Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 10938

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 9 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR302A).

A Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, estableceu un marco normativo que trata de consolidar no sistema produtivo unha cultura de formación profesional e, así, favorecer a creación de emprego estable e de calidade.

Esta lei ten como obxectivos a garantía do exercicio do dereito á formación das persoas traballadoras, ocupadas e desempregadas, en particular, das persoas máis vulnerables; a contribución efectiva da formación á competitividade das empresas; o fortalecemento da negociación colectiva na adecuación da oferta formativa aos requirimentos do sistema produtivo, así como a eficiencia e transparencia na xestión dos recursos públicos.

Entre as iniciativas de formación para o emprego que regula a antedita lei considérase a oferta formativa das administracións competentes para persoas traballadoras ocupadas, que se concreta no ámbito territorial de Galicia por medio destas bases reguladoras da convocatoria de subvencións.

Esta oferta formativa atende ás necesidades non cubertas pola formación programada polas empresas. Na oferta tamén poderán participar persoas desempregadas, ademais das persoas traballadoras ocupadas, dentro dos límites que se sinalan nas bases reguladoras.

O Parlamento de Galicia aprobou o 11 de maio de 2016 o Plan estratéxico de Galicia 2015-2020, que fixa como eixe 1 a empregabilidade e o crecemento intelixente. Nel recóllese un modelo integral de desenvolvemento coa finalidade de superar a situación laboral previa á crise e a creación de postos de traballo sustentables.

O novo Plan estratéxico de Galicia 2021-2030, actualmente en fase de desenvolvemento, será a folla de ruta das actuacións do Goberno galego para a presente década, e ten previsto dar continuidade ao Plan estratéxico de Galicia 2015-2020.

Pola súa parte, na Axenda da competitividade Galicia Industria 4.0, aprobada polo Consello da Xunta o 13 de maio de 2015, inclúese a formación das persoas como un dos compoñentes necesarios do programa de reforzo das persoas e das organizacións, así como a necesidade de que o sistema formativo se oriente cara ás necesidades da industria, de maneira que cómpre que se impartan accións formativas vinculadas con certificados de profesionalidade vinculados coa Industria 4.0.

A maior abastanza, as bases reguladoras e a convocatoria que nos ocupan adaptan os seus contidos ao actual marco regulador da formación para o emprego establecido pola Lei 30/2015, ao Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral e á recente Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Con cargo a esta convocatoria financiaranse programas de formación transversais, integrados por accións formativas dirixidas á obtención de competencias transversais nos diferentes sectores da actividade económica para favorecer a empregabilidade e mobilidade intersectorial das persoas traballadoras. Igualmente, financiaranse programas de formación para a cualificación e o recoñecemento profesional co obxecto de favorecer que as persoas traballadoras avancen e completen a súa cualificación profesional, promovendo unha oferta de formación modular para a obtención de certificados de profesionalidade.

Permitirase a participación nas accións formativas tanto de persoas traballadoras ou socias da empresas da economía social, que acheguen actividade económica, como de persoas traballadoras autónomas.

A presente orde consolida os criterios incorporados na anterior Orde do 2 de maio de 2019, pola que se establecían as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procedía á súa convocatoria para os exercicios 2019 e 2020, e polos que se adecuaba a redacción da norma á recente Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e ao Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas.

Así mesmo, a entrada en vigor do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, a situación excepcional creada pola pandemia e as sucesivas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia e o Goberno de España, requiren a adopción de medidas flexibles que se adapten á actual situación laboral e faciliten o normal desenvolvemento das accións formativas no marco dun escenario incerto.

Neste sentido, como novidades da orde, as entidades, nos termos que se establecen na norma, poderán impartir as accións formativas mediante aula virtual, que seguirá tendo a consideración de presencial; engádense como beneficiarias da formación as persoas traballadoras que fosen afectadas por expedientes temporais de regulación de emprego (ERTE); e, no relativo ao control de asistencia do alumnado e persoal docente, introdúcense, ademais do control biométrico baseado na pegada dixital, alternativas que acrediten e garantan o control de presenza do persoal docente e do alumnado.

Consonte o establecido no artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a concesión de axudas e subvencións axustarase aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. Resultará de aplicación a regulación contida na devandita lei e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, así como o establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Consecuentemente con todo o anterior, logo de consultar a Comisión Galega de Formación Profesional Continua e o Consello Galego de Relacións Laborais, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública de subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e a súa execución, correspondentes aos exercicios de 2021 e 2022, xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade (procedemento TR302A).

Artigo 2. Finalidade e principios

1. As subvencións teñen como finalidade financiar os programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, que ofrezan unha formación que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, ás necesidades de adaptación aos cambios operados no posto de traballo e ás aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, de forma que as capacite para o desenvolvemento cualificado das distintas profesións e lles permita mellorar a súa empregabilidade.

2. A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade, e de acordo co establecido no artigo 4 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo.

Artigo 3. Programas de formación

1. Poderán subvencionarse os seguintes programas de formación:

a) Os programas de formación transversais integrados por accións formativas dirixidas á obtención de competencias transversais a varios sectores da actividade económica que deben ser obxecto de atención prioritaria para dar resposta ás tendencias identificadas e favorecer a empregabilidade e mobilidade intersectorial das persoas traballadoras.

Así mesmo, estes programas poderán incluír accións formativas dirixidas á obtención das competencias clave para o acceso aos certificados de profesionalidade.

b) Os programas de formación para a cualificación e o recoñecemento profesional, integrados por unha oferta específica de formación modular para a obtención de certificados de profesionalidade. Nestes programas, o contido específico dunha acción formativa corresponderase, como mínimo, cun módulo formativo completo.

2. Cada un dos programas requirirá unha solicitude independente e cada centro ou entidade non poderá solicitar máis de catro programas de formación transversal e un programa de formación para a cualificación e recoñecemento profesional.

3. As accións formativas que poden incorporarse a estes programas de formación son as constituídas por calquera das especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades do SEPE, previsto no artigo 20.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, e polos módulos transversais a que se refire esta orde.

Cada un dos programas de formación deberá incluír na solicitude un mínimo de dous grupos formativos, da mesma ou de dúas accións formativas diferentes.

4. Os programas de formación poderán circunscribirse, se as entidades solicitantes así o sinalan nas súas solicitudes, a ámbitos sectoriais específicos.

Artigo 4. Financiamento

1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un crédito por importe total de 5.550.000 €, distribuído en dúas anualidades, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias seguintes, co código de proxecto 2013 00493:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2021

Anualidade 2022

Importe total

11.05.323B.471.0

2.000.000,00 €

2.000.000,00 €

4.000.000,00 €

11.05.323B.481.0

1.000.000,00 €

550.000,00 €

1.550.000,00 €

Importe total

3.000.000,00 €

2.550.000,00 €

5.550.000,00 €

2. Os ditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

3. Poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación e incorporación de crédito.

Artigo 5. Entidades beneficiarias: requisitos e acreditación

1. Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire esta orde as entidades privadas que, na data de entrada en vigor desta convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou tivesen solicitada a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa non vinculada a certificado de profesionalidade, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito que lles permita impartir a formación para a que solicitan subvención nas modalidades presencial, de teleformación ou mixta.

Con independencia do tipo de modalidade da especialidade formativa para a que se solicite subvención, as entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual nos termos sinalados nesta orde.

2. Igualmente, poderán ser beneficiarios os centros e entidades de formación que tivesen achegado, á data de entrada en vigor da convocatoria, a declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa inscrición no rexistro para impartir especialidades formativas non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade, consonte o disposto no artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

3. Para os programas de formación para a cualificación e recoñecemento profesional, así como para calquera tipo de programa en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, as entidades de formación deberán estar acreditadas na modalidade correspondente con anterioridade á data de publicación da presente convocatoria para aqueles certificados de profesionalidade que constitúan o obxecto da solicitude de subvención.

As instalacións que presente a entidade na solicitude para levar a cabo a execución da parte presencial do programa deberán estar localizadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non se poderán modificar durante o seu desenvolvemento.

Os centros presenciais en que terá lugar o desenvolvemento da parte presencial da formación que se vai realizar nas modalidades de teleformación e/ou mixta deberán estar, na data da entrada en vigor da convocatoria, acreditados para impartir o correspondente certificado de profesionalidade ou, de non tratarse dunha especialidade dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade, ter solicitada a súa inscrición mediante declaración responsable.

Así mesmo, as entidades deberán cumprir por cada certificado de profesionalidade, polo menos, os requisitos establecidos nos reais decretos reguladores de cada certificado de profesionalidade na impartición de formación correspondente á mesma familia profesional.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

A xustificación polas entidades solicitantes de non estaren incursas en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable que deberá incluír no modelo de solicitude que se contén no anexo I, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, e de aulas, talleres e instalacións, en xeral, para asumir a xestión das actividades formativas que solicita.

De ser o caso, naqueles supostos en que nunha aula estea previsto impartir máis dunha especialidade, a declaración responsable deberá recoller a manifestación expresa da entidade de que as ditas especialidades poden impartirse cos mesmos medios.

A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións requiridas para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen poderá ter a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, e na dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

CAPÍTULO II

Contido dos programas de formación

Artigo 6. Accións formativas

1. Para os efectos desta norma enténdese por acción formativa a dirixida á adquisición e mellora das competencias e cualificacións profesionais das persoas traballadoras, que se poderá estruturar en varios módulos formativos con obxectivos, contidos e duración propios.

A acción formativa está constituída polo contido específico e polos módulos transversais. Unha acción formativa poderá impartirse a un ou varios grupos, segundo o número de veces que se repita tal acción.

2. As accións formativas que poden incorporarse aos programas de formación son as indicadas nos correspondentes programas formativos de especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade, así como nos reais decretos de aprobación dos certificados de profesionalidade respecto das accións formativas dirixidas a súa obtención, ademais dos módulos transversais a que se refire esta orde.

3. A participación da persoa traballadora en accións formativas de formación para o emprego que se impartirá na modalidade presencial ou na parte presencial da modalidade mixta non será superior a 8 horas diarias e 25 semanais.

Esta restrición horaria por día e semana tamén será de aplicación a aqueles contidos da especialidade formativa que se impartan mediante aula virtual.

Artigo 7. Modalidades de impartición

1. A formación profesional para o emprego obxecto de financiamento por esta orde impartirase a través das modalidades presencial, teleformación ou mixta.

As entidades beneficiarias deberán cumprir, independentemente da modalidade en que se imparta a formación, os requisitos establecidos nestas bases reguladoras e nas correspondentes convocatorias de subvencións, e demais normativa que sexa de aplicación, particularmente a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento; e a Orde TMS 369/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Rexistro Estatal de Entidades de Formación do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como os procesos comúns de acreditación e inscrición das entidades de formación para impartir especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades formativas.

2. Cando a formación se desenvolva total ou parcialmente mediante teleformación, as entidades beneficiarias deberán estar acreditadas ou inscritas, segundo se a especialidade que se vai impartir está dirixida ou non á obtención dun certificado de profesionalidade, no correspondente Rexistro de Entidades de Formación para o Emprego para impartir dita especialidade na modalidade de teleformación, e dispor dun centro homologado para impartir as sesións presenciais na Comunidade Autónoma de Galicia.

A parte presencial da modalidade de teleformación ou mixta, de cada grupo formativo correspondente a unha determinada acción formativa impartirase nun único centro presencial homologado para tal efecto.

A impartición deberá contar cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade, complementada con asistencia titorial.

3. En cada acción formativa que se imparta en modalidade mixta, o número de horas de teleformación será, como máximo, o 75 % das horas da acción formativa. Nesta porcentaxe incluirase o número de horas de docencia e de titorías correspondentes a teleformación.

4. Toda persoa que fose validada como formadora por unha unidade administrativa dunha Administración pública competente en materia de formación profesional para o emprego para impartir unha determinada especialidade ou módulo formativo, vinculado ou non á obtención dun certificado de profesionalidade, entenderase que cumpre cos requisitos para impartilo, na modalidade para a que foi validada, en todo o territorio de Galicia e durante o período que se determine en cada unha das convocatorias.

As persoas responsables da titorización/formación que impartan a parte de teleformación deberán acreditar unha formación mínima de 30 horas ou unha experiencia de 150 horas nesta modalidade e na utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.

5. Con independencia do tipo de modalidade da especialidade formativa para a que se obtivese subvención, as entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual, de acordo cos requisitos e prazos de comunicación establecidos nesta orde, como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo, sen que a impartición da totalidade dunha especialidade formativa do Catálogo de especialidades formativas poida realizarse a través de aula virtual.

Considérase aula virtual á contorna de aprendizaxe onde a persoa titora-formadora e o alumnado interactúan, de forma concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemático de carácter síncrono.

A impartición da formación mediante aula virtual deberá estruturarse e organizarse de modo que se garanta en todo o momento que exista conectividade sincronizada entre as persoas formadoras e o alumnado participante, así como bidireccionalidade nas comunicacións.

No poderá utilizarse un aula virtual para realizar as sesións que, na modalidade de teleformación, precisen presenza física do alumnado e/ou requiran a utilización de espazos, instalacións ou equipamentos para a adquisición de destrezas prácticas.

6. As accións formativas presenciais ou mixtas organizaranse en grupos cun mínimo de 8 e cun máximo de 25 participantes, agás o previsto no artigo 8 desta orde.

Na formación impartida na modalidade de teleformación deberá haber, como mínimo, un titor por cada 80 participantes.

Nas accións formativas mixtas, os límites sinalados nos puntos anteriores aplicaranse en función da respectiva modalidade de impartición.

Non obstante, naquelas accións formativas en que participen como docentes profesionais de alto prestixio e en que por motivos de economía sexa conveniente agrupar o alumnado en grupos máis numerosos, poderá superarse o número máximo logo de autorización expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

En cada acción formativa o número de alumnas e alumnos iniciados non poderá ser superior ao número de alumnado orzado.

7. Nas accións formativas que se impartan na modalidade de teleformación a infraestrutura da plataforma de teleformación deberá permitir o acceso concorrente da totalidade do alumnado.

8. En todas as modalidades de impartición deberanse incluír as evidencias necesarias para comprobar que o alumnado recibe a formación impartida.

En todas as modalidades programarase un control por cada módulo formativo que supere as 15 horas de formación ou fracción, entendendo como tal cada unidade inferior ou igual a 15 horas.

Na modalidade de teleformación e na teleformación incluída na formación mixta deberán realizarse os controis exixidos para cada unha das modalidades que a compoñan. No mesmo control non se poderán avaliar contidos correspondentes a módulos distintos, debendo programarse un control periódico de aprendizaxe cada 15 horas de formación ou fracción, entendendo como fracción cada unidade inferior ou igual a 15 horas. O número de controis de aprendizaxe programados das horas de teleformación deberá ser coincidente cos presentados telematicamente.

9. En todo caso, na solicitude deberá especificarse expresamente a modalidade pola que se opta e, de ser mixta ou de teleformación, indicarase o número de horas presenciais e o número de horas de teleformación, así como a porcentaxe que representan cada unha delas sobre o total.

10. Se unha vez concedida e aceptada unha solicitude de subvención a entidade desexa modificar a impartición presencial dalgunha parte dos contidos ou dalgún módulo da acción formativa para realizalo a través de aula virtual, deberá solicitalo á Dirección Xeral de Formación e Colocación para a súa autorización previa.

A solicitude deberá incluír unha memoria xustificativa da petición, con indicación expresa dos contidos afectados, a súa duración e as datas de realización, así como dos medios tecnolóxicos que se utilizarán para garantir, de acordo co disposto na presente orde, o correcto desenvolvemento, seguimento e control da actividade.

Caso de que a acción formativa estivese iniciada no momento de realizar a solicitude, ou xa se realizase a selección do alumnado que vai participar nela, deberá presentarse a documentación acreditativa de que todas e cada unha das persoas alumnas da acción formativa foron debidamente informadas das consecuencias de participar mediante aula virtual, incluída a perda do dereito para beneficiarse de determinadas bolsas e axudas polo persoal desempregado, e que mostran o seu acordo expreso ao cambio.

Artigo 8. Formación asociada a certificados de profesionalidade

1. As accións formativas en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade poderán organizarse en grupos cun mínimo de 10 participantes e un número máximo de participantes para os cales foi acreditado o centro onde se imparta, que en ningún caso poida exceder os 15.

2. Segundo o artigo 30 da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, pola que se desenvolve o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen os certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación, cada módulo formativo do certificado de profesionalidade poderá ser impartido, como máximo, por dous formadores.

3. Nas accións formativas de especialidades vencelladas a certificados de profesionalidade, as persoas que teñan xa cursado con aproveitamento algún módulo formativo dos que integran a especialidade que estean cursando non poderán volver realizalo, sempre que esa formación sexa acreditable para os efectos da obtención dos certificados de profesionalidade.

O alumnado que curse de forma consecutiva ao menos unha unidade formativa por ano terá dereito á certificación do módulo formativo correspondente e á acreditación da unidade de competencia correspondente, unha vez superadas todas as unidades formativas que o compoñen. A secuencia de superación das unidades formativas será a que determine o propio certificado de profesionalidade.

4. A avaliación da formación nas accións formativas en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade realizarase coas singularidades previstas neste artigo e na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

5. As persoas que impartan as accións formativas levarán a cabo unha avaliación sistemática e continua do alumnado, que será realizada por módulos formativos e, de ser o caso, por unidades formativas, co obxecto de comprobar os resultados de aprendizaxe e, en consecuencia, a adquisición das competencias profesionais.

6. A avaliación basearase nunha planificación previa que levará consigo tanto unha avaliación durante o proceso de aprendizaxe como unha avaliación ao final de cada módulo, tomando como referentes as capacidades e criterios de avaliación establecidos nel.

7. Os métodos e instrumentos de avaliación, os sistemas de cualificación e superación de módulos formativos e a documentación do proceso de avaliación serán os establecidos no título III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

8. As persoas formadoras reflectirán documentalmente os resultados obtidos polo alumnado na avaliación de cada un dos módulos formativos e, de ser o caso, das unidades formativas do certificado, en que se incluirá o desempeño do alumnado nos distintos instrumentos de avaliación aplicados coas correccións e puntuacións obtidas neles.

9. As persoas formadoras elaborarán unha acta de avaliación en que quedará constancia dos resultados obtidos polo alumnado. A acta, que estará asinada pola persoa que impartiu a formación e pola persoa responsable do centro ou entidade en que a acción formativa se impartise, incluirá a identificación das alumnas e alumnos co nome, apelidos, DNI e resultados en cada un dos módulos ou, de ser o caso, unidades formativas, en termos de apto ou non apto.

10. O seguimento e a avaliación do alumnado no módulo de formación práctica en centros de traballo serán realizados conxuntamente polo persoal de titoría designado polo centro de formación e pola empresa, e reflectirase documentalmente para efectos da certificación da formación.

Artigo 9. Módulo formativo transversal

1. De conformidade co establecido no artigo 26 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposición legais da Comunidade Autónoma en materia de igualdade, impartirase un módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, cunha duración de cinco horas nas accións formativas de duración menor ou igual a cincuenta horas (FCOXXX21), e de dez horas naquelas outras cunha duración superior a cincuenta horas (FCOXXX22).

2. A documentación de referencia dos devanditos módulos poderase consultar na epígrafe de módulos transversais da páxina web:

https://ceei.xunta.gal/tema/c/Formacion-ocupacional-e-continua

3. O alumnado que estea en posesión dun diploma oficial que acredite formación en materia de igualdade de duración igual ou superior ás horas destes módulos, ou que xa teña cursado o módulo que correspondese á duración da acción formativa en que estea participando, non poderá realizalo de novo.

Informarase todo o alumnado desta circunstancia de xeito que quede constancia, ademais de que, nestes supostos, non terá dereito a percibir bolsas e axudas por este concepto. As entidades e centros de formación tampouco terán dereito a que se lles financie na parte proporcional ao alumnado en que concorran estas circunstancias.

4. Para favorecer o cumprimento da obriga establecida no artigo 26 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposición legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, a impartición do módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica poderá impartirse en calquera momento e axustado as necesidades das distintas accións formativas.

Artigo 10. Módulos de formación práctica

1. As prácticas incluídas no programa formativo poderán desenvolverse en empresas, consonte o artigo 19 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, logo de subscrición dun acordo entre a empresa e a entidade de formación que deberá ser posto en coñecemento da persoa que realiza as prácticas, e de acordo cos requisitos do programa e respectando a súa duración.

