen por obxecto contribuír ao mantemento das persoas traballadoras autónomas e os seus negocios como parte esencial do tecido produtivo e da economía de Galicia, contribuíndo deste xeito á reconstrución da nosa sociedade na era poscovid. Por outra banda, as axudas no Programa II teñen por obxecto apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia que desenvolven a súa actividade económica nos sectores máis afectados pola COVID-19 que teñen traballadores ao seu cargo, como elementos esenciais do tecido produtivo e da economía de Galicia, contribuíndo igualmente á reconstrución da nosa sociedade na era poscovid.

A realidade socioeconómica pon de relevo que non só é importante dinamizar e tratar de que se cree o maior número de empresas posible, senón tamén deseñar os mecanismos necesarios para que as empresas creadas poidan sobrevivir. Estas empresas son vitais para unha recuperación do emprego e esta debe ser unha prioridade fundamental.

A competencia en materia de políticas activas de emprego correspóndelle á Consellería de Emprego e Igualdade, segundo o disposto no Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade.

Esta convocatoria tramítase ao abeiro do disposto no Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda a empresas e autónomos, consistentes en subvencións directas, anticipos reembolsables, vantaxes fiscais, garantías de préstamos e bonificacións de tipos de xuro en préstamos destinados a apoiar a economía no contexto do actual gromo de COVID-19 (Marco nacional temporal), notificado inicialmente o 27 de marzo de 2020 á Comisión Europea que, mediante Decisión da Comisión, do 2 de abril de 2020 (C (2020) 2154 final, sobre axuda estatal SA.56851 (2020/N), declarou as axudas amparadas no dito marco compatibles co mercado interior. As decisións SA.57019 (2020/N), SA.58778 (2020/N) e SA.59196 (2020/N) aproban as posteriores modificacións do marco.

Os recursos que se destinarán aos programas contidos nesta orde son os seguintes:

– Programa I persoas traballadoras autónomas: axudas ás persoas traballadoras autónomas, incluídas as persoas autónomas societarias. Este programa está financiado con 30.000.000,00 €, susceptibles de ser financiados polo FSE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, dentro dos cales 5.000.000,00 € están reservados a aqueles sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.

– Programa II microempresas: axudas as microempresas, persoas traballadoras autónomas con persoal a cargo. Este programa está financiado con 30.000.000,00 € con cargo aos fondos finalistas e propios da Comunidade Autónoma, dentro dos cales 5.000.000,00 € están reservados a aqueles sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.

En canto ao procedemento de concesión, establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, de acordo co disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que, de acordo coa finalidade e co obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión da axuda se realiza pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Neste marco de actuación, as bases reguladoras axústanse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en especial no relativo aos principios de transparencia, eficacia e eficiencia na xestión, no Decreto 11/2009, do 9 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada da Comunidade Autónoma, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas para as persoas traballadoras autónomas de Galicia do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19 a través de dous programas:

Programa I de apoio ás persoas traballadoras autónomas (TR500A).

Programa II de apoio a microempresas para o mantemento do emprego e da actividade económica (TR500B).

2. Por medio desta orde procédese á súa convocatoria para o ano 2021.

Artigo 2. Marco normativo

As solicitudes, tramitación e concesión das subvencións axustaranse ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e ao disposto nesta orde.

No caso do Programa I, axudas a persoas traballadoras autónomas, por tratarse de axudas susceptibles de ser financiadas polo FSE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, tamén é de aplicación e se dará debido cumprimento ao previsto no Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo (FSE), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello; na redacción dada polo Regulamento (UE) 2020/2221 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de decembro de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) núm. 1303/2013 no que respecta aos recursos adicionais e ás disposicións de execución co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía (REACT UE); no Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, e polo que se derroga o Regulamento (CE) núm. 1081/2006 do Consello, ambos os dous modificados polo Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018; así como na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020; Regulamento (UE) 2020/558 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) núm. 1303/2013 no que respecta a medidas especificas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimentos europeos en resposta ao gromo da COVID-19, e no Regulamento (UE) 2020/460 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifica o Regulamento (UE) núm. 1303/2013 no que respecta a medidas especificas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria nos Estados membros e noutros sectores das súas economías en resposta ao gromo da COVID-19 (iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

Artigo 3. Subvencións concedidas baixo o Marco nacional temporal

1. A axuda global que unha empresa poida percibir ao abeiro do Marco nacional temporal I e ao do Marco temporal relativo ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual gromo de COVID-19, recollido na Comunicación da Comisión Europea, do 19 de marzo de 2020 (2020/C 91 I/01) (DOUE do 20 de marzo de 2020), e as súas posteriores modificacións, en forma de subvencións directas, vantaxes fiscais e de pagamento ou outras formas, como anticipos reembolsables, garantías, préstamos e capital, todas elas antes de impostos e outras retencións, non poderá superar no exercicio fiscal en curso os 800.000 €.

No caso de que a empresa pertenza aos sectores da pesca e a acuicultura, o límite de contía de axuda e de axuda global por empresa previsto no punto anterior será de 120.000 € e, no caso de que a empresa pertenza ao sector da produción primaria de produtos agrícolas, de 100.000 €.

2. As axudas suxeitas a este réxime poderán concederse a empresas e autónomos que non estaban en crise e/ou a empresas e autónomos que non estaban en crise (a teor do disposto no artigo 2, punto 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión (Regulamento xeral de exención por categorías) en 31 de decembro de 2019, o que se acreditará mediante declaración responsable.

Artigo 4. Principios de xestión

A xestión dos programas de subvencións previstos nesta orde realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Emprego e Igualdade.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Artigo 5. Definicións

Terán a consideración de pemes ou de microempresas aquelas empresas que cumpren os criterios recollidos no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (en diante, Regulamento de exención por categorías, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea L 187/1, do 26 de xuño de 2014), sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas. Teñen a consideración de microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) as empresas que ocupan menos de 250 persoas e cun volume de negocios anual que non excede os 50 millóns de euros ou cun balance xeral anual que non excede os 43 millóns de euros. As pequenas empresas defínense como empresas que ocupan menos de 50 persoas e cun volume de negocios ou balance xeral anual inferior a 10 millóns de euros e, por último, defínese como microempresa a empresa que ocupa menos de 10 persoas e cun volume de negocios anual ou balance xeral anual inferior a 2 millóns de euros.

Artigo 6. Orzamentos

1. A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

a) Programa I. Persoas traballadoras autónomas.

A subvención regulada nesta orde para o exercicio económico de 2021 ten un orzamento de 30.000.000 € que se financiarán do seguinte xeito:

Axuda

Aplicación

Proxecto

Crédito

Axuda xeral

11.04.322C.470.8

2021 00070

25.000.000 €

Actividades especialmente paralizadas

11.04.322C.470.10

2021 00070

5.000.000 €

b) Programa II. Microempresas.

A subvención regulada nesta orde para o exercicio económico de 2021 ten un orzamento de 30.000.000 € que se financiarán do seguinte xeito:

Axuda

Aplicación

Proxecto

Crédito

Axuda xeral

11.04.322C.470.8

2021 00098

25.000.000 €

Actividades especialmente paralizados

11.04.322C.470.10

2021 00098

5.000.000 €

Consideraranse especialmente paralizadas aquelas actividades que tivesen un descenso de facturación do 70 % nos termos establecidos nesta orde.

2. Tendo en conta que as persoas solicitantes da axuda dos sectores especialmente paralizados, para ser beneficiarias deben cumprir tamén os requisitos para recibir a axuda xeral, de remataren os créditos da aplicación 11.04.322C.470.10, estas persoas poderán ser beneficiarias da axuda da aplicación 11.04.322C.470.8 e polos importes establecidos nos artigos 19.1 e 31.1, respectivamente.

Se hai créditos sobrantes na aplicación que financia unha das liñas de axuda, poderanse empregar no financiamento da outra liña e, de ser o caso, tamén se poderán facer redistribucións do crédito entre os programas I e II da convocatoria. Dado que o Programa I é susceptible de ser financiado polo FSE, é necesario informe favorable previo do organismo intermedio (actualmente Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos), sobre a modificación orzamentaria que corresponda.

3. A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario.

4. Poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa orzamentario, de conformidade co establecido no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 30 de xaneiro.

Artigo 7. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I (persoas traballadoras autónomas) e anexo II (microempresas), segundo o procedemento correspondente na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberanse cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios e serán unicamente válidas as solicitudes que se presenten no modelo establecido.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da subvención de ser persoa beneficiaría dela.