Poderanse realizar en calquera especialidade e a súa externalización terá carácter voluntario para as entidades impartidoras e obrigatorio para o alumnado no caso de que a entidade opte pola súa realización.

No suposto do módulo de prácticas profesionais non laborais correspondentes aos certificados de profesionalidade, será obrigatoria a impartición en centros de traballo cuxa actividade estea vinculada coas ditas accións formativas e relacionada co seu contido formativo, logo de subscrición dun convenio ou acordo entre a empresa e a entidade de formación, que será posto en coñecemento da persoa que realiza as prácticas, e no cal deberá describirse o contido destas, a súa duración, lugar de realización, horario e o sistema de titorías para o seu seguimento e avaliación. Os gastos que deriven da súa realización deberán imputarse ao orzamento da acción formativa en que están incluídas.

2. Con dez días hábiles de antelación á data prevista para a realización das prácticas, o centro impartidor presentará a correspondente comunicación á Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través do aplicativo SIFO, e deberá xuntar a seguinte documentación:

a) Convenio ou acordo subscrito coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluída no certificado de profesionalidade.

b) Sistema de titorías para o seu seguimento e avaliación.

c) Datas, lugar de realización, horario e duración.

d) Documento que acredite a vixencia do seguro de accidentes do alumnado que cubra os riscos da acción formativa. Deberá incluír os riscos do traxecto ao lugar de realización das prácticas e contraerase estritamente durante o período de duración das prácticas.

e) Documento que acredite a contratación por parte da entidade impartidora dunha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que para os bens e as persoas poidan derivar da realización das prácticas en empresas. Non se admitirán pólizas con franquías.

f) Declaración responsable da persoa representante legal en que se indique:

• Que se dispón de comunicación previa ou licenza municipal de apertura da actividade de que se trate ou, na súa falta, que faga constar a idoneidade dos locais de impartición onde se van desenvolver as prácticas no caso de empresas, ou calquera outro documento acreditativo da idoneidade dos locais para a realización das prácticas.

• Que a empresa en que se realizarán as prácticas cumpre coa normativa de prevención de riscos laborais.

3. A entidade beneficiaria deberá introducir no SIFO os datos relativos ao alumnado que desenvolva o módulo de prácticas.

4. As empresas onde teñan lugar as prácticas deberán reunir os requisitos establecidos no programa da especialidade da que se van realizar as prácticas.

5. O módulo de formación práctica non implica relación laboral coa empresa nin supón compensación económica aos/ás participantes pola súa formación práctica, salvo no previsto sobre bolsas e axudas se se trata de persoas desempregadas.

6. No caso de persoas traballadoras ocupadas, cando o módulo de formación práctica en centros de traballo poida realizarse na mesma empresa da persoa traballadora e non teña relación co posto de traballo que desempeña, non formará parte do horario laboral, salvo que se estableza no ámbito da negociación colectiva.

7. Os centros e entidades deberán imputar os gastos por este concepto como custos directos ao orzamento da actividade formativa en que estean incluídas.

8. A duración das prácticas non pode exceder en ningún caso a duración da parte práctica que se fixa no programa formativo e non poderán rematar con posterioridade á finalización da actividade formativa.

9. Antes do comezo das prácticas a entidade beneficiaria da subvención porá en coñecemento da Inspección de traballo unha relación do alumnado que vai realizar as prácticas, e os nome/s da/das empresa/as en que realizarán as prácticas, localidades, datas e horario de realización.

10. As empresas en que se realicen as prácticas comunicarán aos representantes legais das persoas traballadoras na empresa unha relación do alumnado que vai realizar as prácticas, as datas e o horario de realización.

11. Unha vez comunicadas as prácticas, os centros e entidades deberán comunicar ao órgano competente calquera incidencia que se produza no seu desenvolvemento.

Artigo 11. Módulos de formación práctica nas accións formativas vinculadas á obtención dos certificados de profesionalidade

1. En todos os programas de formación, a entidade beneficiaria deberá facilitar a realización do módulo de formación práctica a aquelas persoas participantes que no momento da impartición da formación teñan superado a totalidade dos módulos teóricos do correspondente certificado de profesionalidade e non estean exentas da realización do módulo de formación práctica, sempre que o dito módulo estea incluído no programa de formación.

Cando no programa de formación se oferte un certificado de profesionalidade completo, nunha ou en varias accións formativas, incluirase obrigatoriamente o módulo de formación práctica.

2. A exención do módulo de formación práctica no centro de traballo realizarase nas condicións e cos requisitos establecidos no artigo 5.bis do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade. As horas correspondentes á realización das prácticas das persoas participantes exentos non serán financiables.

3. A impartición do módulo de formación práctica en centros de traballo nas accións formativas vinculadas á obtención dos certificados de profesionalidade axustarase aos requisitos previstos no anterior artigo 10, ao establecido na Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, e ao estipulado no real decreto regulador de cada certificado de profesionalidade.

4. O alumnado só poderá realizar o modulo de prácticas unha vez superado o resto dos módulos formativos do certificado de profesionalidade. O módulo de formación práctica en centros de traballo deberase iniciar nun prazo non superior a catro meses naturais desde a finalización do último módulo formativo. Para determinados certificados de profesionalidade que, pola súa natureza, presenten dificultades para o cumprimento do antedito prazo, poderá solicitarse á Administración competente unha autorización para a súa ampliación; en todo caso, deberá estar finalizado con data límite do 30 de novembro de 2022.

5. O persoal de titoría deste módulo será o designado polo centro de formación entre o persoal formador ou o persoal titor-formador que impartise os módulos formativos do certificado de profesionalidade correspondente.

6. A persoa titora do módulo de formación práctica en centros de traballo será responsable de acordar co persoal de titoría designado pola empresa o programa formativo deste módulo.

Para establecer o programa formativo consideraranse as capacidades, os criterios de avaliación e os contidos establecidos para este módulo no certificado de profesionalidade. O dito programa debe incluír criterios para a avaliación, observables e medibles e recoller, polo menos, a información que se indica no anexo VIII da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

7. O alumnado que supere o módulo de prácticas recibirá unha certificación asinada pola persoa titora do centro, pola persoa titora designada pola empresa e polo responsable da empresa, segundo o modelo que figura no anexo IX da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

CAPÍTULO III

Importe da subvención

Artigo 12. Determinación do importe da subvención

1. O importe da subvención para a execución de programas de formación determinarase tendo en conta:

a) O conxunto das subvencións solicitadas.

b) A avaliación técnica obtida polo respectivo programa de formación segundo os criterios recollidos nesta convocatoria.

c) Os módulos económicos máximos previstos neste artigo.

2. Os módulos económicos aplicables son os que figuran para cada especialidade formativa no ficheiro de especialidades formativas publicado na web da Consellería de Emprego e Igualdade, https://ceei.xunta.gal/especialidades-formativas, e non poderán superar os máximos establecidos na Orde ESS/1897/2013 ou, de ser o caso, na Orde TMS/368/2019, segundo se trate, respectivamente, de especialidades formativas dirixidas ou non á obtención de certificados de profesionalidade.

O importe das accións formativas concretarase no resultado do produto de horas polo número de persoas alumnas e polo importe do módulo que corresponda á especialidade.

Para efectos de adecuar o custo da formación á realidade do mercado, e de acordo co establecido no artigo 34.1.h) da presente orde de bases reguladoras, avaliarase a eficiencia económica do importe económico da actividade en función da minoración do custo por hora/persoa alumna con respecto ao máximo financiable para a acción formativa.

3. Para aquelas actividades formativas que carezan de módulos económicos aprobados e publicados no referido ficheiro de especialidades formativas, os módulos económicos máximos (custo por participante e hora de formación) aplicables para efectos de liquidación das subvencións concedidas para o financiamento dos programas, serán os que a continuación se establecen, en función da modalidade de impartición e nivel da formación:

Modalidade

Importe

Presencial

8 euros

Teleformación

5 euros

Mixta

Como máximo, aplicaranse os módulos anteriores en función das horas de formación en modalidade presencial ou teleformación que teña a acción formativa

Excepcionalmente, en función da singularidade de determinadas accións formativas que pola súa especialidade e características técnicas precisen un financiamento superior, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, por petición da entidade beneficiaria manifestada na solicitude e que deberá acompañarse dunha memoria explicativa en que se argumenten e acrediten as razóns que xustifican o incremento do importe máximo do módulo económico, poderá autorizar un incremento deste ata nun 50 % na modalidade presencial de formación.

4. O módulo de prácticas non laborais en empresas das accións formativas conducentes á obtención de certificados de profesionalidade financiarase con 3 € por alumna ou alumno e hora de prácticas efectivamente titorizadas, que se destinará ao financiamento dos custos da actividade da titorización das prácticas, así como o custo da subscrición dunha póliza colectiva de accidentes de traballo e de responsabilidade civil e á compensación que, directamente, aboe a entidade de formación beneficiaria á empresa en cuxo centro de traballo teñan lugar as prácticas.

Excluiranse deste computo as horas correspondentes ás prácticas non realizadas polas persoas participantes exentas.

5. A valoración económica dos módulos transversais será a mesma que corresponda á modalidade de impartición aplicable, dentro dos máximos que procedan á acción formativa en que se inclúan.

Artigo 13. Custos subvencionables

1. Os custos subvencionables rexeranse polo disposto no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e demais normativa aplicable en materia de subvencións, así como polo artigo 13 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

Só se considerarán gastos realizados os gastos reais que fosen efectivamente pagados con anterioridade ao remate do período de xustificación.

2. Consideraranse custos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, estean relacionados coa actividade obxecto da subvención, resulten estritamente precisos para a súa execución e fosen contraídos durante o período de execución establecido para a realización da actividade obxecto da axuda.

Ademais, só terán a condición de custos subvencionables os que sexan contraídos a partir da concesión da subvención.

Non obstante o anterior, poderán imputarse como custos subvencionables os custos indirectos correspondentes á elaboración e presentación do programa de formación desde a data de publicación da convocatoria e os de elaboración e presentación da xustificación da subvención recibida ata o momento da súa presentación.

Os custos subvencionable xustificaranse mediante facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente que respondan á natureza da actividade subvencionada.

3. Son susceptibles de financiamento os seguintes custos:

a) Custos directos da acción formativa:

1º. Custos do persoal vinculado á docencia: as retribucións das persoas formadoras e das persoas titoras-formadoras internas e externas, así como o persoal que, non tendo o carácter de formador ou titor-formador da acción formativa, realiza tarefas relacionadas directamente co seguimento do proceso de aprendizaxe, asesoramento e orientación ao alumnado, así como dinamización no caso de actuacións de teleformación.

2º. Os custos de amortización de equipamentos didácticos e plataformas tecnolóxicas, calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade, así como o seu alugamento ou arrendamento financeiro, excluídos os xuros soportados na execución das actividades formativas.

Estes custos deberán presentarse debidamente desagregados por actividade formativa e imputaranse polo número de participantes no caso de uso individual dos equipamentos e plataformas.

3º. Custos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como custos en bens consumibles empregados na realización das actividades formativas, incluído o material de protección e seguridade. De igual xeito, no caso da teleformación, os custos imputables aos medios de comunicación empregados entre o persoal formador e as persoas participantes.

Incluiranse nesta epígrafe os gastos de edición e impresión do material de ensino, así como os da súa tradución.

Estes custos deberán presentarse debidamente desagregados por actividade formativa e imputaranse polo número de participantes no caso de uso individual dos equipamentos ou plataformas.

4º. Os custos de alugamento, arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros, ou amortización das aulas, talleres e demais superficies empregadas no desenvolvemento da formación.

Estes custos deberán presentarse debidamente desagregados por actividade formativa e imputaranse polo período de duración da acción formativa, tendo en conta os espazos e/ou medios empregados.

Os custos de amortización calcularanse segundo normas de contabilidade xeralmente aceptadas; será de aplicación o método de amortización segundo as táboas aprobadas polo Regulamento do imposto de sociedades.

5º. Custos de seguro de accidentes e responsabilidade civil das persoas participantes, de acordo co disposto no artigo 6 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo.

Estes custos deberán presentarse desagregados por actividade formativa e a súa imputación farase polo número de participantes.

6º. Custos de transporte, manutención e aloxamento para as persoas traballadoras ocupadas que participen nas actividades formativas cos límites fixados na Orde EHA/3771/2005, do 2 de decembro, pola que se revisa a contía dos custos de locomoción e as axudas de custo no imposto sobre a renda das persoas físicas.

Estes custos deberán presentarse debidamente desagregados por actividade formativa e a súa imputación farase polo número de participantes.

7º. Custos de avaliación da calidade e control da formación.

8º. Custos de publicidade e difusión das actividades formativas e de captación e selección do alumnado participante.

9º. Custos derivados da realización do informe pola persoa auditora.

10º. Custos derivados da contratación de persoas especializadas na atención ao alumnado con discapacidade ou pertencente a colectivos vulnerables ou en risco de exclusión, e/ou da adaptación de medios didácticos e avaliación coa finalidade de mellorar as condicións en que este alumnado recibe a formación.

b) Custos indirectos da actividade formativa:

1º. Custos de persoal de apoio, tanto interno como externo, e todos os precisos para a xestión e execución da actividade formativa.

2º. Custos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada e que resulten indispensables para a súa axeitada preparación ou execución.

Non serán subvencionables os xuros debedores das contas bancarias.

3º. Outros custos: electricidade, auga, calefacción, telefonía, conexión telemática, mensaxaría, correo, limpeza, vixilancia e outros, sempre que estean asociados á execución da actividade formativa.

Non se poderán incluír os custos de reparación de instalacións ou equipamentos.

De conformidade co artigo 31.9 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, estes custos só poderán ser imputados pola entidade beneficiaria na parte que razoablemente corresponda, de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade e nos termos das bases reguladoras e da convocatoria.

En aplicación da normativa estatal que regula a formación profesional para o emprego, a suma dos custos indirectos non poderá superar o 10 % do custo total da actividade formativa realizada e xustificada.

4. Non resultarán subvencionables os custos que incumpran o disposto nesta orde e na restante normativa que resulte de aplicación. En particular, non serán financiables os seguintes custos:

a) Os que non estean xustificados debidamente.

b) Os que superen o valor de mercado.

c) Os gastos das contratacións cando estas estivesen prohibidas ou non se realizasen cos requisitos exixibles, en especial sempre que exista vinculación entre perceptor e o pagador e os custos superen o valor de mercado.

d) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

e) Os xuros, recargas e sancións administrativas e penais.

f) En contías de exceso, os custos que superen os límites previstos na presente orde, conforme corresponda, dos gastos da actividade formativa subvencionada.

5. Nos custos de persoal relativos ás persoas formadoras e ás persoas titoras-formadoras, internas e externas, o límite máximo de imputación de custos de persoal será, con carácter xeral, de 42 € por hora imputable e excepcionalmente, logo de autorización da Administración actuante, poderá chegar a 80 € por hora imputable se existe unha xustificación en relación con especialidade ou especificidade da acción formativa ou a calidade do persoal docente.

Este límite aplicarase tanto ao persoal contratado por conta allea como ás persoas docentes contratadas que traballen por conta propia.

Artigo 14. Custos directos de persoal vinculado coa docencia da acción formativa

1. Consideraranse como custos directos de persoal vinculado coa docencia da acción formativa os referidos ás persoas formadoras e ás persoas titoras-formadoras, internas e externas.

En calquera caso, entenderanse como tarefas vinculadas coa docencia dentro desta epígrafe, con independencia de que as efectúen o persoal formador, titor-formador ou outro tipo de persoal, cando menos, as seguintes: a planificación didáctica e das avaliacións, o deseño de guías, o seguimento do labor das persoas docentes, as probas de nivel ao alumnado, o deseño e seguimento do plan de acción titorial, o deseño do plano de prácticas non laborais, o seguimento e control da formación e a elaboración e tratamento dos cuestionarios a docentes e alumnado.

Poderanse incluír salarios, seguros sociais, axudas de custos e gastos de locomoción no suposto de contratación laboral, e gastos de contratación no suposto de contrato de servizos e, en xeral, todos os custos imputables no exercicio das actividades de preparación, impartición, titoría e avaliación ás persoas participantes nas actividades formativas.

Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por horas dedicadas á actividade que se imputen.

Unha porcentaxe mínima do custo subvencionado para cada acción formativa deberá empregarse exclusivamente en custos de persoal vinculado á docencia de xeito que, de non acadarse esa porcentaxe, se aboará unicamente a cantidade xustificada.

A porcentaxe mínima de custo de persoal vinculado á docencia dependerá do número do alumnado e será a que resulte da seguinte fórmula: 4.200/(8* número de persoas alumnas).

En ningún caso a porcentaxe mínima do custo de persoal vinculado á docencia superará o 35 % do custo subvencionado malia que, por aplicación da fórmula, resultase unha porcentaxe superior.

2. A remuneración mensual habitual percibida polo persoal propio da entidade beneficiaria a que se refire este artigo non poderá ser incrementada durante o período de execución da acción formativa, agás que por norma ou modificación do convenio colectivo así se estableza. En todo caso, non serán admisibles aqueles custos salariais que supoñan unha maior retribución en función da execución da subvención.

Non serán subvencionables os complementos (ou pluses) salariais que non estean expresamente previstos na lexislación laboral, nos convenios colectivos que resulten de aplicación ou no contrato da persoa traballadora.

No suposto de baixas por incapacidade temporal e maternidade, non se poderán imputar ás retribucións do persoal formador correspondente ao tempo que permaneza de baixa. Tampouco serán subvencionables as vacacións pagadas pero non desfrutadas.

3. Todos os custos de persoal vinculado á docencia deberán presentarse debidamente desagregados, identificados e acompañados do cálculo da imputación realizada a partir do custo/hora aplicado e o número de horas dedicadas á acción formativa correspondente. En ningún caso estes custos poderán ser superiores ao prezo de mercado.

4. No caso do persoal interno, a entidade beneficiaria deberá crear, documentar e custodiar un sistema con valor probatorio suficiente para acreditar as horas dedicadas por cada persoa diariamente a estes labores de preparación e titorías e as tarefas realizadas, así como o seu custo. O sistema deberá contar con partes diarios de traballo asinados polas persoas traballadoras.

Artigo 15. Actividades vinculadas á docencia: subconceptos de imputación

1. No subconcepto de impartición imputaranse os custos das actividades docentes de impartición e de titorización-formación en teleformación. Neste subconcepto incluiranse, igualmente, os custos da actividade de titorización do módulo de formación práctica en centros de traballo.

Unicamente se incluirán neste subconcepto os gastos debidamente comunicados relativos ao persoal docente incluído no documento de inicio da acción formativa e, de ser caso, as posteriores modificacións inseridas na aplicación informática SIFO, e ao persoal que titorice as prácticas.

2. No subconcepto de preparación e titorías incluiranse os custos de preparación de clases, avaliación de alumnado e titorías que sexan necesarias para o reforzo dos contidos formativos ou para o módulo de formación práctica, imputadas polo persoal docente da actividade formativa.

As actividades de preparación de clases, titorías para o reforzo formativo e avaliación dos contidos formativos ao alumnado só poderán ser executadas polo persoal docente incluído no documento de comunicación de inicio da acción formativa, ou nas súas modificacións. Cada docente preparará as clases, realizará as titorías e avaliará os contidos formativos ao alumnado en relación con aqueles módulos que teña autorizado impartir.

As titorías para o reforzo dos contidos formativos deberán realizarse na mesma xornada da acción formativa, previamente ao seu inicio ou a continuación dela, sempre no mesmo horario da acción formativa de mañá ou tarde.

3. O número de horas imputadas polas actividades incluídas no subconcepto de preparación e titorías non poderá superar 20 % do total de horas programadas para a docencia da acción subvencionada.

4. Na modalidade de teleformación e na parte de teleformación da modalidade mixta, as horas de dedicación das persoas responsables da titorización-formación serán imputadas no subconcepto de impartición, e unicamente se incluíran no subconcepto de preparación e titorías os custos de preparación e avaliación.

5. Os custos do persoal que, non tendo o carácter de formador ou titor-formador da acción formativa, realice tarefas relacionadas directamente co seguimento do proceso de aprendizaxe, asesoramento e orientación ao alumnado, e dinamización no caso de actuacións de teleformación, incluiranse como custos de persoal vinculado á docencia.