5. Ao ser válida unha única solicitude por persoa ou entidade en cada un dos procedementos, no caso de que algunha persoa presente unha nova solicitude, entenderase que desiste das anteriores, salvo que xa estivesen resoltas.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da referida Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no seu artigo 3.1 a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 10. Procedemento de concesión, instrución e tramitación

1. O procedemento de concesión dos dous programas das subvencións contidos nesta orde é non competitivo e axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e pola finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento. A concesión das axudas realizarase pola comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos sinalados nesta orde ata o esgotamento do crédito.

2. En aplicación dos principios de eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e sendo unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, as subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas. Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido.

3. O órgano instrutor dos expedientes dos dous programas será a Subdirección Xeral de Emprego da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, que realizará as actuacións necesarias para determinar a documentación presentada en virtude da cal se debe formular a proposta de resolución.

4. De conformidade co previsto no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 11. Competencia

A competencia para coñecer, resolver e propor os correspondentes pagamentos das subvencións previstas nos dous programas regulados nesta orde, por delegación da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade, corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.

Artigo 12. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias

1. Son obrigas das persoas ou entidades beneficiarias das subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño; en especial as seguintes:

a) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade á proposta de pagamento final da subvención.

b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

c) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

d) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade, e, no caso do Programa I, do seu financiamento polo Fondo Social Europeo como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de COVID-19.

e) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Emprego e Igualdade, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos casos previstos nesta orde.

g) Notificar as axudas obtidas para a mesma finalidade; deberase especificar cales foron obtidas neste exercicio económico dentro do marco temporal a que se refire o artigo 3 desta orde.

h) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Devolución voluntaria das subvencións

1. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

2. En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal consten a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 15. Seguimento e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñen atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Emprego e Igualdade levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

2. A Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social poderá comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados e, especificamente, comprobará, ao rematar o período de mantemento da actividade económica e do emprego, regulado en cada programa, o seu cumprimento por se procede aplicar algún tipo de reintegro, e tamén comprobará a veracidade das declaracións responsables presentadas.

3. Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios propios ou alleos estean ao dispor da Consellería de Emprego e Igualdade para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Para tales efectos, poderá subscribir contratos para a realización de programas de auditorías das axudas.

Artigo 16. Perda do dereito ao cobramento da axuda e reintegro

1. Procederá a perda do dereito ao cobramento das axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Procederá a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida e o seu reintegro, no suposto de non estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como de ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de pagamento final da subvención.

Igualmente, procederá a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida e o reintegro das cantidades percibidas, no suposto de que o beneficiario non se poña ao día no cumprimento das súas obrigacións tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, así como de ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no prazo de quince (15) días naturais desde que percibise o anticipo a que se refire o artigo 18.6.2ª.

3. Procederá, así mesmo, a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida e o seu reintegro, no suposto de non manter a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia durante dous (2) meses, no caso do Programa de persoas traballadoras autónomas, e a actividade económica e o emprego durante os seis (6) meses posteriores á publicación desta orde de axudas, no caso do Programa de microempresas.

4. A obtención da axuda falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que o impedisen dará lugar á perda do dereito ao cobramento da súa totalidade e ao seu reintegro. Esta circunstancia é constitutiva dunha infracción moi grave segundo o artigo 56.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e pódense impoñer as sancións, recollidas no artigo 61.1 da mesma lei, de multa pecuniaria proporcional do dobre ao triplo da cantidade indebidamente obtida.

5. Procederá o reintegro do exceso percibido máis xuros de demora, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder, no caso de incumprimento da obriga de comunicar con antelación, no caso do Programa I, ao órgano concedente, a obtención doutras axudas compatibles.

6. Procederá o reintegro do 5 % da axuda concedida, no caso do incumprimento da obriga de comunicar con antelación, no caso do Programa I, ao órgano concedente, a solicitude doutras axudas compatibles.

7. A obriga de reintegro establecida nos parágrafos anteriores enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño.

CAPÍTULO II

Programa I. Persoas traballadoras autónomas (código de procedemento TR500A)

Artigo 17. Obxecto e finalidade das bases reguladoras do Programa I

1. Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas, para faceren fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.

3. Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no artigo 14 do Regulamento (UE) 1304/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018: «as normas xerais aplicables ás opcións de custos simplificados a título do FSE establécense nos artigos 67, 68, 68.bis e 68.ter do Regulamento (UE) 1303/2013».

Artigo 18. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % nos termos establecidos no artigo 19.3.

2. As persoas autónomas societarias, que estean de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30.3.2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarios cunha porcentaxe de participación mínima do 25 %, e que cumpra os requisitos de baixada de facturación.

3. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de catro meses e máximo de nove meses, en cada un dos anos 2018 e 2019.

4. Unicamente se pode presentar unha solicitude por persoa física.

5. Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

6. Dada a natureza extraordinaria tanto das actuacións subvencionables destas bases reguladoras como da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria da cal derivan e que provocou que a maior parte de persoas autónomas e empresas solicitasen aprazamento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou á Administración da Comunidade Autónoma, ou mesmo non poidan afrontar transitoriamente a súa satisfacción puntual, de acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se dean as seguintes circunstancias, que deberán acreditarse mediante a declaración responsable que figura como anexo I na presente orde:

1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do día en que recibise o anticipo. No caso contrario, perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e deberá proceder ao reintegro do anticipo.

7. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

8. Para maior información, poden chamar ao teléfono 900 81 56 00 ou na web
www.oficinadoautonomo.gal.

Artigo 19. Importe das axudas

1. As axudas concederanse polos seguintes importes:

a) 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.

b) 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

c) 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

2. Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.

3. A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019.

Excepcionalmente, considéranse outros parámetros para os seguintes supostos:

a) Persoas autónomas de tempada: a baixada de facturación calcularase comparando a media mensual dos meses que estivo de alta no ano 2019 coa facturación media dos meses que estivo de alta no ano 2020, polo que, se non estivo de alta durante o ano 2020, xa se considera como actividade especialmente paralizada en canto ao volume de facturación.

b) Para as altas ou empresas creadas ao longo do ano 2019, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do ano 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020.

c) Para as altas ou empresas creadas desde o 1.1.2020 ao 31.3.2020, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do ano 2020 coa media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020.

4. A baixada de facturación acreditarase con calquera das seguintes modalidades:

– Estimación directa: mediante a declaración de IVE anual (modelo 390) dos anos 2019 e 2020 ou declaracións trimestrais de IVE (modelos 303), declaración trimestral do IRPF (modelo 130) do IV trimestre do ano 2019 co IV trimestre do ano 2020.

– No caso de que as persoas ou entidades solicitantes tributen no réxime de estimación obxectiva ou módulos, a diminución de facturación establecida no artigo 18 deberase acreditar coas copias, referidas aos períodos de comparación, do libro de facturas emitidas e recibidas, ou libro diario de ingresos e gastos, ou libro rexistro de vendas e ingresos, ou o libro de compras e gastos, ou calquera outra forma admitida en dereito para acreditar a diminución na facturación, como poden ser, entre outros e tendo en conta a actividade económica, a presentación de descenso de consumo de enerxía eléctrica, copia do rexistro de caixa ou cobramentos e pagamentos por TPV, ou calquera outro medio, dos anos 2019 e 2020.

5. O método de xustificación empregado será o de custos simplificados, sumas a tanto global, conforme o disposto no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046.

Artigo 20. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei 9/2001, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes, ou ben ata o esgotamento do crédito.

Artigo 21. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo I na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberanse cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

No modelo de solicitude vén recollida unha declaración responsable da persoa solicitante, de obrigatorio cumprimento, onde manifestará:

– Que está de alta no réxime da Seguridade Social correspondente (no RETA ou traballadores por conta propia do réxime de traballadores do mar) ou que é unha persoa autónoma de tempada.

– Que ten o domicilio fiscal en Galicia.

– A baixada de facturación.

– Que non está incursa en ningunha das circunstancias que prohiben obter a condición de persoa beneficiaria segundo o establecido nesta orde.

– Declaración de calquera outra axuda temporal relativa aos mesmos gastos subvencionables que, en aplicación do Marco nacional temporal ou en aplicación da Comunicación da Comisión Marco Temporal relativos ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual gromo de COVID-19, recibise durante o exercicio fiscal en curso.

– O cumprimento do requisito de tratarse de empresas ou persoas autónomas que non están en crise e/ou empresas ou persoas autónomas que non estaban en crise en 31 de decembro de 2019.