Incluiranse neste subconcepto os gastos relativos a este tipo de persoal identificado no documento de inicio da acción formativa e, de ser o caso, posteriores modificacións inseridas na aplicación informática SIFO.

Artigo 16. Custos directos de amortización

1. Gastos de amortización de equipamentos didácticos e plataformas de teleformación, aulas, talleres e demais superficies calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de persoas participantes no caso de uso individual dos equipamentos ou plataformas.

A imputación de custos relativos a plataformas de teleformación admitirase unicamente nos supostos de accións formativas que se impartan na modalidade de teleformación ou na parte de teleformación da modalidade mixta e estarán referidas exclusivamente ás horas de teleformación, xa que a súa utilización se configura como un requirimento indispensable para a impartición da formación nesta modalidade.

Non se admitirá en ningún caso a imputación de custos de licenzas das referidas plataformas nas accións formativas que se impartan na modalidade presencial.

2. No suposto de que se imputen gastos de amortización de plataformas de teleformación deberanse achegar as claves de acceso á correspondente plataforma antes do inicio da acción formativa.

3. A cifra máxima dos custos previstos neste artigo non poderá superar o 10 % da subvención concedida para a acción formativa. Os gastos de amortización deberán corresponderse con bens amortizables rexistrados na contabilidade da entidade beneficiaria da subvención.

4. Os gastos de amortización subvencionados deberan ser proporcionais ás superficies e elementos estritamente necesarios para a execución da actividade subvencionada e ao período de execución desta.

5. Non se imputarán gastos de amortización de bens adquiridos con subvencións ou axudas públicas.

6. A amortización realizarase seguindo as normas de contabilidade xeralmente aceptadas. Para tales efectos, será admisible a aplicación do método de amortización segundo as táboas oficialmente establecidas polo Real decreto 1777/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do imposto de sociedades.

A dirección xeral poderá exixir a xustificación das amortizacións, así como unha planificación da vida útil do ben.

Artigo 17. Custos directos de medios didácticos

1. Gastos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles efectivamente utilizados na realización das accións formativas; nesta epígrafe incluirase o material de protección e seguridade.

Así mesmo, no caso da teleformación, os custos imputables aos medios de comunicación utilizados entre persoal formador e persoas participantes. Incluiranse neste suposto os gastos derivados das visitas didácticas.

Admitiranse nesta epígrafe os gastos de edición e impresión do material didáctico, así como os da súa tradución.

Non se admitirá a imputación de gastos derivados das visitas non comunicadas ou comunicadas fóra do prazo sinalado nesta convocatoria.

2. A elixibilidade dos gastos de alugamento ou amortización de licenzas de plataformas de formación/plataformas en liña/plataformas virtuais etc., axustarase aos mesmos criterios establecidos para o alugamento ou amortización de plataformas e, en consecuencia, admitiranse unicamente nos supostos de accións formativas que se impartan na modalidade de teleformación ou na parte de teleformación da modalidade mixta e referidas exclusivamente ás horas de teleformación, xa que a súa utilización se configura como un requirimento indispensable para a impartición da formación nesta modalidade.

3. De acordo co disposto anteriormente, non se admitirá en ningún caso a imputación de custos de licenzas das referidas plataformas nas accións formativas que se impartan na modalidade presencial.

4. Inclúense nesta epígrafe os textos e materiais dun só uso, así como os materiais de traballo funxibles utilizados durante as actividades de formación.

5. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de participantes que inicien a actividade no caso de utilización individual.

Artigo 18. Custos directos de alugamento e arrendamento financeiro

1. Os gastos de alugamento e arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo período de duración da acción.

Están comprendidos nestes gastos todos aqueles que deban imputarse ou teñan a súa orixe na actividade da acción formativa por alugamento ou arrendamento financeiro, tanto de instalacións como de maquinaria e equipamentos, excluídos os seus xuros.

Estes gastos deberan ser proporcionais ás superficies e elementos estritamente necesarios para a execución da actividade subvencionada e ao período de execución desta.

2. A imputación de alugamentos entre os conceptos de instalacións e maquinaria non poderá superar o 10 % da subvención concedida para a impartición da acción formativa

3. A imputación de gastos relativos ao alugamento de plataformas de teleformación admitirase unicamente nos supostos de accións formativas que se impartan na modalidade de teleformación ou na modalidade mixta e referidas exclusivamente ás horas de teleformación.

De acordo co disposto anteriormente, non se admitirá en ningún caso a imputación de custos de plataformas de teleformación nas accións formativas que se impartan baixo a modalidade presencial.

4. No caso de que os gastos orixinados polo alugamento de instalacións e equipamentos se imputen a unha acción formativa ao 100 % ou se repartan integramente entre varias accións formativas das concedidas á entidade, deberá achegarse cálculo detallado da imputación realizada, incluída a correspondente ás zonas comúns no caso de instalacións.

5. No caso de arrendamento financeiro (leasing ou renting), será subvencionable a parte da cota mensual, excluídos os custos financeiros.

6. No caso dos contratos de arrendamento que non conteñan unha opción de compra e cuxa duración sexa inferior ao período de vida útil do activo a que se refire o contrato, o arrendatario deberá poder demostrar que o arrendamento non financeiro era o método máis rendible para obter o uso dos bens. Se os custos fosen máis baixos de terse utilizado un método alternativo, os custos adicionais deduciranse do gasto subvencionable.

7. O custo imputable do alugamento de equipamentos didácticos deberá ser proporcional á utilización efectiva na actividade formativa.

8. No caso de formación conducente á obtención de certificados de profesionalidade, non se admitirán custos relativos a equipamentos didácticos que non sexan exixibles de acordo co disposto nos reais decretos que os regulan.

Este criterio de imputación aplicarase tanto aos custos de equipamento como aos custos de instalacións e espazos.

Artigo 19. Custos directos de seguros

1. Os gastos de seguro de accidentes das persoas participantes e do importe da póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que para o alumnado asistente nas accións formativas poidan derivar da realización de actividades relacionadas coa acción formativa, incluídas as prácticas.

2. O seguro deberá ter a seguinte cobertura mínima, que deberá ser especificada na póliza:

– No caso de morte: 60.000 €.

– No caso de invalidez permanente: 60.000 €.

– No caso de asistencia médico farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro.

3. Estes gastos deberán presentarse desagregados por acción formativa e a súa imputación farase polo número de participantes.

4. Consideraranse válidas aquelas pólizas que se contraten para un conxunto de accións formativas, ou pola totalidade do programa, sempre que se acaden as coberturas mínimas estipuladas.

En todo caso, deberá estar especificado o número de programa formativo.

Artigo 20. Custos directos de publicidade

1. Os gastos de publicidade para a organización e difusión das accións formativas. Inclúense nesta epígrafe os gastos de publicidade derivados da difusión e promoción das accións formativas por medios que utilicen distintos sistemas de comunicación, polas actividades e servizos realizados.

2. O financiamento por parte da consellería da Xunta de Galicia e do ministerio competentes en materia de emprego deberá constar na publicidade para que este custo sexa imputable.

3. Estes gastos deberán presentarse desagregados por acción formativa.

Artigo 21. Incremento de custos directos para adaptación das acción formativas

1. No caso de accións formativas que teñan un mínimo dunha persoa alumna con certificación de discapacidade e a entidade impartidora o solicite expresamente, poderase incrementar o importe da subvención inicialmente aprobado, sempre que se xustifique axeitadamente e que se destine exclusivamente a contratación do apoio necesario para a axeitada participación na acción formativa das anteditas persoa/as alumna/as, nos seguintes conceptos:

a) Para persoal de apoio, ata un máximo de 16 € por hora lectiva.

b) Para a adaptación curricular ou do material didáctico necesario, pola contía do gasto xustificado na correspondente memoria explicativa.

2. A memoria explicativa das necesidades que se vaian cubrir deberá presentarse unha vez realizada a selección do alumnado e no prazo máximo de 15 días desde a incorporación á acción formativa da persoa con discapacidade.

3. No caso do persoal interno, a entidade beneficiaria deberá crear, documentar e custodiar un sistema con valor probatorio suficiente para acreditar as horas dedicadas por cada persoa diariamente a estes labores de apoio e as tarefas realizadas, así como o seu custo. O sistema deberá contar con partes diarios de traballo asinados polas persoas traballadoras.

4. Para o aboamento deste importe ditarase unha resolución complementaria co importe total dos gastos autorizados por estes conceptos.

Artigo 22. Custos de avaliación e control da calidade da formación

1. Os custos de avaliación e control da calidade da formación, sen que en ningún caso poidan superarse no total do programa formativo as porcentaxes do custo xustificado subvencionable indicados a continuación, nin as contías que se sinalan como máximas:

– Subvencións iguais ou inferiores a 50.000 €: ata o 5 %.

– Subvencións de 50.001 ata 150.000 €: ata o 5 %, cun máximo de 6.000 €.

– Subvencións de 150.001 a 250.000 €: ata o 5 % cun máximo de 9.000 €.

– Subvencións de 250.001 a 500.000 €: ata o 5 % cun máximo de 15.000 €.

– Subvencións superiores a 500.000 €: ata o 5 % cun máximo de 25.000 €.

2. Inclúense os custos internos e externos de persoal derivados da realización das accións de avaliación e control da calidade da formación previstas nestas bases reguladoras. As funcións de control de calidade da docencia poderán ser desempeñadas por persoal non docente.

No caso do persoal interno, a entidade beneficiaria deberá crear, documentar e custodiar un sistema con valor probatorio suficiente para acreditar as horas dedicadas por cada persoa diariamente a estes labores de avaliación e control da calidade da formación e as tarefas realizadas, así como o seu custo. O sistema deberá contar con partes diarios de traballo asinados polas persoas traballadoras.

Artigo 23. Os custos derivados da realización do informe auditor

Os gastos derivados da realización do informe auditor, no suposto de que a xustificación se realice mediante a presentación da conta xustificativa con informe asinado por unha persoa auditora rexistrada.

Artigo 24. Custos de persoal de apoio asociados á actividade formativa

1. Os custos de persoal de apoio interno necesarios para a xestión e execución da actividade formativa.

2. Inclúense neste concepto os gastos de persoal directivo e administrativo estritamente necesarios para a preparación, xestión e execución da acción formativa, tales como os gastos de selección de alumnado.

3. A entidade beneficiaria deberá crear, documentar e custodiar un sistema con valor probatorio suficiente para acreditar as horas dedicadas por cada persoa diariamente a estes labores de apoio e as tarefas realizadas, así como o seu custo. O sistema deberá contar con partes diarios de traballo asinados polas persoas traballadoras.

Artigo 25. Custos financeiros asociados á actividade formativa

1. Os gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada e que resulten indispensables para a súa axeitada preparación ou execución. Non serán subvencionables os xuros debedores das contas bancarias.

2. Neste concepto poderanse incluír os seguintes gastos:

a) Gastos de apertura dunha conta bancaria e o seu mantemento.

b) Gastos de asesoramento legal, notaría, asesoramento técnico ou financeiro que estean ligados á preparación e execución da actividade formativa.

c) Aval bancario.

Artigo 26. Outros custos asociados á actividade formativa

1. Inclúense neste artigo: luz, auga, calefacción, mensaxeira, correo, limpeza, vixilancia, teléfono, comunicacións, mantemento das instalacións e equipamentos formativos e outros custos, non especificados anteriormente, asociados á execución da actividade formativa.

2. Estes custos deberá imputalos a entidade beneficiaria da actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade. Neste caso, enténdese como actividade subvencionada a totalidade do programa formativo. A actividade subvencionada abranguerá todas as fases necesarias para o desenvolvemento e xustificación do programa de formación.

Capítulo IV

Iniciación, instrución e resolución do procedemento

Artigo 27. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun 1 mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 28. Forma e lugar de presentación das solicitudes e documentación complementaria

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo I, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados nas bases reguladoras e/ou a correspondente convocatoria, ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase o solicitante para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, considerarase desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

2. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación complementaria sinalada nos artigos 29 e 30 desta orde.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A documentación complementaria que deba presentarse xunto coa solicitude ou noutras fases do procedemento, achegarase electronicamente mediante a presentación do documento orixinal de se tratar dun documento dixital ou da imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica, e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma técnica de interoperabilidade de dixitalización de documentos.

5. As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma técnica de interoperabilidade do catálogo de estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou gradación de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).

As imaxes electrónicas que acheguen as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia, exclusivamente, no ámbito da actividade das administracións públicas.

As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de 5 anos desde a presentación da imaxe electrónica.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 29. Declaración responsable que forma parte da solicitude

Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e na cal se farán constar os aspectos seguintes:

a) Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

– Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención.

– Se se solicitaron e/ou concederon outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención, deberán relacionarse estas.

b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.

c) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.7 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Que os lugares de impartición das accións formativas serán aqueles que están inscritos ou acreditados para tal fin, nos termos do artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e do artigo 6.1 Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, e que son aptos e cumpren e manterán as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa, nomeadamente, a obriga de impartir a formación nos espazos e cos medios formativos acreditados e/ou inscritos para tal fin, así como a de manter as exixencias técnico-pedagóxicas, de instalacións, equipamento e medios humanos tidas en conta para a acreditación ou inscrición da especialidade.

g) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.

h) Que naqueles supostos en que nunha aula estea previsto impartir máis dunha especialidade, as ditas especialidades poden impartirse cos mesmos medios.

i) Que a entidade conta con capacidade suficiente en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, así como de aulas e instalacións en xeral para asumir na súa totalidade a execución completa do programa de formación que solicita.

j) Que de acordo co disposto no artigo 41.15, as impresións dixitais das persoas traballadoras ocupadas rexistradas pola propia entidade formadora se corresponden coas das persoas que din ser.

k) Que son certos os datos relativos ao investimento tecnolóxico da entidade a que se refire o artigo 34.1.e) desta orde.

A presentación das declaracións responsables a que se refire a presente orde que falseen ou oculten circunstancias que impidan ou limiten a concesión da subvención ou o seu pagamento, así como que alteren a puntuación obtida na baremación, poderá ter a consideración dunha infracción moi grave nos termos do artigo 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas posibles consecuencias sancionadoras que se recollen na dita norma e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Artigo 30. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo I, a seguinte documentación.

a) Copia da escritura de constitución da entidade ou dos estatutos sociais da entidade debidamente legalizados.

b) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).

c) Acreditación de que a entidade solicitante está acreditada e/ou inscrita pola Administración pública competente, para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia nas especialidades formativas obxecto da formación.

d) Acreditación da presentación e do pagamento de taxas, códigos 31.41.01 e/ou 31.41.02, da declaración responsable para a inscrición de entidade de formación para impartir especialidades formativas incluídas no catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal, non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade, no Rexistro da Xunta de Galicia, prevista no artigo 5.2 desta orde, de ser o caso.

Na web da Consellería de Emprego e Igualdade, https://ceei.xunta.gal/formacion-persoas-traballadoras-ocupadas, está publicado un modelo orientativo de declaración responsable para facilitar o cumprimento do trámite.

e) Programa de formación que conterá, como mínimo, a seguinte información e documentación:

– Ámbito territorial de aplicación do programa e ámbito sectorial, de ser o caso.

– Obxectivos, contidos, metodoloxía e modalidade.

– Accións formativas que se desenvolverán, con indicación da familia e área profesional que corresponda. No caso de accións formativas vinculadas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais deberase indicar a que certificado ou certificados de profesionalidade van dirixidos. Deberán incluír os módulos transversais, se é o caso.

– Número de alumnas e alumnos por acción formativa.

– Colectivos destinatarios, desagregados por colectivos prioritarios e categorías ou grupos profesionais.

– Custo estimado das accións formativas.

– Anualidade prevista, total ou parcial, de ser o caso, con indicación do número de horas imputadas a cada anualidade, para a realización das actividades formativas.

– Lugar, instalación e medios previstos para impartir as accións formativas que, no caso de accións conducentes á obtención dos certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais destes, deberán cumprir os requisitos que se establecen no real decreto que regule o correspondente certificado de profesionalidade e, no suposto de especialidades formativas non vinculadas con certificados de profesionalidade, deberán aterse ás exixencias contidas na correspondente ficha do catálogo a que se refire o artigo 20.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro.

– Para os efectos de seguimento e control das actividades da acción formativa, naqueles cursos que se impartirán nas modalidades de teleformación ou mixta, deberanse proporcionar as claves e credenciais de acceso á correspondente plataforma web cos perfís de administrador/a, de titor/a-formador/a e de alumno/a.

– Para os supostos de accións formativas a impartir na modalidade de teleformación ou mediante aula virtual referenciados no artigo 41.15.b) da presente orde, memoria técnica acreditativa de que a tecnoloxía e/ou aplicación informática que se utilizará para verificar e acreditar a asistencia do persoal docente e titor, así como do alumnado, mediante control biométrico, DNI electrónico, sinatura dixital ou método similar garante a correcta identificación das persoas, ademais dos métodos para seguir o número de horas de conexión, realización de exercicios prácticos e a superación de controis periódicos.

– Cando as especialidades formativas que se solicitan estean vinculadas a certificados de profesionalidade, as entidades deberán, ademais, achegar a seguinte documentación:

• Programa formativo elaborado pola propia entidade, tomando como base para a súa elaboración o contido do correspondente certificado de profesionalidade e segundo a estrutura dunha acción formativa normalizada de formación profesional para o emprego.

• Compromiso da subscrición do convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluídas no certificado de profesionalidade.

f) Ficha de cada acción formativa segundo o modelo que figura como anexo IV desta orde.

g) Acreditación documental de dispor dun sistema ou modelo de xestión de calidade vixente na data límite de presentación das solicitudes relativo á súa actividade de formación profesional para o emprego, para aqueles centros en que solicite súa a avaliación de acordo co previsto no artigo 34.1.f) desta orde.

Artigo 31. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 32. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 33. Procedemento

1. O órgano instrutor do procedemento é a Subdirección Xeral de Formación para o Emprego.

2. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas concrecións que se establecen na presente orde.

3. Recibidas as solicitudes, procederase ao seu estudo e revisión.

Unha vez analizada a documentación achegada polas entidades solicitantes, os expedientes que cumpran os requisitos para a obtención da subvención remitiranse polo órgano instrutor, xunto cun informe sobre o proceso de tramitación e instrución das solicitudes, á Comisión de Valoración, coa finalidade de que poida proceder ao seu estudo e cualificación aplicando os criterios de avaliación técnica establecidos nesta orde.

De acordo coa valoración que realice atendendo aos criterios establecidos no artigo 34, a Comisión de Avaliación emitirá un acta no que se concrete o resultado da avaliación e a proposta de entidades beneficiarias da subvención, con indicación da contía da axuda que lles corresponde e os anexos coas puntuación obtidas polas accións formativas que cumpriran cos requisitos para ser avaliadas.

4. A Comisión de Avaliación estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral de Promoción Laboral, que a presidirá, e serán vogais dúas persoas que sexan técnicos da Dirección Xeral de Formación e Colocación, unha das cales actuará como secretario ou secretaria.

5. Se, por calquera causa, cando a Comisión de Avaliación teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non poida asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

6. No suposto de opoñerse á consulta ou, de ser o caso, de non prestar o consentimento expreso a que se refire o artigo 31 desta orde, as entidades deberán acreditar, tanto antes de ditarse a resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das entidades recollidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

7. Á vista dos expedientes, logo da súa baremación e dos informes preceptivos que se emitan, o órgano instrutor formulará proposta de resolución.

Esta resolución irá acompañada de anexo en que figuran as anualidades, totais ou parciais, de ser o caso, con indicación do orzamento imputado a cada anualidade, para a realización das actividades formativas, segundo información achegada pola persoa solicitante de acordo co disposto nos artigos 28, 29 e 30 da presente orde.

Artigo 34. Criterios de avaliación

1. A avaliación das solicitudes realizarase aplicando os seguintes criterios de avaliación:

a) Pola inclusión no programa formativo de especialidades formativas vinculadas a familias profesionais con maior relación coa industria 4.0 e as competencias dixitais (anexo II): ata 20 puntos.

Considérase a porcentaxe de horas que representen sobre o total de horas das accións formativas do programa formativo aquelas que se recollen no anexo II.

b) Pola inclusión de especialidades formativas con maior demanda por parte das persoas traballadoras (anexo III): ata 20 puntos.