– Que son veraces todos os datos reflectidos nesta declaración responsable.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención de ser persoa beneficiaría dela.

Artigo 22. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Cando se actúe mediante representación, deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente, ou calquera outro válido en dereito.

b) Documentación acreditativa da baixada de facturación, con algúns dos seguintes modelos:

– Modelo 390 dos anos 2019 e 2020.

– Modelo 303 dos anos 2019 e 2020.

– Modelo 130 IV trimestre dos anos 2019 e 2020.

– Outros documentos.

c) No caso de persoa autónoma societaria, documentación que acredite a participación da persoa solicitante na entidade indicada no anexo I.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitárselle á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

3. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 23. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e/ou representante.

b) NIF da entidade representante, de ser o caso.

c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

f) Certificado de domicilio fiscal.

g) Vida laboral da persoa solicitante (comprobación alta).

h) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 24. Emenda das solicitudes

As unidades administrativas receptoras remitirán as solicitudes recibidas á unidade administrativa encargada da instrución do expediente para que comprobe se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirán a persoa interesada para que nun prazo de 10 días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará a persoa ou entidade interesada desistida da súa petición, logo da resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da antedita lei.

Artigo 25. Resolución e recursos

1. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, a contía da subvención e as obrigas que correspondan á persoa beneficiaria, e a aprobación ou denegación do anticipo solicitado.

A aprobación do anticipo solicitado, que en ningún caso será superior os 14.400 €, comporta o inicio inmediato dos trámites para o seu pagamento.

2. No caso de terse concedido o anticipo, o beneficiario disporá do prazo de 15 días naturais desde o seu pagamento para pórse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou que teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, debendo presentar os correspondentes xustificantes para a acreditación de tal aspecto no caso de que se opoña á súa consulta.

O feito de non atoparse ao día das referidas débedas non impedirá que adquira a condición de beneficiario e perciba o pagamento do anticipo concedido, en consonancia coa excepción establecida do artigo 18.6 desta orde.

3. A resolución de concesión emitirase atendendo ás manifestacións contidas nas declaracións responsables recollidas no formulario de solicitude, subscritas pola persoa que as realiza, baixo a súa responsabilidade e coas repercusións que ten a súa falsidade reguladas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. O cumprimento dos requisitos exixidos será obxecto de comprobación con posterioridade á resolución da concesión.

Tendo en conta que os requisitos para ser persoa beneficiaria desta axuda deben cumprirse antes da presentación da solicitude e que os compromisos asumidos pola persoa beneficiaria se recollen na presente orde no artigo 21, non é necesaria a aceptación expresa ou tácita da resolución regulada no artigo 21.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ao terse aceptado coa presentación da solicitude.

4. O prazo máximo para resolver e notificar é dun mes, que se computará desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei de subvencións de Galicia.

5. Na notificación da resolución da subvención comunicarase á persoa beneficiaria que a axuda é susceptible de ser financiada con Fondo Social Europeo como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e a aceptación da subvención implicará a súa aparición na lista pública cos nomes das persoas beneficiarias, así como outra información recollida no anexo XII (modificado polo Regulamento (UE; Euratom) 2018/1046 e polo Regulamento (UE) 2020/2221) en relación co artigo 115.2 do Regulamento (UE) 1303/2013. Así mesmo, na resolución de concesión que se notifique ás persoas beneficiarias estableceranse as condicións da axuda derivadas da aceptación da subvención a que quedan sometidas as persoas beneficiarias, en especial os requisitos específicos relativos, se é o caso, aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o prazo de execución.

6. As persoas interesadas teñen dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

7. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo.

8. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe formular, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

9. No suposto de que, de ser o caso, se esgote o crédito, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social publicarase o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas no Diario Oficial de Galicia co texto íntegro da resolución denegatoria por esgotamento de crédito, con indicación de que a dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo ou poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición de acordo co disposto no número 5 deste artigo.

Artigo 26. Forma de pagamento

1. O aboamento das subvencións realizarase do seguinte xeito:

a) Se se comproba o cumprimento de todos os requisitos establecidos na presente orde para o seu pagamento, o importe será do 100 %.

b) No caso de declarar, no anexo I, non estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e ter pendentes débedas coa comunidade autónoma:

– O 80 % da contía, tras a resolución de concesión, sen que en ningún caso este importe poida ser superior a 14.400€. Este pagamento terá o carácter de pagamento anticipado.

– O 20 % restante, unha vez comprobado que está ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. Nos supostos de pagamento anticipado, os beneficiarios estarán exentos de constituír garantías, de conformidade co establecido no artigo 65.4.i) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 27. Obrigas específicas das persoas beneficiarias do programa I

Son obrigas das persoas beneficiarias das subvencións, ademais das recollidas con carácter xeral no artigo 13, as seguintes:

a) As persoas traballadoras autónomas beneficiarias da axuda deben manter a alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadoras por conta propia durante un tempo mínimo de dous meses desde a publicación desta orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

b) Presentar os indicadores de resultado inmediatos a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046, a través da aplicación Participa 1420 ou segundo o modelo que estará á súa disposición na páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade, referidos ao momento do cumprimento dos prazos de mantemento da condición de persoa traballadora a que alude a alínea a) deste artigo. A Administración poderá requirir a actualización destes datos seis meses despois de que finalicen os citados períodos de mantemento da actividade, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

c) Facilitar a información necesaria relativa ao desenvolvemento da actividade, que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo.

d) Cumprir coas medidas de comunicación e información establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046 e polo Regulamento (UE) 2020/2221.

e) Informar a persoa beneficiaria, no caso de ser unha entidade xurídica, de que a aceptación da axuda comunitaria do Fondo Social Europeo implicará a súa aparición na lista pública cos nomes das persoas beneficiarias, das operacións e da cantidade de fondos públicos asignada a cada operación, así como outra información prevista no anexo XII, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046 e polo Regulamento (UE) 2020/2221, en relación co artigo 115.2 do Regulamento (UE) 1303/2013.

f) Manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os dous anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

g) Someterse ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Emprego e Igualdade, ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do FSE, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Artigo 28. Incompatibilidades e concorrencia

1. As axudas previstas nesta orde serán compatibles coas demais axudas que poidan outorgar as administracións públicas, sempre e cando se respecten os límites establecidos no Marco temporal.

2. As persoas beneficiarias teñen a obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude e concesión doutras a xudas para a mesma finalidade.

CAPÍTULO III

Programa II. Microempresas (código de procedemento TR500B)

Artigo 29. Obxectivo e finalidade das bases reguladoras do programa II

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas e das persoas traballadoras autónomas, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 %.

Excepcionalmente, poderán ser beneficiarias as empresas que teñan ata 25 persoas traballadoras e o volume de facturación non sexa superior a dous millón de euros no último ano en que se presentasen contas e acrediten un descenso de facturación superior ao 60 %. No caso das pemes pertencentes ao canal de distribución Horeca, o volume de facturación elevarase ata os cinco millóns de euros.

Artigo 30. Persoas ou entidades beneficiarias

1. As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes conforme o indicado no artigo anterior, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 %.

As persoas o entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

– Ter domicilio fiscal en Galicia.

– Que a facturación baixase polo menos a cantidade indicada na epígrafe anterior no ano 2020 segundo o cálculo definido no artigo 31.

2. Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese un descenso de facturación igual ou superior ao 70 %.

3. Dada a natureza extraordinaria, tanto das actuacións subvencionables destas bases reguladoras como da situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria de que derivan e que provocou que a maior parte de persoas autónomas e empresas solicitasen aprazamento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social ou á Administración da Comunidade Autónoma, ou mesmo non poidan afrontar transitoriamente a súa satisfacción puntual, de acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exímense as persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido, sempre que se dean as seguintes circunstancias, que deberán acreditarse mediante a declaración responsable que figura como anexo II na presente orde:

1º. Que o conxunto das débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma, da persoa beneficiaria, teñan un importe inferior ao do anticipo que lle corresponda, pola axuda solicitada.

2º. Que a persoa beneficiaria se obrigue a poñerse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social, coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou respecto das débedas pola procedencia de reintegro, no prazo de 15 días naturais contando a partir do día en que recibise o anticipo, perdendo o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e debendo proceder ao reintegro do anticipo no caso contrario.

Para maior información poden chamar ao teléfono 900 81 56 00 ou na web
www.oficinadoautonomo.gal.