Considérase a porcentaxe de horas que representen sobre o total de horas das accións formativas do programa formativo aquelas que se recollen no anexo III.

c) Pola inclusión de especialidades formativas propostas polas organizacións sindicais e empresariais en función das necesidades formativas que detectaron no tecido produtivo galego pola súa función de prospección (anexo VI): ata 20 puntos.

Considérase a porcentaxe de horas que representen sobre o total de horas das accións formativas do programa formativo aquelas que se recollen no anexo VI.

d) Pola inclusión de accións formativas prioritarias segundo a Lei 30/2015, do 9 de setembro (anexo V): ata 15 puntos.

Considérase a porcentaxe de horas que representen sobre o total de horas das accións formativas do programa formativo aquelas relacionadas coas competencias transversais de idiomas, ofimática e tecnoloxías da información e a comunicación, coñecementos financeiros, xurídicos e do funcionamento das administracións públicas que se indican no anexo V.

e) Investimento tecnolóxico da entidade no momento de presentación da solicitude: ata 5 puntos.

Referirase á contía de I + D que desenvolve a entidade para introducir de forma significativa as novas tecnoloxías para a impartición da formación: porcentaxe de investimentos (adquisicións) para a innovación tecnolóxica (I+D interna, maquinaria, equipamento, hardware, software, licenzas de patentes) que a entidade de formación realizou en relación coa súa cifra total de negocios e medirase como porcentaxe de euros de investimento en tecnoloxía sobre a cifra anual de negocio da empresa.

Este criterio de baremación acreditarase por medio dunha declaración responsable, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

f) Pola capacidade acreditada da entidade para desenvolver a formación que solicita valorarase a situación da entidade de formación e/ou de cada un dos seus centros, na data límite de presentación da solicitude, con respecto á implantación dun sistema ou modelo de calidade vixente para a xestión/actividade da formación profesional para o emprego con ata 5 puntos.

A puntuación distribuirase do seguinte xeito:

– A entidade e a totalidade dos centros para os cales solicita subvención acreditan ter implantado un sistema ou modelo de calidade vixente na xestión/actividade da formación profesional para o emprego: 5 puntos.

– A entidade e máis do 50 % dos centros para os cales solicita subvención acreditan ter implantado un sistema ou modelo de calidade vixente na xestión/actividade da formación profesional para o emprego: 3 puntos.

– A entidade e entre o 30 e o 50 % dos centros para os cales solicita subvención acreditan ter implantado un sistema ou modelo de calidade vixente na xestión/actividade da formación profesional para o emprego: 2 puntos.

– A entidade acredita ter implantado un sistema ou modelo de calidade vixente na xestión/actividade da formación profesional para o emprego: 1 punto.

g) Pola porcentaxe que represente o número de horas das persoas formadoras do propio cadro de persoal da entidade solicitante, previstos para a realización da actividade docente, respecto do total de horas de docencia previstas para o conxunto do programa de formación proposto: ata 3 puntos.

h) Pola eficiencia económica do programa de formación: ata 4 puntos.

Avaliarase a eficiencia económica do programa en función da minoración do custo por hora/persoa alumna con respecto ao máximo financiable para as accións formativas incluídas no programa.

Despois de sumados os custos previstos no programa, calcularase a porcentaxe de minoración que representan, de ser o caso, sobre a suma do máximo custo financiable para as accións formativas contidas no programa.

2. A aplicación dos devanditos criterios realizaraa a Comisión de Avaliación e contará co apoio dos medios e recursos tecnolóxicos dispoñibles e da aplicación informática SIFO, e emitirá a acta que conteña os anexos coas puntuacións obtidas.

3. O emprego da lingua galega na realización das accións formativas utilizarase como primeiro criterio de selección no caso de empate.

O compromiso do emprego da lingua galega deberá referirse, nas modalidades presencial ou mixta, a súa utilización polas persoas docentes na impartición das accións formativas. Para o suposto da modalidade de teleformación este compromiso estará referido ao idioma no que estean redactados os contidos virtuais.

Para o caso de que persista o empate, terán preferencia as solicitudes que teñan mellor puntuación de entre os criterios de avaliación técnica descritos anteriormente e na orde establecida para eles.

Finalmente, no suposto de continuar o empate aplicarase, como criterio de selección definitiva, a data e hora de presentación da solicitude.

4. A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións avaliables para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen terá os efectos recollidos no último parágrafo do artigo 5.4 da presente orde.

As circunstancias avaliables acreditadas mediante as declaracións responsables a que se fai mención neste artigo serán obxecto de especial seguimento e control por parte do persoal técnico da Consellería de Emprego e Igualdade e/ou da entidade a que se lle encargue ou encomende mediante o instrumento xurídico correspondente á realización das ditas actividades.

Artigo 35. Límites para o financiamento dos programas de formación

1. A concesión das subvencións realizarase a través da comparación das solicitudes presentadas a cada tipo de programas de formación, co fin de establecer unha prelación entre elas, de acordo cos criterios de avaliación técnica fixados nesta orde, e adxudicarase a aquelas que obtivesen maior puntuación de avaliación técnica co límite de financiamento fixado para cada tipo de programa de formación.

2. Nos supostos en que no procedemento de selección dos programa formativos se esgote o crédito dalgunha anualidade orzamentaria, entenderase que poderán seleccionarse os programas formativos para ser impartidos noutro exercicio orzamentario diferente do solicitado, agás que na súa solicitude a entidade manifestase expresamente que non se acepta cambio de anualidade; caso en que se entenderá que desiste da súa solicitude de axuda para programa formativo afectado, polo que quedará excluída da selección con independencia da puntuación obtida.

3. De se produciren dispoñibilidades de crédito como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia, ou como consecuencia de posibles minoracións, renuncias (totais ou parciais, segundo os casos) ou modificacións nas subvencións concedidas, o órgano instrutor poderá realizar novas propostas de concesión de proxectos continuando coa orde de prelación fixada pola Comisión de Avaliación ata esgotar o novo crédito.

Artigo 36. Resolución e modificación

1. A resolución dos expedientes de axudas corresponderalle, unha vez fiscalizada a proposta pola Intervención competente, á persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, por delegación da persoa titular da consellería, e deberá ser notificada ás persoas interesadas.

2. O prazo para resolver e notificar será de tres meses, e sempre dento do exercicio 2021. O dito prazo computarase desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención.

Transcorrido o citado prazo sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas entenderán desestimada a súa solicitude.

Non poderán formularse solicitudes de subvencións para accións formativas que comecen nunha data anterior ao prazo establecido de tres meses para resolver e notificar.

3. As resolucións dos expedientes comunicaranse á Comisión Galega de Formación Profesional Continua.

4. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, a entidade proposta como beneficiaria disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación, a través da aplicación informática SIFO; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase, de acordo co disposto no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tacitamente aceptada.

A aceptación da concesión da subvención implica que a entidade interesada recoñece que conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, para asumir na súa totalidade a execución completa dos accións formativas concedidas, así como que se compromete a dispor deles ao longo de todo o período de execución da actividade subvencionable.

No suposto de que decida renunciar á aceptación na súa totalidade, as entidades estarán obrigadas a comunicar a súa renuncia no prazo de dous meses logo de recibiren a notificación da resolución definitiva, prazo que poderá ser ampliado mediante resolución da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Caso de que decida solicitar unha renuncia parcial tras a aceptación, as entidades tamén estarán obrigadas a comunicar a súa renuncia no prazo mínimo de dous meses tras á aceptación, e máximo de dous meses antes do remate do prazo de execución das accións formativas do programa formativo. Nestes casos, poderán ditarse novas resolucións nos termos da disposición adicional primeira, coa finalidade de designar outra entidade beneficiaria segundo a puntuación obtida.

A Dirección Xeral de Formación e Colocación deberá ditar resolución expresa sobre a renuncia, nos termos preceptuados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A comunicación da renuncia deberá efectuarse exclusivamente a través o programa informático SIFO, que disporá dun punto único para efectuar todos os envíos de documentación á Administración. Unicamente no caso de que non fose posible por problemas técnicos, a persoa interesada podería realizar a súa presentación electrónica accedendo ao seu expediente na Carpeta cidadá, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento TR302A).

A Dirección Xeral de Formación e Colocación deberá ditar resolución expresa sobre a renuncia, nos termos preceptuados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se remata o prazo límite de execución dunha acción formativa sen que esta se iniciase nin conste unha renuncia expresa, entenderase como tacitamente renunciada.

Tanto nos supostos de rexeitamento expreso como tácito, poderán ditarse novas resolucións nos termos da disposición adicional primeira, coa finalidade de seleccionar outras accións formativas segundo a puntuación obtida. As accións formativas da entidade renunciante serán excluídas na súa totalidade do novo proceso de selección.

5. A resolución da concesión de subvención fixará expresamente a contía total concedida e a puntuación técnica obtida, así como a prohibición de subcontratación, e incorporará o correspondente programa de formación e as condicións, as obrigacións e as determinacións accesorias a que deba estar suxeita a entidade beneficiaria, como a repartición de orzamento por anualidades.

Calquera modificación posterior referida á modificación de horas que afecte a repartición de orzamento entre diferentes anualidades deberá ser autorizada pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación e estará suxeita á dispoñibilidade de crédito.

6. Unha vez ditada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria poderá solicitar a súa modificación. Esta modificación deberá fundamentarse en circunstancias sobrevidas tras a resolución e durante o prazo de execución da actividade subvencionada para cada entidade beneficiaria e formalizarse con carácter inmediato ao seu acaecemento e, en todo caso, antes da finalización do citado prazo de execución.

O órgano competente para resolver deberá ditar resolución en que acepte ou denegue a modificación proposta no prazo de dous meses desde a data na que a solicitude teña entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación, salvo que a convocatoria estableza un prazo inferior. Unha vez transcorrido este prazo sen notificarse resolución expresa, a solicitude poderá entenderse desestimada. As resolucións poderán retrotraer os seus efectos, como máximo, ao momento da presentación da solicitude de modificación.

7. Ao abeiro do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe da subvención na proposta de resolución sexa inferior á solicitude presentada, poderase instar da entidade beneficiaria a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgada.

Posteriormente, as entidades poderán facer, como máximo, dúas reconfiguracións do programa, tendo en conta que a primeira, de ser o caso, deberá facerse, como mínimo, un mes despois da notificación da resolución e a última deberá facerse, como máis tarde, cando falten dous meses para o remate do prazo de execución das accións formativas do programa.

8. Non se poderá realizar ningunha reconfiguración que, unha vez realizado un novo cálculo de avaliación técnica, poida diminuír a puntuación asignada ao programa de formación, por debaixo da que resultou necesaria para obter unha subvención no tipo de programa de formación de que se trate.

9. A priorización das accións formativas derivadas da reconfiguración do programa executarase ata o importe concedido.

Calquera modificación desa priorización deberá ser autorizada pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, tendo en conta que cando se solicite modificar parcialmente o número do alumnado previsto dalgunha acción formativa, xa iniciada no momento da solicitude de reconfiguración, o número do alumnado previsto nunca poderá ser inferior ao número do alumnado xa iniciado.

Artigo 37. Notificacións e trámites administrativos posteriores á tramitación de solicitudes

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.

Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. A presentación de documentación derivada das notificacións practicadas ao abeiro do presente artigo será realizada de acordo co disposto no último parágrafo do artigo 36.4 da presente orde.

Artigo 38. Recursos

As resolucións ditadas poñen fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse, potestativamente, recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, se o acto for expreso, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, se o acto non for expreso, de conformidade co que preceptúan os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 39. Publicidade das subvencións

1. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2. Así mesmo, e tal como se recolle no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicando a convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

3. Igualmente, publicaranse na páxina web oficial nos termos previstos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

4. As persoas beneficiarias das axudas concedidas incluiranse no Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios e mais no de Sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2006, e regulados polo Decreto 132/2006, do 27 de xullo.

Capítulo V

Execución dos programas de formación

Artigo 40. Execución

1. As beneficiarias poderán executar os programas de formación desde a data de notificación da resolución de concesión da subvención ata o 30 de novembro de 2022.

2. A execución do programa de formación será realizada pola entidade beneficiaria tendo en conta que a subvención outorgada terá o carácter de importe máximo e destinarase á realización das accións formativas obxecto do programa. En todo caso, durante a execución do programa de formación non se poderán incluír accións formativas non aprobadas, nin modificar a duración nin a modalidade delas, salvo autorización da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

3. Consonte o previsto no artigo 19.3 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, as entidades beneficiarias non poderán subcontratar con terceiros a execución da actividade formativa subvencionada. Para estes efectos, a contratación pola entidade beneficiaria de persoal docente para a impartición da formación non se considerará subcontratación.

Por contratación de persoal docente enténdese exclusivamente a contratación de persoas físicas.

Artigo 41. Obrigas en relación coa execución da actividade formativa

1. Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, de ser o caso, a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público.

2. Realizar a actividade formativa que fundamenta a concesión da subvención, de acordo coas condicións e requisitos formais e materiais que se establecen nesta orde de convocatoria, así como coas condicións de aprobación que serviron de base para determinar a avaliación técnica e a subvención que se vaia conceder.

Non poderá comezar ningunha acción formativa que non conte coa validación previa do persoal técnico competente, a través da aplicación informática SIFO.

3. Aceptar as modificacións que, de ser o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición sinalados na solicitude.

4. Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego e Igualdade calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución das accións formativas programadas, no prazo de dous días hábiles desde que se teña coñecemento de que se vai producir ou dun día hábil desde que se produza.

5. Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación con dez días hábiles de antelación ao día en que vaian ter lugar a realización de viaxes ou visitas de carácter didáctico.

A Dirección Xeral só poderá denegar estas actividades mediante resolución motivada, especialmente nos casos en que se propoñan máis dunha visita por módulo, cando o seu contido non supoña unha achega formativa para o alumnado ou reitere actividades xa realizadas.

6. Solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, con cinco días de antelación, autorización para realizar calquera modificación substancial no desenvolvemento das accións formativas, salvo en casos de forza maior, que se notificará en canto sexa posible.

Esta obriga afecta especialmente o horario, o calendario e o lugar de impartición, que deben estar permanente actualizados no sistema SIFO, para posibilitar a verificación e control efectivos da execución da actividade formativa.

7. Informar o alumnado do alcance da formación e de se esta conduce ou non á obtención dun certificado de profesionalidade completo ou á súa acreditación parcial.

Así mesmo, deberá informarse ás persoas participantes dos requisitos necesarios para poder participar na actividade formativa e, naqueles casos nos que a realización da formación teña lugar mediante a modalidade de teleformación ou a través de aula virtual, dos medios técnicos necesarios e adecuados para poder asistir con aproveitamento á actividade.

Da comunicación ás persoas asistentes da dita información deberá quedar constancia mediante escrito asinado polo alumnado que se incorporará ao expediente electrónico recollido en SIFO.

8. Velar por que todo o alumnado dunha acción formativa reciba a mesma formación, así como o mesmo número de horas tanto teóricas como prácticas, independentemente de que a parte práctica teña lugar no propio centro ou en centros de traballo.

9. Expoñer no taboleiro de anuncios do centro e, de ser o caso, na páxina web, o programa completo da acción formativa temporizada por módulos, os dereitos e deberes do alumnado e dos centros e entidades de formación, así como a relación do persoal docente e o horario da acción formativa.

No anuncio farase referencia expresa aos organismos cofinanciadores da acción formativa.

10. Respectar a obrigatoriedade da gratuidade para as persoas participantes das accións formativas comprendidas no programa de formación.

11. A entidade beneficiaria informará as persoas participantes en situación de desemprego das axudas e bolsas que poidan solicitar á Dirección Xeral de Formación e Colocación e facilitaralles apoio para a cobertura telemática da solicitude normalizada a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, remitindo, de ser o caso, á Dirección Xeral de Formación e Colocación nos dez primeiros días de cada mes a correspondente documentación da solicitude xunto coa xustificación de asistencia á formación.

12. En aplicación do disposto na Lei 2/2012, do 28 de marzo, de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, as entidades deberán dispor de follas de reclamación á disposición de todas as persoas usuarias.

13. Velar por que o persoal docente reciba unha contraprestación proporcional ás horas impartidas en cada acción formativa e ao seu módulo económico.

14. Aboar mensualmente ao persoal docente a súa remuneración a través de transferencia bancaria. Non exime desta obriga o feito de que a entidade beneficiaria non percibise os anticipos previstos nesta orde.

15. Dispor dun sistema de control biométrico para o seguimento e control do alumnado e do persoal docente compatible co sistema establecido polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

En función da modalidade en que teña lugar a realización da acción formativa, presencial, mixta ou teleformación, e de se a especialidade formativa está dirixida ou non á obtención dun certificado de profesionalidade, serán de aplicación os seguintes criterios:

a) Na modalidade presencial ou na parte presencial das modalidades de teleformación e/ou mixta, o control de asistencia realizarase mediante control biométrico e controis de asistencia que deberán asinar diariamente ao inicio e ao finalizar a actividade (de ser a acción formativa en horario de mañá ou de tarde), e catro veces ao día, de impartirse a acción formativa en xornada partida: ao inicio e ao fin da xornada de mañá e ao inicio e ao remate da xornada de tarde.

Tanto o conxunto do alumnado como o persoal docente estarán obrigados a efectuar o referido control de presenza, de entrada e saída diaria, mediante o control biométrico e, simultaneamente e con carácter subsidiario, mediante partes de asistencia.

Para os efectos de poder efectuar o devandito control de asistencia, o alumnado participante, tanto o ocupado como o desempregado, e o persoal docente poderán rexistrar a súa impresión dixital na propia entidade formadora con carácter previo á data de inicio ou de incorporación á acción formativa.

A correspondencia entre as impresións dixitais e a persoa que identifican acreditarase mediante declaración responsable, cuxo contido deberá respectar o disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta declaración responsable deberase presentar a través da aplicación SIFO. A presentación dunha declaración responsable que falsee as condicións requiridas para a concesión da subvención ou oculte as circunstancias que a impedisen ou limitasen terá os efectos recollidos no último parágrafo do artigo 5.4 da presente Orde.

b) Nas accións formativas que se impartan na modalidade de teleformación ou na parte de teleformación da modalidade mixta, e naqueles casos en que a formación se desenvolva mediante aula virtual, o control de asistencia deberá efectuarse a través dos instrumentos previstos na Orde TMS/368/2019, de 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento, e na Orde TMS/369/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Rexistro Estatal de Entidades de Formación do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como os procesos comúns de acreditación e inscrición das entidades de formación para impartir especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades formativas.

As entidades deberán dispor da tecnoloxía necesaria para verificar e acreditar a participación ou asistencia do alumnado e do persoal docente, segundo o caso, mediante o uso de control biométrico, DNI electrónico, sinatura dixital ou método similar que garanta a identificación correcta dos participantes, ademais dos métodos para seguir o número de horas de conexión, a realización de exercicios prácticas e a superación dos controis periódicos.

Na formación presencial desenvolvida mediante aula virtual, esta deberá contar cun rexistro de conexións xerado pola aplicación da aula virtual no que se identifique as persoas participantes na aula e as súas datas e tempos de conexión, así como contar cun mecanismo que posibilite a conexión durante o tempo de realización da aula por parte dos órganos de control para os efectos de permitir realizar aquelas actuacións de seguimento e control que procedan.

Os datos de calquera dos métodos de control de asistencia aos que se refire esta subepígrafe b) deberán ser mecanizados pola entidade beneficiaria na aplicación COBIPE, no prazo improrrogable de 3 días hábiles desde a impartición da sesión á que se refiran. Así mesmo, a través do sistema informático SIFO, e no momento de solicitar a liquidación, deberán incluír os xustificantes e/ou partes de asistencia ou facilitar os medios de acceso ás aplicacións correspondentes, para os efectos do correspondente control por parte da unidade administrativa.

c) Nos certificados de profesionalidade, no relativo á realización do módulo de prácticas non laborais en empresas, o control de asistencia non requirirá o control biométrico, e estará limitado a controis de asistencia que deberán asinar diariamente (de ser a acción formativa en horario de mañá ou tarde) ao inicio e ao finalizar a actividade, e catro veces ao día de ser a acción formativa en xornada partida (ao inicio e ao fin da xornada de mañá e ao inicio e ao fin da xornada de tarde).

16. Non está permitida a realización de accións formativas presenciais ou mediante aula virtual en horario nocturno. Para os efectos desta orde, enténdese como horario nocturno o período de tempo comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas.