Artigo 31. Importes das axudas

1. As axudas concederanse polos seguintes importes:

a) 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.

b) 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.

c) 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

2. A baixada de facturación calcularase de xeito xeral comparando os datos de facturación anual de 2019 cos do ano 2020.

Excepcionalmente, prevense outros parámetros para os seguintes supostos:

a) Para as altas ou empresas creadas ao longo do ano 2019, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do ano 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020.

b) Para as altas o empresas creadas desde o 1.1.2020 ao 31.3.2020, a baixada de facturación calcularse comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do ano 2020 coa media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020.

3. A dita cantidade incrementarase ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a seguinte escala:

a) 1.000 € se teñen de 4 a 9 persoas traballadoras.

b) 2.000 € se teñen de 10 a 20 persoas traballadoras.

c) 3.000 € se teñen de 21 a 25 persoas traballadoras.

4. A baixada de facturación acreditarase con calquera das seguintes modalidades:

– Estimación directa: mediante a declaración de IVE anual (modelo 390) dos anos 2019 e 2020 ou declaracións trimestrais de IVE (modelos 303), declaración trimestral do IRPF (modelo 130) do IV trimestre do ano 2019 co IV trimestre do ano 2020.

– No caso de que as persoas ou entidades solicitantes tributen no réxime de estimación obxectiva ou módulos a diminución de facturación establecida no artigo 18, deberase acreditar coas copias, referidas aos períodos de comparación, do libro de facturas emitidas e recibidas ou libro diario de ingresos e gastos ou libro rexistro de vendas e ingresos ou o libro de compras e gastos ou calquera outra forma admitida en dereito para acreditar a diminución na facturación. Como poden ser, entre outros e tendo en conta a actividade económica, a presentación de descenso de consumo de enerxía eléctrica, copia do rexistro de caixa ou cobramentos e pagamentos por TPV ou calquera outro medio dos anos 2019 e 2020.

Artigo 32. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes.

Artigo 33. Solicitudes de subvención do programa II

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible como anexo II na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Deberase cubrir, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

Na solicitude vén recollida unha declaración responsable de obrigatorio cumprimento onde se declare:

– O número de persoas contratadas por conta allea.

– Que ten o domicilio fiscal en Galicia.

– Que cumpre todos os requisitos sinalados para ser beneficiaria da axuda establecida nesta orde no artigo 31.

– Que non está incursa en ningunha das circunstancias que prohiben obter a condición de beneficiaria segundo o establecido nesta orde.

– Calquera outra axuda temporal relativa aos mesmos gastos subvencionables que, en aplicación do Marco nacional temporal ou en aplicación da Comunicación da Comisión Marco Temporal relativos ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual gromo da COVID-19, recibise durante o exercicio fiscal en curso.

– O cumprimento do requisito de tratarse de empresas ou persoas autónomas que non están en crise e/ou empresas ou persoas autónomas que non estaban en crise en 31 de decembro de 2019.

– Que son veraces todos os datos reflectidos nesta declaración responsable.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da subvención de ser persoa beneficiaria dela.

Artigo 34. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Cando se actúe mediante representación, deberá achegarse o modelo de representación segundo o modelo normalizado da sede electrónica asinado dixitalmente, ou calquera outro válido en dereito.

b) Documentación acreditativa da baixada de facturación, con algúns dos seguintes modelos:

– Modelo 390 dos anos 2019 e 2020.

– Modelo 303 dos anos 2019 e 2020.

– Modelo 130 IV trimestre anos 2019 e 2020.

– Outros documentos.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitárselle á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

3. Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

4. As persoas ou entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 35. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE ou NIF da persoa ou entidade representante, de ser o caso.

d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

g) Certificado de domicilio fiscal.

h) Informe de vida laboral do código conta cotización dos meses de mantemento do emprego.

i) Consulta do imposto de actividades económicas.

j) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas ou entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 36. Emenda das solicitudes

As unidades administrativas receptoras remitirán as solicitudes recibidas á unidade administrativa encargada da instrución do expediente para que comprobe se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirán a persoa ou entidade interesada para que nun prazo de 10 días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se considerará a persoa ou entidade interesada desistida da súa petición, logo da resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da antedita lei.

Artigo 37. Resolución e recursos

1. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, a contía da subvención e as obrigas que correspondan á persoa beneficiaria, e a aprobación ou denegación do anticipo solicitado.

A aprobación do anticipo solicitado, que en ningún caso será superior os 14.400 €, comporta o inicio inmediato dos trámites para o seu pagamento.

2. No caso de terse concedido o anticipo, o beneficiario disporá do prazo de 15 días naturais desde o seu pagamento para pórse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou que teña pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, debendo presentar os correspondentes xustificantes para a acreditación de tal aspecto no caso de que se opoña á súa consulta.

O feito de non atoparse ao día das referidas débedas non impedirá que adquira a condición de beneficiario e perciba o pagamento do anticipo concedido, en consonancia coa excepción establecida do artigo 30.3 desta orde.

3. A resolución de concesión indicará o importe concedido e emitirase atendendo ás manifestacións contidas nas declaracións responsables recollidas no formulario de solicitude, subscritas pola persoa ou entidade que as realiza, baixo a súa responsabilidade e coas repercusións que ten a súa falsidade reguladas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. O cumprimento dos requisitos exixidos será obxecto de comprobación con posterioridade á resolución da concesión.

Tendo en conta que os requisitos para ser persoa ou entidade beneficiaria desta axuda deben cumprirse antes da presentación da solicitude e que os compromisos asumidos pola persoa ou entidade beneficiaria se recollen no presente programa desta orde no artigo 33, non é necesaria a aceptación expresa ou tácita da resolución regulada no artigo 21.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

4. O prazo máximo para resolver e notificar é dun mes, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei de subvencións de Galicia.

5. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

6. As persoas interesadas teñen dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

7. No suposto de que, de ser o caso, se esgote o crédito, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social publicarase o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas no Diario Oficial de Galicia co texto íntegro da resolución denegatoria por esgotamento de crédito, con indicación de que a dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo ou poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición de acordo co disposto no número 3 deste artigo.

Artigo 38. Forma de pagamento

1. O aboamento das subvencións realizarase do seguinte xeito:

a) Se se comproba o cumprimento de todos os requisitos establecidos na presente orde para o seu pagamento, o importe será do 100 %.

b) No caso de declarar, no anexo II, non estar ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e ter pendentes débedas coa comunidade autónoma:

– O 80 % da contía, tras a resolución de concesión, sen que en ningún caso este importe poida ser superior a 14.400 €. Este pagamento terá o carácter de pagamento anticipado.

– O 20 % restante, unha vez comprobado que está ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. Nos supostos de pagamento anticipado, os beneficiarios estarán exentos de constituír garantías, de conformidade co establecido no artigo 65.4.i) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. O cumprimento dos requisitos acreditarase na solicitude mediante a declaración responsable da persoa beneficiaria, emitida baixo a súa responsabilidade, e sen prexuízo da comprobación do seu cumprimento con posterioridade á resolución de concesión.

Artigo 39. Obrigas específicas das persoas ou entidades beneficiarias deste programa

1. As persoas beneficiarias deberán manter a actividade económica e o emprego durante 6 meses desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde de axudas.

Non se considerará incumprido o devandito compromiso cando o contrato de traballo se extinga por despedimento disciplinario declarado como procedente, dimisión, morte, xubilación ou incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora, nin pola fin do chamamento das persoas con contrato fixo-descontinuo, cando este non supoña un despedimento senón unha interrupción del. En particular, no caso de contratos temporais, o compromiso de mantemento do emprego non se entenderá incumprido cando o contrato se extinga por expiración do tempo convido ou a realización da obra ou servizo que constitúe o seu obxecto ou cando non poida realizarse de forma inmediata a actividade obxecto de contratación.

2. Para a xustificación do mantemento de emprego da obriga da epígrafe anterior deste artigo á persoa ou entidade solicitante comprobarase mediante o informe de vida laboral de código conta cotización que comprenda o período do mes da solicitude e dos seis meses de mantemento do emprego, unha vez cumprido este.

Artigo 40. Incompatibilidades e concorrencia

As axudas previstas nesta orde serán compatibles coa axuda do programa I e demais axudas que poidan outorgar as administracións públicas co límite establecido no Marco temporal.

Disposición adicional. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade na persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para resolver a concesión ou denegación das subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispor, recoñecer a obriga e propor os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas beneficiarias, respecto das resolucións de concesión destas ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde e das súas convocatorias anuais.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2021

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file