Con carácter excepcional e previa solicitude da entidade beneficiaria debidamente xustificada mediante memoria explicativa, poderá autorizarse a realización de accións formativas que total ou parcialmente se impartan dentro do horario nocturno establecido no anterior parágrafo.

17. Contratar un seguro de accidentes para o alumnado no caso das accións formativas de modalidade presencial e na parte presencial da modalidade mixta e de teleformación, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento da acción formativa, como os do traxecto ao lugar de impartición das clases teóricas, das prácticas e das probas presenciais.

A súa duración abranguerá o período da acción formativa, incluíndo expresamente, cando estas se realicen, as prácticas en empresas, sen que poida admitirse restrición nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado.

A cobertura mínima deste seguro será a prevista no artigo 19 desta orde e non se admitirán pólizas con franquías.

18. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar da súa realización para os bens e as persoas. Non se admitirán pólizas con franquías.

19. No caso das accións formativas de especialidades asociadas a certificados de profesionalidade deberá remitir a seguinte documentación.

• Informe individualizado de cada alumna e alumno que cualifique os progresos acadados en cada un dos módulos profesionais da acción formativa, segundo o modelo especificado no anexo VI da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

• Acta da avaliación do alumnado, segundo o modelo especificado no anexo VII da Orde ESS/1897/2013, así como a documentación que se requira para os procesos de seguimento e control da calidade das accións formativas, segundo o establecido nos artigo 14 e 18 do Real decreto 34/2008 e nos capítulos I e II do título III da devandita orde.

20. Incluír en toda a documentación relativa á acción formativa os logotipos da consellería da Xunta de Galicia e do ministerio competentes en materia de emprego, así como calquera outro que puidese establecer a Dirección Xeral de Formación e Colocación mediante unha circular ou instrución ao respecto.

21. Ademais das obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e das establecidas con carácter xeral para todos os centros e entidades de formación no artigo 7 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, as entidades beneficiarias das axudas deberán achegar os documentos orixinais de se tratar dun documento electrónico ou a imaxe electrónica dos documentos orixinais, de se tratar dun documento en papel, que se indican nesta orde e nos prazos sinalados, tendo en conta que os datos da xestión da acción formativa deberán introducirse en liña a través da aplicación informática SIFO que a Dirección Xeral de Formación e Colocación porá á disposición dos centros.

Para que este proceso en liña poida realizarse, os centros e entidades deberán dispor da infraestrutura necesaria para unha axeitada comunicación de saída á internet.

Artigo 42. Especificacións de control de asistencia por razóns de saúde

1. As entidades beneficiarias que impartan accións formativas subvencionadas no marco do procedemento TR302A poderán aplicar, de ser o caso, por razóns de saúde e para os efectos de cumprir coas disposicións que limiten a capacidade como consecuencia da situación e evolución da COVID-19 o establecido neste artigo en materia de controis de asistencia e de horarios.

2. Na modalidade de impartición presencial, así como na parte presencial da modalidade de teleformación, poderase seguir empregando o control biométrico de asistencia para persoal docente e alumnado mediante impresión dixital sempre que se garanta a seguridade e hixiene suficiente a través do uso de xeles ou composicións hidroalcohólicas, pero tamén se poderá substituír total ou parcialmente, para todos os efectos, a través de tarxeta de fichaxe, DNI electrónico ou sinatura electrónica mediante a captura de sinatura dixitalizada con datos biométricos e por outros métodos que permitan reflectir e ter constancia da hora e minutos de entrada e saída.

Se a entidade acredita suficientemente que non pode pór en funcionamento algún dos ditos sistemas de control de asistencia con anterioridade ao comezo ou continuación da acción formativa (por desabastecemento do mercado da tecnoloxía necesaria, acreditado documentalmente mediante a certificación de, cando menos, 3 empresas provedoras; por negativa, acreditada documentalmente, a empregar calquera dos anteriores métodos por parte do 75 % do alumnado; ou por imposibilidade de que a Administración competente verifique os datos biométricos), poderá solicitar a Dirección Xeral de Formación e Colocación autorización para que o control de asistencia se limite á sinatura manual do parte de asistencias, con indicación exacta de hora e minutos de entrada e saída.

Cando a Dirección Xeral de Formación e Colocación autorice este método de control, a entidade beneficiaria deberá presentar, a través da aplicación SIFO e no momento da solicitude de liquidación, as declaracións responsables individualizadas, asinadas por cada unha das persoas participantes, en que ratifiquen a súa asistencia a todas e cada unha das sesións e nos horarios reflectidos nos partes de asistencia, que deberán anexarse á dita declaración.

Os datos de calquera dos métodos de control de asistencia a que se refire este número deberán ser mecanizados pola empresa ou entidade beneficiaria na aplicación COBIPE, no prazo improrrogable de 3 días hábiles dende a impartición da sesión a que se refiran. Asemade, a través do sistema informático SIFO, e no momento de solicitar a liquidación, deberán incluír os partes de asistencia e as declaracións responsables escaneadas ou facilitar os medios de acceso ás aplicacións correspondentes, para o correspondente control por parte da unidade administrativa.

O incumprimento dalgunha destas obrigas de mecanización en prazo e inclusión de documentación na aplicación suporá que se perderá o dereito a percibir a liquidación correspondente á sesión non mecanizada.

Artigo 43. Documentación de xestión das actividades formativas

1. A beneficiaria requirirá de cada persoa alumna, previamente ao inicio da acción formativa, a seguinte documentación:

a) Copia do DNI.

b) Para os efectos de posibles notificacións, envío de diplomas ou remisión de certificados emitidos por solicitude da persoa interesada, esta deberá incluír para a súa incorporación na aplicación informática de SIFO o enderezo de correo electrónico das persoas participantes na actividade formativa.

c) Acreditación da súa condición de persoa ocupada ou desempregada.

d) Acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que establezan os programas formativos ou, de ser o caso, o real decreto que regule os correspondentes certificados de profesionalidade.

e) Documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais, se é o caso.

f) Documentos de información ao alumnado da subvención, debidamente asinados.

2. A beneficiaria arquivará separadamente por cada acción formativa, e incorporará á aplicación SIFO a documentación sinalada no anterior número 1, así como o programa completo da acción formativa temporizado por módulos, as fichas de inicio, os modelos de solicitude de inscrición recibidos, a acta ou actas de selección, de ser o caso, e os controis de aprendizaxe.

3. O centro que imparta accións formativas correspondentes a certificados de profesionalidade deberá dispoñer dos documentos que figuran nos puntos 6 e 8 do artigo 22 da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro. Así mesmo, deberán incorporar tales documentos á aplicación informática SIFO.

Artigo 44. Remisión de información e documentación de xestión das actividades formativas

1. Os datos da xestión da acción formativa deberán introducirse en liña a través da aplicación informática SIFO que a Dirección Xeral de Formación e Colocación porá á disposición dos centros.

As entidades beneficiarias deberán achegar o documento orixinal de se tratar dun documento electrónico ou a imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel, nos prazos sinalados.

2. A entidade beneficiaria remitirá á Dirección Xeral de Formación e Colocación a través da aplicación informática e, como mínimo, cinco días hábiles antes do inicio da acción formativa:

a) Con carácter xeral:

• A planificación temporal: as datas de inicio e remate e o horario de impartición (as accións formativas, das clases, para a parte presencial e da docencia e das titorías para a parte de teleformación), especificando na modalidade mixta a data de inicio de cada unha das partes.

Deberase indicar, así mesmo, a previsión das visitas didácticas ao longo da acción formativa.

• O programa completo, agás naquelas especialidades que teñen programación modular.

• O enderezo completo do lugar de impartición e teléfono de contacto.

• A relación nominal do alumnado seleccionado, xunto con:

– Copia do DNI.

– Acreditación de estar en posesión da formación exixible, de ser o caso.

– Autorización asinada para a utilización dos seus datos persoais para o control e seguimento da acción formativa no marco da normativa de protección de datos. A autorización deberá conter a declaración responsable da persoa traballadora de que os documentos que achega son auténticos.

Na relación deberá especificarse o número do DNI e o número de afiliación á Seguridade Social. Unicamente poderán iniciar a acción formativa as persoas traballadoras cuxas autorizacións fosen remitidas á Dirección Xeral de Formación e Colocación.

• A identificación da persoa coordinadora ou responsable da acción formativa.

• A relación nominal de docentes con especificación dos seus DNI.

• A acreditación da formación e/ou experiencia profesional das persoas docentes.

• As persoas docentes encargadas da impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica deberán acreditar 150 horas de formación en materia de xénero ou de experiencia profesional ou docente en materia de xénero.

• Os instrumentos da avaliación válidos e fiables, cun sistema de corrección e puntuación obxectivos.

• A identificación do persoal que vai realizar as tarefas relacionadas directamente co seguimento do proceso de aprendizaxe, asesoramento e orientación do alumnado, así como as de dinamización no caso das actuacións de teleformación.

• A identificación do persoal que asuma as tarefas de administración e dirección estritamente necesarias para a preparación, xestión e execución da acción formativa.

• O seguro de accidentes das persoas participantes.

• As chaves de acceso á correspondente plataforma de teleformación e/ou aula virtual, se é o caso.

• A documentación en que se reflicta a metodoloxía utilizada para o cálculo e imputación dos gastos e a porcentaxe que se imputa, cando se trate dunha imputación parcial de gastos directos ou dunha imputación de gastos comúns a varias actividades.

• Compromiso da calidade na xestión, segundo o disposto no punto 13 do artigo 74 desta norma.

• Anexo de comunicación de datos que deberá incluír, como mínimo, a seguinte información:

• O enderezo completo do lugar de impartición e teléfono de contacto.

• As datas de inicio e remate da acción formativa, así como o horario de impartición.

• A relación nominal do alumnado seleccionado que asinase a autorización para a utilización dos seus datos persoais para o control e seguimento da acción formativa, no marco da normativa de protección de datos, e que conteña a declaración responsable da persoa traballadora de que os documentos que achega son auténticos. Na relación deberá especificarse o número do DNI e o número de afiliación á Seguridade Social. Unicamente poderán iniciar a acción formativa as persoas traballadoras cuxas autorizacións fosen remitidas á Dirección Xeral de Formación e Colocación.

• A identificación da persoa coordinadora ou responsable da acción formativa.

• A relación nominal de docentes con especificación dos seus DNI.

• De ser o caso, a relación nominal, con especificación dos seus DNI, do persoal de seguimento do proceso de aprendizaxe, asesoramento e orientación do alumnado, así como do de dinamización no caso de actuacións de teleformación.

• De ser o caso, a relación nominal, con especificación dos seus DNI, do persoal que asuma as tarefas de administración e dirección.

b) No caso de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade, deberá achegarse ademais:

– A planificación didáctica, elaborada segundo o anexo III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

– A programación didáctica de cada módulo formativo e, se é o caso, unidades formativas, utilizada como guía de aprendizaxe e avaliación, elaborada segundo o anexo IV da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

– A planificación da avaliación, de acordo co anexo V da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

– A formación metodolóxica dos docentes que van impartir a acción formativa e relación dos módulos que impartirá cada un deles, así como a acreditación do cumprimento dos requisitos establecidos para cada módulo formativo no real decreto que regula o correspondente certificado de profesionalidade. Cada módulo poderá ser impartido, como máximo, por dúas persoas formadoras.

– O convenio ou acordo subscrito coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluídas no certificado de profesionalidade.

3. Durante o desenvolvemento das accións formativas a beneficiaria remitirá á Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través da aplicación informática, os seguintes documentos:

a) O día de inicio da primeira clase presencial de cada acción formativa:

– Anexo de certificación xustificativa do comezo da acción formativa coa sinatura das alumnas e alumnos iniciais e do docente e, de ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no punto 2.

b) No caso do alumnado incorporado despois do primeiro día de clase e dentro do primeiro cuarto de duración da acción formativa, ou durante os 5 primeiros días lectivos, desde o inicio da acción formativa, para aqueles que participen en formación vinculada a un certificado de profesionalidade:

– Copia do DNI e autorización para a utilización dos seus datos persoais para o control e seguimento da acción formativa e, de ser o caso, acreditación da formación exixible.

c) Mensualmente:

– De ser o caso, e de terse producido incidencias no sistema de control biométrico de asistencia debidamente acreditadas perante o equipo de soporte, partes diarios e mensuais de asistencia no modelo xerado pola aplicación SIFO asinados polo alumnado participante e polo persoal formador ao inicio e ao final de cada xornada, así como da persoa responsable da entidade beneficiaria. Desas partes deberanse identificar, de maneira veraz, as persoas participantes e expresar as horas realizadas diariamente por cada unha delas, reflectindo expresamente o número de horas de ausencia.

– Comunicación de incidencias, de ser o caso.

4. Ao finalizar cada grupo, a entidade beneficiaria deberá completar a información relativa á finalización e remitirá á Dirección Xeral de Formación e Colocación, a través da aplicación informática SIFO, os seguintes documentos:

a) No caso de accións formativas a impartir na modalidade de teleformación ou na modalidade mixta: informe dos controis de teleformación, comunicando os seguintes datos referidos a cada control de aprendizaxe:

– Programa de formación, acción formativa e grupo.

– Código que permita identificar a proba e os resultados conseguidos polo/a participante. Estes datos deben ser almacenados polo sistema de teleformación empregado para a execución da acción formativa.

– Indicativo de se a persoa participante realizou a proba. En caso afirmativo, consignarase a data e hora en que se desenvolveu o control, o tempo empregado para o desenvolvemento do control de aprendizaxe e o resultado obtido, con indicación da cualificación como superado ou non superado.

b) Documento das titorías das horas presenciais en que se indique o alumnado titorizado, duración, horario, módulo formativo reforzado e sinatura da persoa alumna e da persoa titora.

c) Os centros que impartan accións formativas correspondentes a certificados de profesionalidade deberán remitir o informe de avaliación individualizado e a acta de avaliación, debidamente asinados por todo o persoal docente do módulo formativo e pola persoa responsable do centro de formación.

5. A non comunicación nos prazos establecidos implicará que o correspondente grupo de formación se considerará non realizado para efectos da liquidación económica da subvención, salvo que a non comunicación en prazo se deba a causas imprevistas, debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

Nos mesmos termos, a asistencia de alumnado non comunicado a un grupo dunha acción formativa suporá que o grupo afectado se considerará como non realizado.

Artigo 45. Persoas destinatarias da formación

1. As accións formativas obxecto de financiamento mediante esta orde dirixiranse, prioritariamente, a persoas traballadoras ocupadas.

A entidade beneficiaria, deberá dar a coñecer as accións formativas correspondentes entre as empresas e as persoas traballadoras do ámbito a que dirixe o seu programa formativo, co fin de que poidan exercer o seu dereito á formación, nos termos da Orde TMS/368/2018, do 28 de marzo, e sen prexuízo da participación das organizacións empresariais máis representativas e as representativas no correspondente ámbito de actuación e sector na difusión das accións formativas, de acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 30/2015, de 9 de setembro.

A consideración de persoa traballadora ocupada virá determinada pola situación laboral en que se atope ao comezo da formación.

2. Para os efectos desta orde, terán a consideración de persoas traballadoras ocupadas as que resulten afectadas por medidas temporais de suspensión de contrato como consecuencia da aplicación dun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), ou dun expediente de regulación de emprego (ERE), motivadas por causas económicas, técnicas, organizativas, de produción ou de forza maior.

Neste senso, será de aplicación o disposto na Orde TES/1109/2020, do 25 de novembro, pola que se modifica a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, que inclúe unha nova disposición adicional sétima relativa á participación das persoas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego en accións de formación profesional para o emprego e na cal, de acordo co establecido na disposición adicional terceira do Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego, así como no artigo 47.4 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, as persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego, suspensións dos contratos de traballo ou as reducións de xornada, por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción o derivadas de forza maior, poderán participar na oferta formativa para persoas traballadoras ocupadas en calquera programa de formación, con independencia do tipo e ámbito sectorial del.

Para estes efectos, as persoas traballadoras non terán a consideración de desempregadas para os efectos do límite de participación destas, previsto no artigo 5.1.b), parágrafo segundo, do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, ao manter vixente a súa relación laboral coa empresa, aínda que se atopen en situación de suspensión de contrato de traballo ou de redución de xornada.

Así mesmo, de acordo co disposto no punto 1 da disposición adicional terceira do Real decreto lei 30/2020, do 28 de setembro, as persoas traballadoras que se encontren en situación de suspensión de contrato ou de redución de xornada como consecuencia dun expediente de regulación temporal de emprego dos referidos na dita norma terán a consideración de colectivo prioritario para o acceso ás iniciativas de formación do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

3. Así mesmo, poderán solicitar participar nas accións formativas dos programas de formación transversais e nos dirixidos á cualificación e recoñecemento profesional previstos no artigo 3 da presente orde, as persoas pertencentes aos colectivos que a seguir se relacionan e sempre que as persoas dos ámbitos a que se dirixa o programa formativo correspondente non ocupasen todas as prazas ofertadas:

a) As persoas traballadoras asalariadas que prestan os seus servizos en empresas ou en entidades públicas non incluídas no ámbito de aplicación dos acordos de formación nas administracións públicas e cotizan á Seguridade Social en concepto de formación profesional.

b) As persoas traballadoras fixas descontinuas nos períodos de non ocupación.

c) As persoas traballadoras que accedan á situación de desemprego cando se encontren en período formativo.

d) As persoas traballadoras ou socias das cooperativas, sociedades laborais e entidades da economía social e outras persoas socias das devanditas entidades sempre que acheguen actividade económica, así como as persoas traballadoras incluídas no réxime especial de autónomos, do mar e outros de Seguridade Social que non coticen pola continxencia de formación profesional, cun límite máximo do 10 % do total de participacións en cada programa.

e) As persoas desempregadas, nos termos previstos nos artigos 46 e 49 desta orde.

f) O persoal ao servizo das administracións públicas, cun límite máximo do 10 % do total de participacións en cada programa.

g) En xeral, persoas traballadoras ocupadas de empresas privadas, en centros de traballo localizados no ámbito territorial galego.

4. A participación nas accións formativas dos programas de formación solicitarase ante as entidades beneficiarias e será requisito necesario que o centro de traballo, ou o domicilio fiscal no caso dos autónomos, se atope na Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Nos programas de formación poderán participar persoas desempregadas consonte o previsto nos artigos 46 e 49 desta orde.

6. Poderán seguir asistindo á formación as persoas traballadoras que accedan a situación de desemprego cando se atopen no período formativo.

Igualmente, se durante o desenvolvemento da acción formativa algunha alumna ou alumno pasa a situación laboral de persoa traballadora ocupada, poderá continuar asistindo á acción formativa sempre que haxa total compatibilidade entre o horario formativo e o laboral.

7. Dentro da programación de formación profesional para o emprego financiada con fondos públicos, o alumnado que resulte seleccionado para unha acción formativa non poderá asistir en ningún caso a outra simultaneamente, dentro do mesmo período de realización da actividade formativa na que estea participando.

Artigo 46. Participación de persoas desempregadas

1. En todos os programas de formación poderán participar persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego nunha oficina de emprego de Galicia, cun límite máximo do 30 % do total de persoas participantes de cada programa.

O número total de horas de participación das persoas traballadoras desempregadas non poderá superar o 30 % das horas totais do programa de formación.

Non será precisa a inscrición como demandante de emprego cando unha norma específica así o determine e, en particular, no suposto de persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.

2. As persoas traballadoras desempregadas poderán ser beneficiarias das bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Considerarase que a persoa participante está ocupada ou desempregada en función da súa situación laboral o día en que inicie a acción formativa.

Artigo 47. Convocatorias públicas para a selección de alumnado

Dentro das actividades de difusión e promoción das accións formativas previstas no artigo 20 desta orde, as entidades beneficiarias poderán realizar convocatorias públicas naqueles medios e canles que consideren convenientes. Estes anuncios deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) Necesariamente deberá facerse constar o financiamento da acción por parte da Consellería da Xunta de Galicia competente en materia de formación para o emprego, e figurar neles tanto o logotipo da Xunta de Galicia como o do ministerio competente en materia de emprego.

Especificarase claramente, como mínimo, a institución ou centro ofertante, as vacantes existentes, a acción formativa de que se trata, o perfil requirido do alumnado, o enderezo e teléfono do lugar de realización das probas de selección, así como a data e a hora.

b) O custo dos anuncios que non se adapten aos requisitos establecidos nesta orde, ou a calquera outro que poida establecer a Dirección Xeral de Formación e Colocación, non será aboado con cargo ás axudas previstas.

Artigo 48. Selección de alumnado

1. A selección do alumnado participante nas accións formativas será realizada pola entidade beneficiaria entre as persoas traballadoras que soliciten a súa participación en cada acción formativa e que pertenzan aos colectivos a que se refire esta orde.

As solicitudes de participación custodiaranas as entidades beneficiarias das subvencións e estarán á disposición dos órganos de control.

2. Independentemente do modo de selección dos participantes, a entidade está obrigada a verificar que as persoas alumnas cumpran os requisitos de participación exixibles na especialidade formativa en cuestión.

As entidades priorizarán na participación nos correspondentes procesos selectivos ás persoas que exerzan o seu dereito de elección de centro, a través da páxina web https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-formacion.html, con preinscrición directa ante a entidade ou centro de formación correspondente, ou por outros medios que determine a Dirección Xeral de Formación e Colocación a través da correspondente instrución ou circular.

3. No caso de formación conducente á obtención dun certificado de profesionalidade ou de acreditacións parciais, terá prioridade de selección o alumnado que xa iniciase o dito certificado, e corresponderalle á entidade beneficiaria comprobar os requisitos de acceso do alumnado aos módulos formativos que se determinen nos correspondentes certificados de profesionalidade.

4. Segundo o previsto no artigo 6 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, no caso de ter cursado un módulo formativo por unidades formativas, para que o devandito módulo formativo teña validez é preciso ter superadas todas as unidades formativas definidas para o módulo e sempre que o participante cursase, de forma consecutiva, polo menos unha unidade formativa por ano.

5. Cando inicien a formación persoas que non cumpren os requisitos exixibles, procederase á inmediata anulación destas na acción formativa correspondente.

6. As persoas que realizasen unha acción formativa e teñan dereito a diploma non poderán volver realizar a mesma acción formativa. No caso de detectarse esta circunstancia, deberán ser dadas de baixa.

Exceptúanse do anterior aqueles supostos en que exista normativa específica que obrigue á reciclaxe formativa dun determinado colectivo e así o acredite a entidade ou centro de formación.

As persoas candidatas a asistir á formación deberán ser informadas do disposto neste punto no momento de realización do proceso de selección, e deberá deixarase constancia documental de que recibiron esta información.

7. A entidade beneficiaria da subvención dará a coñecer as accións formativas que promova entre as empresas e as persoas traballadoras a que vai dirixida a formación, co fin de que aquelas que o desexen poidan exercer o seu dereito á formación. O anterior enténdese sen prexuízo da participación das organizacións empresariais máis representativas e as representativas no correspondente ámbito de actuación e sector, na difusión das accións formativas, de acordo co establecido no artigo 10.2 da Lei 30/2015, do 9 de setembro.

Artigo 49. Selección de persoas traballadoras desempregadas

1. As entidades beneficiarias que se acollan ao seu dereito de selección directa do alumnado traballador desempregado deberán remitir a acta de selección á oficina de emprego competente, para que poida validala no que se refire a este colectivo.

A validación da acta polas oficinas de emprego, no prazo máximo de 5 días naturais desde a recepción do documento, será requisito previo imprescindible para que poida comezar a acción formativa.

2. Se as entidades beneficiarias non elixen o procedemento de selección directa do alumnado e queren que persoas traballadoras desempregadas poidan ser seleccionadas para participar en accións formativas, deberán seguir, ante as oficinas de emprego correspondentes, o procedemento que se estableza para estes supostos na orde que regule o plan de formación para o emprego das persoas traballadoras desempregadas de Galicia (procedemento TR301K).

Artigo 50. Incorporacións e suspensión

1. As entidades beneficiarias poderán incorporar alumnado dentro do primeiro cuarto de duración da acción formativa. Para estes efectos, poderase incluír como suplentes na relación de persoas participantes ata un 20 % máis dos previstos, que poderán cubrir posibles baixas ao inicio da acción formativa e estarán identificados na comunicación de maneira diferenciada.

2. De se tratar de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade, unicamente se poderá incorporar alumnado durante os primeiros 5 días lectivos desde o inicio da acción formativa, sempre que non se superase o primeiro cuarto da súa duración.

Superados os primeiros 5 días, só poderán incorporarse á acción formativa aquelas persoas alumnas que teñan pendentes un ou varios módulos formativos para finalizar a súa formación. A súa incorporación só poderá realizarse dentro dos cinco primeiros días do módulo/s formativo/s que teña pendente/s, sempre que non se superase o primeiro cuarto deste módulo. A persoa responsable da súa impartición deberá comprobar, mediante as probas e/ou a xustificación documental pertinente, o nivel da persoa alumna.

Naqueles casos en que se impartan módulos formativos integrantes do certificado de profesionalidade de que parte do alumnado estea exenta na súa realización, os cinco primeiros días lectivos serán referidos aos cinco primeiros días dos módulos formativos en que participe a totalidade do alumnado.

3. Se durante a impartición dunha acción formativa o alumnado baixa do 50 % do número programado sen que se poidan dar novas altas, a entidade beneficiaria poderá solicitar a súa suspensión á Consellería de Emprego e Igualdade.

No caso de suspensión, a entidade terá dereito a unha indemnización, que será proposta pola Comisión de Avaliación e aprobada pola persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade, calculada de acordo co principio de proporcionalidade, que nunca será superior aos gastos efectivamente xustificados.

4. A Administración poderá proceder á suspensión cautelar da execución dunha acción formativa cando se observen anomalías que repercutan significativamente no desenvolvemento normal da impartición da formación.

5. Cando se programen certificados de profesionalidade completos para impartir de forma modular, co fin de facilitar o acceso a cada un dos módulos que integran o certificado, poderanse incorporar alumnas e alumnos durante os primeiros cinco días lectivos desde o inicio de cada un dos módulos programados ou se non se superou o 25 % da súa duración, tendo en conta a opción que primeiro se cumpra de entre as dúas anteriores, sempre que o alumnado que se vaia incorporar cumpra os requisitos de acceso á formación requiridos no artigo 20.2 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.

Artigo 51. Dereitos e deberes do alumnado

1. A formación será gratuíta en todo caso para todo o alumnado das accións formativas incluídas nesta orde.

2. O alumnado que estea desempregado terá dereito a percibir as axudas ou bolsas que estableza a Consellería de Emprego e Igualdade.

3. Dentro da programación de formación profesional para o emprego financiada con fondos públicos, o alumnado que resulte seleccionado para unha acción formativa non poderá asistir en ningún caso a outra simultaneamente. Tampouco poderá causar baixa nunha acción formativa financiada dentro desta programación para acceder a outra financiada con fondos públicos.

As entidades beneficiarias informarán a todo o alumnado desta incompatibilidade antes do comezo de cada acción formativa a través dun medio que permita acreditar tal comunicación.

4. As alumnas e os alumnos participantes terán a obriga de:

– Asistir e de seguir con aproveitamento as accións formativas.

– Asinar os controis de asistencia requiridos.

– Rexistrar a súa entrada e saída á acción formativa no sistema de control biométrico, ou o que proceda segundo a modalidade de impartición regulada nos artigos 41 e 42 da presente orde.

– Facilitar a documentación que lles sexa solicitada polo centro ou entidade impartidora, segundo o establecido nestas bases, dentro dos 10 primeiros días lectivos.

– Responder o formulario da enquisa de avaliación da calidade da acción formativa que se lle remitirá por vía telemática ao remate da actividade formativa, ou, de ser o caso, que se lle entregará en soporte de papel para a súa cobertura.

Nas accións formativas de especialidades formativas correspondentes a certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, terán a obriga de presentar copia da documentación acreditativa dos requisitos de acceso para poder participar nela. De ser o caso, tamén deben presentar a documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais.

5. Os alumnas e alumnos deberán ser dados de baixa nunha acción formativa cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

– Modalidade presencial: o alumnado será dado de baixa da acción formativa no caso de que as faltas de asistencia superen o 25 % das horas lectivas.

– Modalidade mixta: o alumnado será dado de baixa da acción formativa no suposto de que as faltas de asistencia superen o 25 % das horas lectivas presenciais ou non realicen o 75 % das avaliacións correspondentes ás horas de teleformación.

– Modalidade de teleformación: o alumnado será dado de baixa da acción formativa no suposto de que non realicen o 75 % das avaliacións correspondentes.

6. Serán causa de exclusión por razóns disciplinarias:

– Atentar contra os dereitos das persoas alumnas, do persoal docente ou da propia entidade formadora.

– Non seguir con suficiente aproveitamento a acción formativa ou dificultar o seu normal desenvolvemento.

– Negarse a efectuar os controis biométricos de asistencia, ou os que procedan segundo a modalidade de impartición.

– Negarse a entregar a documentación requirida pola entidade formadora ou a unidade administrativa correspondente, necesaria para dar cumprimento á normativa aplicable.

O procedemento para dilucidar se procede a exclusión será resolto pola persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación e iniciarase mediante solicitude debidamente motivada por parte da entidade formadora á que se acompañará toda a documentación que se estime pertinente para xustificar a dita petición.

A persoa proposta para exclusión será obxecto de audiencia nun prazo de 5 días hábiles por parte do Servizo de Formación e Colocación da xefatura territorial en cuxo ámbito se localice o enderezo de intermediación, logo do cal formulará a súa proposta de resolución.

Durante a tramitación deste procedemento, a persoa alumna que o motiva poderá ser suspendida de asistencia á acción formativa, ata a notificación da resolución definitiva, contra a cal, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada as persoas interesadas.

Artigo 52. Expedición de diplomas

1. Para ter dereito a diploma o alumnado deberá cumprir os requisitos de acceso exixidos para asistir á acción formativa e rematar con aproveitamento un o varios módulos formativos dunha acción formativa cumprindo coas seguintes condicións:

a) Modalidade presencial:

Asistir e superar o 75 % de cada un dos módulos que integran a acción formativa ou asistir e superar o 75 % da especialidade formativas incluída na acción formativa, segundo se trate respectivamente de especialidades vinculadas ou non a certificados de profesionalidade.

No caso de especialidade vinculadas a certificados de profesionalidade, esta porcentaxe non afectará o alumnado que curse unha ou mais unidades formativas soltas integrantes dun modulo formativo destinado á obtención dun certificado de profesionalidade, sempre que estean exentos das realización das unidades formativas ás cales non asistan por telas xa cursadas de acordo co establecido no artigo 6.2 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.

b) Modalidade mixta: ademais de cumprirse os criterios anteriores en relación coas horas presenciais, deberá superar con aproveitamento o 75 % dos controis programados para a parte específica das horas impartidas por teleformación.

No caso de que o número de sesións presenciais sexa menor de catro, a porcentaxe de asistencia obrigada reducirase ao 66 % se hai tres sesións, ou ao 50 % se hai dúas, para os efectos de permitir unha única falta de asistencia.

En calquera caso, nunha acción formativa mixta o alumnado deberá asistir polo menos a unha sesión presencial.

c) Modalidade de teleformación: superar con aproveitamento o 75 % dos controis programados para a parte específica das horas impartidas por teleformación.

Para os efectos do dereito a diploma, as porcentaxes do aproveitamento non precisarán computar, para o seu cálculo, as horas do módulo transversal.

2. A Dirección Xeral de Formación e Colocación determinará o modelo do diploma que se vai entregar no cal, en todo caso, deberá constar:

a) Nome, apelidos e DNI da alumna ou alumno.

b) A denominación da acción formativa.

c) As horas de impartición con especificación das horas presenciais ou de teleformación, de ser o caso.

d) O lugar e as datas de realización.

e) O programa da acción formativa extractado por módulos.

f) Os logotipos da Consellería da Xunta de Galicia e do ministerio ou organismo competentes en materia de emprego que cofinancie as accións formativas.

g) O módulo de igualdade, no caso de terse realizado.

3. O alumnado que non teña dereito a diploma recibirá, se a solicita, unha certificación polas horas e módulos que superase.

4. Tanto a emisión dos diplomas como, de ser o caso, a expedición de certificados polas horas e módulos realizados efectuarase en soporte electrónico.

5. Cando a formación que se vai impartir conduza á obtención dun certificado de profesionalidade ou de acreditacións parciais, teranse en conta os módulos formativos e requisitos que se determinen nos correspondentes certificados, aprobados en desenvolvemento da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño.

Esta formación certificarase nos termos establecidos na citada lei, na súa normativa de desenvolvemento e no artigo 7 do Real decreto 694/2017, sempre que se cumpran estritamente os requisitos de alumnado, profesorado, instalacións e avaliación recollidos nos reais decretos que regulan as correspondentes certificacións. Teranse en conta os artigos 27 e 28 do capitulo IV da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

6. Cando a formación se basee en especialidades formativas non conducentes á obtención dun certificado de profesionalidade, terase en conta o contido e os requisitos establecidos nas fichas dos respectivos programas formativos, segundo figuren no catálogo de especialidades do Servizo Público de Emprego Estatal, recollido no artigo 20.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro.

Artigo 53. Subcontratación

1. A execución das accións formativas será realizada directamente pola entidade beneficiaria, sen que poida subcontratala con terceiros.

Para estes efectos, suxeito ao disposto no punto 2 deste artigo, a contratación do persoal docente para a impartición da formación subvencionada por parte da entidade beneficiaria non se considerará subcontratación, entendéndose como tal, exclusivamente, a contratación de persoas físicas.

Tampouco se considerará subcontratación a contratación daqueles outros custos en que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actividade formativa obxecto de subvención.

As entidades beneficiarias deberán contar con medios propios para as funcións de programación e coordinación da dita actividade formativa, asumindo, en todo caso, a responsabilidade da execución da actividade subvencionada fronte á Consellería de Emprego e Igualdade e debendo asegurar o desenvolvemento satisfactorio das funcións de seguimento e control.

De acordo co artigo 15.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, as instalacións e recursos poderán ser propios ou ben de titularidade de terceiros, mediando acordo ou contrato de dispoñibilidade, e sempre que isto non implique subcontratación da actividade formativa.

2. A contratación de persoal docente para a impartición da formación non se considerará subcontratación sempre que se realice baixo as seguintes formas:

a) Contratación realizada directamente pola entidade beneficiaria de persoal docente por conta allea.

b) Contratación realizada directamente pola entidade beneficiaria de profesionais docentes ou docentes que sexan persoas traballadoras por conta propia.

Por contratación de persoal docente enténdese exclusivamente a contratación de persoas físicas.

3. As aulas, talleres e demais superficies das entidades de formación deberán ser as incluídas na acreditación e/ou inscrición da entidade no rexistro que as habilita para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia. No caso de que se trate dun contrato de arrendamento con carácter permanente, non se considerará subcontratación.

O incumprimento do previsto no parágrafo anterior determinará que se considere improcedente e non se admita a imputación do custo que resulte afectado.

Non obstante, permitirase a utilización de aulas, talleres e demais superficies diferentes ás que figuren na acreditación/inscrición da entidade no rexistro, cando concorran circunstancias de forza maior que impidan a súa utilización, logo de autorización expresa por parte da Dirección Xeral de Formación e Colocación e sempre que as aulas, talleres e superficies empregadas en substitución cumpran cos requisitos exixidos pola normativa aplicable.

4. Non se poderá contratar con terceiros a xestión, execución ou apoio, programación e coordinación do programa formativo.

5. A actividade de avaliación e control non se considera actividade formativa para estes efectos, polo que se pode encomendar a súa realización a terceiros.

Artigo 54. Xustificación do valor de mercado

1. Cando o importe do custo subvencionado supere as contías previstas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para os contratos menores, a beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, non vinculados entre si, con carácter previo á contratación do compromiso para obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas características non exista non mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. Este aspecto deberá ser suficientemente xustificado pola persoa ou entidade beneficiaria. A suficiencia da xustificación achegada será valorada pola Administración actuante.

Para o cálculo do custo subvencionado indicado no parágrafo anterior considerarase como unha única contratación a entrega de bens ou prestación de servizos realizada polo mesmo provedor para a execución das actividades subvencionadas incluídas no mesmo programa formativo. Igualmente, considerarase como unha única contratación a entrega de bens ou prestación de servizos realizada por distintos provedores, cando resulte posible a súa contratación conxunta cun único provedor.

Non se admitirá o fraccionamento dun contrato co obxecto de eludir o cumprimento do disposto no punto precedente.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación ou, de ser o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme a criterios de economía e eficacia, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non escolla a oferta economicamente máis vantaxosa.

2. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

A Administración poderá comprobar o custo e valor de mercado das actividades subvencionadas a través de prezos de mercado, valores establecidos en taxacións oficiais ou referencias legais, ditames de peritos da Administración ou, en xeral, por calquera medio de proba admitido en dereito.

A constatación da existencia dun sobrecusto por parte da Administración dará lugar a dedución da parte proporcional do custo da actividade subvencionada.

3. As beneficiarias deberan achegar as tres ofertas, xunto cunha declaración responsable da beneficiaria da subvención de non estar vinculada con entidades ou persoas provedoras.

Artigo 55. Contratación con empresas vinculadas

1. Entenderanse por persoas e empresas vinculadas aquelas que se atopen nalgunha das situacións previstas no artigo 68.2 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En ningún caso poderá contratarse a prestación ou adquisición de servizos ou subministracións necesarios para a execución da actividade subvencionada cunha persoa ou entidade vinculada coa beneficiaria, salvo que concorran as seguintes circunstancias:

a) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

b) Que se obteña a autorización previa da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

3. As entidades beneficiarias serán responsables de que na execución da actividade subvencionada contratada sexan respectados os límites establecidos na normativa reguladora da subvención en canto á natureza e á contía dos custos subvencionables. O contratista estará suxeito á obriga de colaboración para permitir a axeitada verificación do cumprimento de tales límites.

4. A carga de proba de que a contratación se realiza en condicións normais de mercado corresponderá ao beneficiario. Resultará de aplicación o previsto no artigo 55, con independencia da contía da contratación, e a Dirección Xeral de Formación e Colocación determinará a suficiencia ou insuficiencia da xustificación presentada.

5. O incumprimento da obriga de solicitar e obter a autorización da Dirección Xeral de Formación e Colocación con carácter previo á contratación con empresas vinculadas comportará a perda do dereito á percepción da subvención, en relación cos custos derivados da prestación ou adquisición dos servizos ou subministracións contratados e non autorizada.

Artigo 56. Control e seguimento das accións formativas

1. Para verificar o cumprimento do disposto nesta orde, o persoal técnico das xefaturas territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade competente segundo a localización da entidade ou centro de formación, ou a empresa contratada para tales efectos, aplicarán un sistema de seguimento e control que incluirá un número variable de visitas presenciais a aquelas accións formativas que se desenvolvan total ou parcialmente na modalidade presencial.

2. No caso de accións formativas que se impartirán nas modalidades de teleformación ou na parte de teleformación da modalidade mixta, o seguimento, para os efectos de verificar a evolución do desenvolvemento da actividade formativa, efectuarase mediante accesos aleatorios á plataforma de teleformación a través do uso de claves e credenciais de acceso con perfil de administrador/a, titor/a-formador/a ou alumno/a que, para tales efectos, deberá facilitar a entidade beneficiaria.

Se así se determina este seguimento poderá complementarse con chamadas telefónicas por mostraxe que se realizarán ás persoas participantes na actividade.

3. Cando a acción formativa se desenvolva a través de aula virtual, poderán efectuarse conexións durante o tempo de impartición da formación por parte dos órganos de control para os efectos de permitir realizar aquelas actuacións de seguimento que procedan.

A entidade deberá facilitar, nos termos establecidos no artigo 44, as credenciais que permitan o acceso a aula.

4. A Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá determinar pautas e ditar instrucións para homoxeneizar as actividades de control e seguimento.

As actuacións, ademais da realización de visitas ás accións formativas aprobadas, poderán consistir na realización de enquisas ao alumnado e persoal docente, información respecto do progreso da acción e do seu grao de execución en cada momento, así como actuacións de control da elixibilidade dos custos imputados a cada acción formativa.

5. Nas accións formativas impartidas, total ou parcialmente, mediante a modalidade de teleformación, así como naquelas en que se faga uso da aula virtual, as actuacións de seguimento e control deberán verificar o cumprimento dos requisitos que para esta modalidade e para a aula virtual se determinan na normativa aplicable e, nomeadamente, nas seguintes normas:

– Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

– Orde TMS 369/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Rexistro Estatal de Entidades de Formación do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como os procesos comúns de acreditación e inscrición das entidades de formación para impartir especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades formativas.

6. Cando se trate de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade, nas distintas actuacións de seguimento e control comprobarase que o centro dispón de:

a) Instalacións e equipamentos adecuados, que se axustan ao establecido ao respecto nos reais decretos polos que se regulan cada un dos certificados de profesionalidade e se manteñen en boas condicións para a súa utilización.

b) Documentos que acrediten que as persoas que imparten a formación, a titorización-formación e o alumnado reúnen os requisitos establecidos para impartir a formación e acceder a ela, respectivamente.

c) Planificación didáctica, cuberta segundo o anexo III da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

d) Programación didáctica de cada módulo formativo e, de ser o caso, unidades formativas, utilizada como guía de aprendizaxe e avaliación, cuberta segundo o anexo IV da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

e) Planificación da avaliación, cuberta de acordo ao anexo V da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

f) Instrumentos de avaliación validos e fiables, cun sistema de corrección e puntuación obxectivo.

g) Documento que reflicta os resultados obtidos polo alumnado en cada instrumento da avaliación aplicado e en cada módulo formativo, segundo o modelo do anexo VI da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

h) Acta da avaliación cos resultados obtidos polo alumnado en cada instrumento de avaliación aplicado e en cada módulo formativo, segundo o modelo do anexo VII da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

i) Programa formativo do módulo de formación práctica en centros de traballo, segundo o modelo incluído no anexo VIII da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

7. Cando nunha acción formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non poidan ser emendadas no prazo concedido para o efecto, e que incidan negativamente na súa calidade docente, cancelarase por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión, logo da proposta da xefatura territorial competente.

Artigo 57. Avaliación da calidade das accións formativas

1. En cumprimento do establecido no capítulo V da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, realizarase unha avaliación e control da calidade da formación que se execute no marco destas bases reguladoras.

2. As entidades beneficiarias deberán facer un seguimento continuo que permita a identificación de áreas de mellora e a elaboración de programas de mellora, detectando debilidades que poidan ser emendadas dentro do período de realización da acción formativa, e quedando reflectidas as actuacións levadas a cabo para tal fin na memoria final.

As actuacións realizaranse sobre unha mostra representativa que cubrirá, polo menos, o 5 % dos grupos a que se imparta a formación. Esta mostra cubrirá as accións do programa de formación tanto as priorizadas no ámbito correspondente como as transversais, así como as modalidades de impartición presentes no programa.

3. Entre as actuacións que se vaian desenvolver poderán incluírse as seguintes:

a) Actuacións de control:

– Verificación en tempo real do correcto desenvolvemento da formación en aspectos tales como locais, profesorado, horario e adecuación ao programa, entre outros.

– Constatación da satisfacción das persoas participantes a través de control telefónico aleatorio.

– Comprobación documental do cumprimento por parte dos centros de formación das súas obrigas en relación co programa de formación: control de asistencia, gratuidade da formación, publicidade da Consellería de Emprego e Igualdade, verificación documental dos gastos do programa, entre outros aspectos.

– Visitas de control interno ás oficinas onde se organiza ou xestiona o programa de formación respecto do cumprimento dos trámites e comunicacións que realizar fronte ao órgano concedente.

– Nas actividades de teleformación e aula virtual, poderanse efectuar accesos en tempo real ás plataformas de teleformación, seguimento de titorías e calquera outra que permita un adecuado control do desenvolvemento da actividade.

– Calquera outra actuación complementaria das anteriores a través de requirimentos, envío de circulares ou outros medios.

b) Actuacións de avaliación.

Poderanse realizar aquelas actuacións de avaliación que as entidades beneficiarias consideren axeitadas para garantir a eficacia, eficiencia e calidade dos seus programas de formación.

As actuacións de avaliación dependerán, en gran medida, dos obxectivos e criterios elixidos polas entidades beneficiarias.

c) Memoria de avaliación e control.

Presentarase un informe de resultados que conterá a descrición das actuacións realizadas no ámbito da avaliación e control e a relación dos recursos materiais, técnicos e humanos que resultasen necesarios para o desenvolvemento destas actuacións.

4. As actuacións realizadas en materia de avaliación polas entidades deberán comunicarse á Dirección Xeral de Formación e Colocación no momento en que se efectúen, dando traslado de copia da documentación e dos resultados obtidos a través dun informe en que queden reflectidas, así como da verificación das condicións de impartición da acción formativa e as actuacións de mellora que se realizasen a raíz dos resultados das accións de avaliación e control.

5. Deberanse incluír no informe de resultados as principais conclusións e recomendacións obtidas das actuacións de avaliación e control realizadas.

6. De acordo co previsto no artigo 2 da Resolución do 27 de abril de 2009, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se publican os cuestionarios de avaliación de calidade das acción formativas para o emprego, as entidades beneficiarias colaborarán co citado organismo, entre outras actividades, na distribución e posta á disposición das persoas participantes do cuestionario de avaliación de calidade das accións formativas que deberá ser anónimo.

Unha vez que as persoas participantes cubran o cuestionario, as entidades beneficiarias procederán á súa custodia e gravación.

Se así o determina a Dirección Xeral de Formación e Colocación, este cuestionario de avaliación da calidade poderá ser tramitado para a súa cobertura, mantendo o seu carácter anónimo, mediante medios electrónicos.

7. De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, a Consellería de Emprego e Igualdade velará pola calidade da formación profesional para o emprego e as entidades/centros de formación colaborarán na avaliación da formación que executen, seguindo as instrucións que para tal fin poderá ditar a Dirección Xeral de Formación e Colocación, en que concretará os criterios e posibles indicadores da avaliación e o tamaño da mostra representativa para avaliar os grupos de formación.

Capítulo VI

Pagamento e xustificación

Artigo 58. Pagamento, anticipos e liquidación das subvencións

1. O pagamento da subvención quedará condicionado a que as entidades beneficiarias acrediten que se atopan ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, salvo que se acredite que estas débedas están aprazadas, fraccionadas ou cando se acordase a súa suspensión.

Non poderá realizarse o pagamento da subvención cando a entidade sexa debedora por resolución firme de procedencia de reintegro.

2. Con carácter xeral, o aboamento da subvención farase efectivo da seguinte forma:

Ata o 25 % do total do importe concedido para o programa de formación, en concepto de anticipo con carácter previo ao comezo da actividade formativa, nos termos do número 8 do artigo 6 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, pode ser solicitado pola entidade beneficiaria despois de que reciba a notificación da resolución e conste a aceptación da subvención.

De igual xeito, poderase solicitar por parte da entidade beneficiaria o pagamento dun segundo anticipo de ata o 35 % adicional, calculado sobre o conxunto do importe concedido, unha vez acreditado o inicio da actividade formativa.

O número máximo de anticipos que se van solicitar polas entidades beneficiarias será de dous.

No caso de non existir a solicitude de anticipo do 25 % previa ao comezo da acción formativa, unha vez acreditado o inicio da actividade formativa, poderase solicitar de maneira conxunta un anticipo de ata o máximo do 60 % do importe concedido para o programa formativo.

Nos termos do artigo 12.2 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, o cálculo do importe dos referidos anticipos poderá calcularse sobre a base do importe concedido para o total do programa formativo, entendido este como o conxunto das accións formativas obxecto da subvención, se así o solicita a entidade beneficiaria. Así mesmo, entenderase por inicio da actividade formativa o comezo da execución da primeira acción formativa ou grupo subvencionado.

Os anticipos deberán ser solicitados a través do aplicativo informático SIFO.

Nos termos do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, os anticipos non poderá superar a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario e, polo tanto, o pagamento poderá ser dividido en dúas anualidades para respectar este límite, para o cal se adoptarán as correspondentes medidas de xestión orzamentaria que permitan a percepción do importe total do anticipo ou suma de anticipos a que se teña dereito.

Os pagamentos dos anticipos faranse efectivos no prazo máximo de tres meses, contado desde a data de presentación pola entidade beneficiaria da documentación requirida para formular a solicitude de anticipo, en atención ao disposto no referido artigo 12.2 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

3. Conforme o previsto no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, as institucións sen ánimo de lucro están exoneradas de constituír garantía para a realización dos anticipos.

Así mesmo, en aplicación do artigo 67.4 do antedito Decreto 11/2009, as entidades con ánimo de lucro quedan eximidas da obriga de constituír garantías para a realización dos anticipos.

4. En ningún caso poderán realizarse pagamentos anticipados ás persoas beneficiarias nos supostos previstos no punto 6, parágrafo terceiro, do artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Os gastos realizados con cargo aos anticipos deberán referirse á anualidade orzamentaria para a cal foron concedidos e deberán xustificarse dentro do prazo que se sinala nesta orde, de maneira que deberán xustificarse coa data límite do 31 de marzo de 2022, no caso de anticipos concedidos con cargo ao 2021, e coa data límite do 30 de decembro de 2022, para o caso de anticipos concedidos con cargo o 2022.

6. O resto do importe concedido farase efectivo, unha vez finalizado o programa formativo subvencionado e xustificados os gastos realmente efectuados por anualidade orzamentaria. Para o cálculo do importe aboable terase en consideración a xustificación presentada.

O prazo para realizar o pagamento a que se refire este punto será de seis meses, computable desde a data de presentación da solicitude en tal sentido, acompañada da correspondente documentación acreditativa.

Artigo 59. Prazo de xustificación

1. A xustificación dos gastos subvencionables deberá realizarse, a través da aplicación informática SIFO, dentro do prazo dun mes desde o remate da última acción formativa do programa de formación e de conformidade cos seguintes prazos:

a) Nos programas formativos que rematen ata o 30 de novembro de 2021, a data límite para a presentación da xustificación final das accións formativas será o 15 de decembro de 2021.

b) Nos programas formativos que rematen despois do 30 de novembro de 2021, a data límite para a presentación da xustificación final das accións formativas será o 30 de decembro de 2022. Non obstante, deberá facerse unha xustificación parcial da actividade realizada ata o 30 de novembro de 2021 e a data límite para a presentación desta xustificación parcial das accións formativas será o 31 de marzo de 2022.

2. Os custos das accións formativas poderán imputarse desde 3 meses antes do inicio do programa. Entenderase que o programa se iniciou na data do inicio do primeiro grupo da primeira acción formativa.

Serán admisibles os gastos estritamente necesarios para a realización das accións formativas, efectivamente realizados e pagados ata a data de finalización dos prazos de xustificación determinados no punto número 1 deste artigo.

Non obstante, os gastos de auditoría, auga, luz ou análogos poderán ser admisibles aínda que a data do xustificante de gasto sexa anterior ou posterior en máis dun mes ao período de execución da acción formativa, no caso que se acredite documentalmente que as subministracións ou servizos facturados foron recibidos dentro do período de execución da acción formativa e utilizados para ela.

3. Transcorrido o prazo establecido para a xustificación sen que se presentase ante a Dirección Xeral de Formación e Colocación, este requirirá a entidade beneficiaria para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación en prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A devandita dirección xeral poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, que non poderán exceder a metade deste e sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros.

4. No caso de concesión de anticipos, os gastos realizados con cargo a eles deberán referirse á anualidade orzamentaria para a que foron concedidos e deberán xustificarse coa data límite do 31 de marzo de 2022, para o caso de anticipos concedidos con cargo ao 2021, e coa data límite do 30 de decembro de 2022, para o caso de anticipos concedidos con cargo a 2022.

Artigo 60. Documentación xustificativa

1. As entidades beneficiarias deberán enviar á Dirección Xeral de Formación e Colocación a xustificación dos custos inherentes ao programa formativo, a través da seguinte documentación que deberá presentarse por cada acción formativa selada e asinada:

a) Solicitude de liquidación final.

b) Relación de nóminas e facturas.

c) As facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de todos os gastos imputables á acción formativa segundo as indicacións sobre documentación xustificativa recollidas nesta orde.

d) Certificación dos gastos.

e) Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución), para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

2. A entidade beneficiaria deberá, así mesmo, cubrir e remitir nos impresos normalizados e conforme as instrucións que se establezan para o efecto naquelas, os seguintes documentos:

a) A certificación de finalización do programa, con especificación de cada acción formativa realizada da cal se comunicase o seu inicio no momento oportuno.

b) A documentación xustificativa que acredite, como mínimo, os custos relativos ás accións formativas subvencionadas.

c) Xustificante de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, é dicir, cando o anticipo sexa superior á cantidade xustificada.

d) A documentación relativa ás actuacións de avaliación e control da calidade da formación. Nese caso enviarase coa xustificación o informe final ou memoria cos resultados, que se poderá enviarse en soporte informático.

e) No suposto de opoñerse á consulta ou, de ser o caso, de non prestar o consentimento expreso a que se refire o artigo 31 desta orde, as entidades deberán acreditar, tanto antes de ditarse a resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das entidades recollidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Documentación xustificativa relativa aos controis de aprendizaxe.

3. Os documentos xustificativos presentaranse en orixinal de se tratar dun documento electrónico ou a imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel, conforme o previsto no artigo 27 da presente orde.

4. Cando non se presentase a documentación xustificativa a que se refiren os puntos anteriores ou a documentación presentada fose insuficiente para considerar correctamente xustificada a subvención concedida, requirirase a entidade beneficiaria nos termos previstos nesta orde para que corrixa as insuficiencias observadas.

Examinada a documentación xuntada para a corrección das insuficiencias detectadas, ou transcorrido o dito prazo sen que se presentasen, efectuarase a liquidación final a partir dos xustificantes de gastos elixibles que consten no expediente.

5. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ao disposto nesta orde, o Servizo de Xestión Administrativa da Formación para o Emprego da Dirección Xeral de Formación e Colocación emitirá certificación para poder facer efectiva a correspondente liquidación da subvención concedida.

6. As entidades beneficiarias da subvención estarán obrigadas a conservar, polo menos durante 4 anos, os xustificantes da realización da actividade que fundamenta a concesión da subvención, así como da aplicación dos fondos recibidos, para os efectos das actuacións de comprobación e control. O dito prazo computarase a partir do momento en que remate o período establecido para presentar a xustificación e tendo en conta a interrupción do prazo de prescrición do dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro da subvención concedida.

As entidades que, sen ter transcorrido o dito prazo, suspendan a súa actividade ou se disolvan, deberán remitir copia da documentación xustificativa ao órgano competente.

Artigo 61. Instrucións de xustificación de custos e liquidación

1. Os datos de xestión da acción formativa deberanse introducir en liña a través da aplicación informática que a Dirección Xeral de Formación e Colocación poñerá á disposición das entidades beneficiarias.

2. A entidade beneficiaria deberá xustificar por anualidades orzamentarias os custos en que incorrese na execución das accións formativas obxecto do programa e que o gasto xustificado será o efectivamente pagado. Para que un custo se considere imputable a unha anualidade orzamentaria determinada debe estar prestado o servizo, emitida a factura e realizado o pagamento nesa mesma anualidade, e deberanse ter en conta as cantidades anticipadas, consonte o establecido nesta orde.

3. Os custos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio co detalle suficiente para acreditar a correcta aplicación dos fondos. Estes documentos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación.

A beneficiaria deberá achegar, igualmente, extractos do libro maior en que se reflictan todas as operacións contables realizadas para a execución da acción formativa e declaración responsable das empresas coas cales teña vinculación.

4. Cando, de acordo coas normas de contabilidade xeralmente aceptadas, se admita a xustificación de custos mediante notas de cargo, con estas deberán achegarse os documentos xustificativos que soportan o gasto ou as súas imputacións.

As notas de cargo deberán estar emitidas para cada entidade beneficiaria, corresponder a custos reais da entidade emisora e reunir, polo menos, os seguintes requisitos formais:

– Número e, se é o caso, serie.

– Nome e apelidos ou denominación social completa, número de identificación fiscal e enderezo tanto do expedidor como do receptor.

– Lugar e data da súa expedición.

– Concepto detallado da prestación.

5. Os recibos deberán ser emitidos por persoas físicas e admitiranse unicamente cando o servizo prestado non sexa habitual nin continuado no tempo. Deberán reunir, como mínimo, os requisitos formais indicados para as notas de cargo, así como a sinatura do receptor.

6. Cando as actividades formativas fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, a procedencia e a aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

7. O control da Consellería de Emprego e Igualdade, como órgano concedente, estendese á comprobación de que a entidade beneficiaria tivo en conta as previsións do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 62. Xustificación dos custos directos vinculados á docencia

1. A xustificación do pagamento das retribucións do persoal vinculado á docencia e á titorización do módulo de formación práctica en centros de traballo deberá facerse, en todo caso, mediante apuntamento bancario e teranse en conta as seguintes indicacións:

2. No caso de persoal contratado por conta allea, deberase achegar:

a) Nómina do persoal.

b) Documento bancario que acredite a transferencia da nómina aboada.

c) Boletíns de cotización á Seguridade Social: recibo de liquidacións de cotizacións e modelo CNT ou equivalente, e os documentos bancarios que acrediten o seu pagamento.

d) Resolución de alta no réxime xeral da Seguridade Social.

e) Modelo 190 (retencións e ingresos á conta do IRPF e xustificantes do seu pagamento (modelo 111), correspondentes aos trimestres durante os cales se desenvolveu a acción formativa), unha vez que se dispoña deles.

f) Xustificante bancario do ingreso do modelo 111 do IRPF.

g) Informe de datos de cotización (IDC), correspondentes ao período de desenvolvemento da acción formativa.

h) No caso de que a imputación á acción formativa sexa do 100 %: contrato laboral do persoal docente en que constará o seu obxecto, especificando a acción formativa da que se trate.

i) No caso de que a imputación á acción formativa sexa menor do 100 %: contrato laboral.

j) Anexo ao contrato, asinado polas dúas partes, que recolla o seu obxecto especificando a acción formativa de que se trate, así como a súa duración.

Se a contratación non foi efectuada para a realización exclusiva da acción formativa, deberá xustificarse a imputación total da nómina.

A cantidade que se imputase á acción formativa será proporcional ao número de horas efectivamente impartidas pola persoa formadora. Se non se atopa diferenciada na nómina e nesta se inclúen outros conceptos retributivos, achegarase cálculo xustificativo da imputación efectuada segundo o criterio de horas da acción formativa impartidas en relación co total de horas traballadas (segundo o tipo de contrato e o TC2).

O custo bruto por hora imputable calcularase coa seguinte fórmula:

– Masa salarial/número de horas anuais segundo convenio = custo hora persoal docente.

Na masa salarial inclúense a retribución bruta anual (incluída pro rata de pagas extra) máis o custo de Seguridade Social por conta da entidade.

– Custo imputable: número de horas impartidas * custo-hora de persoal docente.

3. No caso de persoal contratado por contrato mercantil, deberase achegar:

a) Contrato realizado en que figure o seu obxecto (impartición da acción formativa de que se trate) e a súa duración.

b) Factura correspondente á acción formativa como xustificante de gasto, en que se inclúa a denominación da acción formativa, a actividade realizada, o número de horas impartidas, o custo por hora e modalidade, a retención efectuada polo/a profesional e o importe total correspondente.

c) Xustificante de pagamento.

4. No caso de persoal que conste como socio ou socia da entidade beneficiaria, deberase achegar:

a) Factura que recolla a denominación da acción formativa, número de horas impartidas, custo por horas e modalidade e importe que se percibirá.

b) Xustificante de pagamento da factura.

c) Alta de socio ou socia no IAE.

d) Recibo de liquidación de cotización ao réxime especial de traballadores autónomos do período de execución da acción formativa.

e) En caso de cotizar no réxime xeral da Seguridade Social, deberá presentar as nóminas percibidas no período formativo e os documentos da Seguridade Social (recibo de liquidacións de cotizacións e CNT) do antedito período, así como os seus correspondentes xustificantes de pagamento.

5. No caso de persoa autónoma titular da entidade de formación, deberase achegar:

a) Declaración responsable en que conste para cada acción formativa: o importe imputado, os días de dedicación, así como as horas empregadas en cada un deles e concretarse con suficiente detalle as tarefas realizadas para o programa de formación. Igualmente, deberá constar o detalle do cálculo realizado para a fixación do custo/hora e a desagregación por conceptos do custo imputado. Esta declaración responsable deberá respectar o contido que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Alta no imposto de actividades económicas (IAE).

c) Recibos de liquidación de cotización ao réxime especial de traballadores autónomos relativos ao período de execución das accións formativas.

6. Os soportes xustificativos de impartición deben conter, polo menos, os seguintes datos:

– Denominación da acción formativa.

– Descrición do servizo prestado.

– Número de grupos facturados.

– Datas de inicio e finalización de cada grupo.

– Número de horas da acción formativa facturadas.

– O número de persoas participantes por grupo, que só será obrigatorio se a facturación se realiza en horas/persoa participante ou é individualizada.

En relación coas accións formativas dirixidas a grupos cuxa impartición por grupo non sexa homoxénea, sexan ou non impartidas por centros multimedia, poderase requirir un certificado orixinal expedido polo provedor co detalle de horas totais de formación recibidas por cada persoa participante.

Cando se trate de facturación de formación impartida na modalidade de teleformación ou na parte de teleformación da modalidade mixta, os soportes xustificativos deberán indicar o detalle de horas de cada tipo de formación.

7. Os custos deberán presentarse debidamente detallados por concepto e imputaranse por horas de actividade.

Artigo 63. Xustificación dos custos directos de preparación e titorías

1. Os criterios de xustificación deste punto seguirán as mesmas directrices establecidas para o persoal vinculado á docencia, e reflectirán de maneira separada nos xustificantes de gasto os custos derivados dos diferentes conceptos imputables.

2. No caso de que se trate de persoal interno da entidade beneficiara ou contratado para a formación, deberán remitir, ademais, certificado asinado polo/a representante legal da beneficiaria en que conste, por cada un dos conceptos de cada persoa traballadora imputada, o cargo que ocupa, a actividade desenvolvida para o programa de formación, as datas de dedicación a este e o número de horas empregadas, cunha descrición da actividade concreta realizada ou criterios de imputación de custos.

Co devandito certificado achegarase unha declaración asinada por cada unha das persoas traballadoras incluídas nel, que especifique os días de dedicación, identifique as horas empregadas e describa as tarefas realizadas en cada unha delas.

Artigo 64. Xustificación dos custos directos de amortización

1. Para a xustificación dos custos de amortización de equipamentos didácticos e plataformas de teleformación, aulas, talleres e demais superficies, deberase achegar:

a) Factura de adquisición dos elementos amortizables ou o seu correspondente apuntamento contable.

b) Xustificante de pagamento.

c) Estado do cálculo efectuado para determinar o custo imputable.

d) Presentación do modelo de cadro de amortización que figura como anexo III da Resolución do 18 de novembro de 2008, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se regula a xustificación de gastos derivados da realización de accións de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas.

e) Claves de acceso á correspondente plataforma con perfil de administrador, titor-formador ou alumno, se é o caso.

f) Declaración da entidade conforme non se imputan gastos de amortización no mesmo período temporal que noutras posibles subvencións.

2. Os custos de amortización de equipamentos didácticos, plataformas de teleformación, aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento da formación débense detallar por acción ou por acción/grupo e elemento amortizable, con indicación da referencia asignada a cada documento na aplicación telemática.

Os custos de amortización das aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento do programa de formación deberán presentarse debidamente detallados por acción formativa e concepto, imputaranse polo período de utilización e deberan ser proporcionais ás superficies e elementos estritamente necesarios para a execución da cada unha das accións formativas e polo período de execución destas. Deberase achegar plano con indicación das superficies dos espazos obxecto de amortización e con detalle das utilizadas en cada acción formativa.

Artigo 65. Xustificación dos custos directos de medios didácticos

1. Para xustificar os custos de medios didácticos, materiais didácticos e bens consumibles, deberase achegar:

a) Facturas en que se identifique a acción formativa e/ou programa de formación, así como o número de unidades e o prezo por unidade, acompañadas do seu correspondente xustificante de pagamento.

b) Xustificante de recepción detallado e asinado polo alumnado do material dun só uso que lle fose entregado de xeito individualizado e cuxo custo sexa imputado. No caso de materiais de traballo funxibles, a Dirección Xeral poderá exixir que se achegue memoria xustificativa en que se detallen as actividades desenvolvidas e a súa relación cos consumos imputados.

c) Xustificante de recepción detallado e asinado polo alumnado do material didáctico, material de protección ou seguridade que lle entregasen; cando sexa precisa a reposición de tales materiais, deberán achegar tantos xustificantes de recepción como fosen asinados.

2. Os soportes xustificativos dos gastos de medios didácticos, material didáctico e bens consumibles deberán detallar o material e o número de unidades adquiridas.

No caso de que a acción formativa se impartise baixo a modalidade de teleformación ou mixta, o soporte xustificativo deberá detallar cada un dos conceptos incluídos nos servizos prestados a través da plataforma de teleformación.

Os gastos de adquisición de material didáctico ou de material consumible utilizado na preparación dos medios didácticos ou no desenvolvemento da acción formativa presentaranse debidamente detallados por acción formativa ou por acción, grupo e concepto, e imputaranse polo número de persoas participantes deste, no caso de uso individual dos equipamentos ou plataformas; noutro caso, imputaranse por horas de utilización.

Artigo 66. Xustificación dos custos directos de alugamento e arrendamento financeiro

1. Para xustificar os custos de alugamento e arrendamento financeiro, deberase achegar:

a) Facturas correspondentes e o contrato de arrendamento ou de arrendamento financeiro, que deberán vir desagregados por acción formativa e imputaranse, se se trata de equipos didácticos, por horas de utilización e, se se trata de aulas, talleres ou outras superficies, polo período de duración da acción e de xeito proporcional aos espazos e elementos estritamente necesarios para a execución da actividade subvencionada.

Nas facturas deberán constar as condicións, período devindicado, concepto, prezo unitario e datas a que se refire.

b) No caso das plataformas de teleformación, o contrato debe especificar a titularidade de propiedade do contratado e as características da dita plataforma.

2. A documentación acreditativa dos custos de equipamentos didácticos, plataformas de teleformación, aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento da formación deberá estar detallada por acción formativa ou grupo e indicar a descrición do servizo prestado ou elemento alugado, o número de unidades e o período de alugamento facturado, con indicación da referencia asignada a cada documento na aplicación telemática.

Os soportes xustificativos dos custos das aulas, talleres e demais superficies deberán indicar, ademais, o lugar en que se atopa o inmoble, que corresponderá co lugar de impartición da acción formativa indicado, se é o caso, na correspondente comunicación da acción formativa. Deberase achegar plano con indicación das superficies dos espazos alugados e con detalle das utilizadas en cada acción formativa.

3. Os custos de alugamento de equipamentos e plataformas de teleformación imputaranse polo número de persoas participantes no caso do uso individual dos equipamentos ou plataformas; noutro caso, imputaranse polo período de utilización.

Os custos de alugamento das aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento do programa de formación imputaranse polo período de utilización e deberán ser proporcionais ás superficies e elementos estritamente necesarios para a execución de cada unha das accións formativas e polo período de execución destas.

4. Se a xustificación do custo se documenta a través dunha operación de arrendamento financeiro (leasing), cómpre presentar unha copia do contrato (incluído o cadro de amortización) e dos recibos de pagamento, tendo en conta que:

– A duración do contrato debe ser, como mínimo, de dous anos cando teña por obxecto bens mobles, e de dez anos cando teña por obxecto bens inmobles ou establecementos industriais.

– A cota do aluguer debe detallar o valor neto do ben e os gastos derivados da operación de arrendamento financeiro (leasing), como xuros, IVE e custos de seguros, os cales non son elixibles; só será elixible a parte do alugamento correspondente á compra neta do ben.

– As cotas de arrendamento financeiro (leasing) nunca poderán ter carácter decrecente e só se financiarán axustadas proporcionalmente ao tempo de utilización do elemento de que se trate no programa de formación.

– O importe máximo elixible non debe superar o valor comercial neto do ben arrendado e o custo do arrendamento financeiro (leasing) non pode ser superior ao custo que suporía o alugamento do mesmo material, sempre que exista tal posibilidade de alugamento.

Artigo 67. Xustificación dos custos directos de seguro

1. Para xustificar os custos de seguro deberase achegar:

a) O contrato subscrito entre a entidade beneficiaria e a compañía de seguros, asinado por ambas as partes e en que consten identificados a descrición do grupo, da acción formativa e do programa de formación, o tipo de seguro, as coberturas contratadas, o período de cobertura, o número de alumnas e alumnos que estean asegurados, se é o caso, e a prima satisfeita.

b) O recibo da prima satisfeita e o seu xustificante de pagamento. Non se admitirán pólizas con franquías.

2. Non deben existir diverxencias entre o recibo da prima e o contrato de seguro en que se refire a duración da acción formativa, número de póliza ou calquera outro dato que figure nos documentos.

Artigo 68. Xustificación dos custos directos de publicidade

1. Os gastos de publicidade deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e xustificaranse da seguinte forma:

– Facturas e o seu correspondente xustificante de pagamento.

– No caso de anuncio publicitario en prensa deberá achegarse, ademais da factura e o seu correspondente xustificante de pagamento, a páxina do xornal en que resulte visible o día de publicación e o medio de comunicación.

– Cando o gasto publicitario para a organización e difusión da acción formativa consista na elaboración de folletos ou carteis, xustificarase e acreditarase na forma establecida para os anuncios en prensa, e xuntarase un exemplar deles.

– Cando o gasto publicitario consista no envío de cartas, xustificarase mediante factura detallada expedida polo servizo de Correos empregado, así como o seu correspondente xustificante de pagamento. Tamén deberá presentarse unha memoria por cada acción formativa do número de cartas remitidas e o prezo unitario de cada un dos envíos, acompañado dun exemplar de cada tipo de carta remitida.

– Se o gasto publicitario se realiza por calquera outro medio distinto do descrito neste artigo, xustificarase mediante as facturas en que apareza claramente identificado o medio utilizado, o seu obxecto e o seu contido.

2. Os soportes xustificativos dos gastos de publicidade deberán incluír a descrición do servizo prestado e deberán conter o detalle suficiente que permita comprobar a vinculación do gasto imputado ao programa de formación ou á/ás acción/s formativa/s correspondente/s.

As facturas que non recollan toda a información exixida respecto ao contido poderán ir acompañadas dun certificado ou anexo, emitido polo provedor, onde se aclare ou complete a información necesaria para a validación dos importes reflectidos nela.

3. Os distintos tipos de publicidade utilizados, agás os expresamente regulados no artigo 48 para a selección do alumnado, deberán ser comunicados á Dirección Xeral de Formación e Colocación e será preciso que neles conste expresamente o financiamento da consellería da Xunta de Galicia e do ministerio competentes en materia de emprego.

Cando se pretenda que o custo das actividades publicitarias supere o 5 % do total subvencionado por plan formativo, deberá formularse solicitude que deberá ser autorizada previamente pola Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Artigo 69. Xustificación dos custos directos para adaptación das accións formativas

1. Os criterios de xustificación desta epígrafe para o persoal de apoio seguirán as mesmas directrices establecidas nos artigos 63 e 64 desta orde, e nos xustificantes de gasto reflectiranse de maneira separada os custos derivados dos diferentes conceptos imputables.

2. No que se refire á xustificación de custos para adaptación curricular ou para material didáctico, seguiranse os mesmos criterios que os reflectidos para os custos directos de material didáctico no artigo 65 desta orde.

Artigo 70. Xustificación dos custos indirectos

1. Para a xustificación dos custos indirectos deberán presentar documento que recolla os criterios e cálculos realizados para a súa imputación no caso de gastos compartidos con outras actividades, de conformidade co artigo 29.9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade. Deberán achegarse, así mesmo, os xustificantes que se indican nos seguintes números para cada caso.

2. No caso dos custos de persoal de apoio, o gasto será xustificado segundo os criterios e directrices definidos para as retribucións do persoal docente interno.

Deberán remitir, ademais, certificado asinado polo representante legal da beneficiaria no que conste, por cada persoa traballadora imputada: o cargo que ocupa, a actividade desenvolvida para o programa de formación, as datas de dedicación a este e o número de horas empregadas, cunha descrición da actividade concreta realizada ou criterios de imputación de custos.

Co devandito certificado xuntarase unha declaración asinada por cada unha das persoas traballadoras incluídas nel, que especifique os días de dedicación, identifique as horas empregadas e describa as tarefas realizadas en cada unha delas.

3. Para os custos financeiros deberá achegarse:

a) No caso de comisións, xuros e demais gastos que se produzan pola constitución da garantía bancaria, deberán achegarse os documentos de constitución da dita garantía e dos gastos asociados a ela.

b) Contrato coa empresa asesora ou notaría no caso de gastos de asesoramento legal, así como facturas ou documentos contables de valor probatorio correspondentes.

c) Documentos constitutivos do aval bancario, de ser o caso, ou contrato e cotas deste.

4. Para outros custos, deberá achegarse a factura correspondente e xustificante do seu pagamento efectivo.

5. Os soportes xustificativos deberán conter a descrición do servizo prestado, a data de prestación do dito servizo e deberán detallar os custos por concepto.

Artigo 71. Xustificación dos custos de avaliación e control

1. Os custos de avaliación e control cando se refiran a persoal propio, xustificaranse segundo os criterios e directrices definidos para as retribucións do persoal docente interno.

Deberán remitir, ademais, certificado asinado pola persoa representante legal da entidade beneficiaria en que conste, por cada persoa traballadora imputada, o cargo que ocupa, a actividade desenvolvida para o programa de formación, as datas de dedicación a este e o número de horas empregadas, cunha descrición da actividade concreta realizada ou criterios de imputación de custos.

Co devandito certificado xuntarase unha declaración asinada por cada unha das persoas traballadoras incluídas nel, que especifique os días de dedicación, identifique as horas empregadas e describa as tarefas realizadas en cada unha delas.

2. Cando se refiran a persoal alleo, xustificaranse segundo os criterios e directrices definidos para o persoal docente externo.

3. Os soportes xustificativos dos custos de avaliación e control da calidade de formación deberán conter a descrición detallada do servizo prestado.

Artigo 72. Forma de xustificar o pagamento

1. Pagamentos realizados mediante cheque: este deberá ser nominativo e achegarase unha copia del, xunto co xustificante bancario do movemento orixinado polo seu cobramento.

2. Pagamento mediante transferencia bancaria ou ingresos en conta: acreditarase mediante copia da orde de transferencia con ordenante e beneficiario claramente identificados, o importe e a data en que tivo lugar, xunto co selo identificativo da entidade bancaria ou o extracto bancario acreditativo do cargo.

A xustificación do pagamento das retribucións en concepto de nómina deberá facerse en todo caso mediante apuntamento bancario. No caso de que os xustificantes de pagamento sexan polo total das persoas traballadoras, deberá presentarse desagregación por cada unha delas.

3. Pagamento mediante domiciliación bancaria: acreditarase mediante certificación da entidade financeira ou documento do cargo na conta acreditativo dos documentos de gasto que se saldan.

4. Pagamento en efectivo: a forma de acreditar os pagamentos en efectivo será mediante factura ou documento contable de valor probatorio equivalente, conforme o Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, que aproba o regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación. No suposto de que o pagamento se acredite mediante factura simplificada (carta de recepción) consignada no mesmo documento que soporta o gasto, esta deberá conter a sinatura e o selo do provedor e o selo de pagado. En ambos os casos será precisa a achega do apuntamento contable correspondente.

A xustificación do pagamento mediante efectivo só poderá aceptarse para gastos por importe inferior a trescentos euros.

En ningún caso se aceptarán pagamentos en efectivo para o persoal con independencia do concepto retributivo.

5. O IVE será un gasto subvencionable sempre e cando sexa real e definitivamente soportado pola entidade beneficiaria. O IVE recuperable non será subvencionable. Para a comprobación deste criterio deberá presentarse coa liquidación o modelo 390 (declaración anual do IVE) correspondente ao último exercicio en que figure, se é o caso, a porcentaxe de redución (rateo) que aplicará a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

As entidades non suxeitas ou exentas do IVE acreditarán tal circunstancia mediante certificado actualizado emitido pola AEAT.

Artigo 73. Rastrexabilidade dos pagamentos

1. Para aceptar os gastos como xustificados é necesario que se identifique claramente a correspondencia entre a factura/nómina e o xustificante de pagamento, e apareza especificado o número de factura no concepto do xustificante bancario, posto que a simple coincidencia de provedor e importe non é garantía suficiente.

2. Se o xustificante inclúe o pagamento de varias facturas e non se especificaron todas no concepto de xustificante bancario, o antedito xustificante deberá ir acompañado do total das facturas que estean afectadas por el.

3. En ningún caso se darán por válidos os xustificantes de pagamentos corrixidos con notas á man para rectificar calquera equivocación.

4. Unha vez presentada a documentación preceptiva segundo o disposto nestas bases reguladoras, a unidade administrativa competente realizará a correspondente comprobación técnico-económica.

Capítulo VII

Obrigas e reintegro

Artigo 74. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Constitúen obrigas da beneficiaria as sinaladas neste artigo e nos artigos 40, 41, 42, 43 e 44 desta orde, sen prexuízo doutras obrigas establecidas nesta orde, na Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, que a desenvolve, na Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Achegar a información e documentación que se requira durante a fase de instrución do procedemento e execución do programa formativo, así como ter á disposición dos órganos de control competentes os documentos acreditativos da asistencia das persoas participantes ás accións formativas, debidamente asinados por elas segundo os requisitos mínimos que se establezan.

3. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas e polo Servizo Público de Emprego Estatal, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

4. Someterse ás actuacións de supervisión, control e comprobación que en calquera momento poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Emprego e Igualdade, tanto no relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa, así como a calquera outra actuación, de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio de actuacións anteriores.

5. Someterse ás actuacións de avaliación, seguimento e control, internas e externas, segundo o Plan anual de avaliación, recollido no artigo 18.2 do Real decreto 34/2008, do 18 de maio.

6. Presentar a xustificación do cumprimento dos requisitos e condicións que determinan a concesión da subvención, así como da realización e dos custos da actividade que fundamenta a concesión.

7. Incorporar, xunto coa conta xustificativa dos gastos efectivamente realizados, un informe de revisión de conta xustificativa de subvencións, asinado por unha persoa auditora inscrita no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC), nos termos que preceptúa a Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación das persoas auditoras de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións.

8. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións formativas, coa referencia común a todos eles á formación para o emprego.

9. Manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionados ao abeiro desta orde, referidos a operacións da afectación da subvención á finalidade da súa concesión. Así, xunto coa documentación xustificativa, a entidade beneficiaria deberá achegar os documentos bancarios onde aparezan claramente identificados os ingresos da subvención percibida no sistema da entidade beneficiaria, agás o da liquidación final, que se remitirá no momento da súa recepción.

10. A entidade beneficiaria da subvención estará obrigada a conservar durante 4 anos os xustificantes da realización da actividade que fundamenta a concesión da subvención, así como da aplicación dos fondos recibidos. O prazo computarase a partir do momento en que finalice o período establecido para que a entidade beneficiaria presente a citada xustificación.

As entidades que, sen que transcorrese o citado período, decidan suspender a súa actividade ou disolverse, deberán remitir copia compulsada ou orixinal da citada documentación á Dirección Xeral de Formación e Colocación.

11. Comunicarlle á Administración autonómica a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Estes ingresos serán incompatibles coa subvención que corresponda, polo que esta será minorada na cantidade xa percibida.

12. No suposto de opoñerse á consulta ou, de ser o caso, de non prestar o consentimento expreso a que se refire o artigo 31 desta orde, as entidades deberán acreditar, tanto antes de ditarse a resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso das entidades recollidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable da persoa solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

13. Subscribir, con carácter previo á percepción do financiamento público, un compromiso verificable de calidade na xestión, transparencia e eficiencia na utilización de recursos públicos. Este compromiso estará referido ao seguimento da impartición e asistencia de todas as persoas participantes, á súa satisfacción co desenvolvemento da acción formativa, cos seus contidos, cos seus resultados, á calidade do profesorado e ás modalidades de impartición.

14. Ter realizado ou, de ser o caso, garantido as devolucións de cantidades concedidas e pagadas en convocatorias anteriores e cuxa devolución lle fose exixida mediante reclamación previa á vía executiva ou mediante resolución de procedencia de reintegro, salvo que se aplicase a suspensión do acto.

15. Non incorrer no falseamento de datos contidos na solicitude ou nos documentos e certificados presentados aos órganos competentes na tramitación das solicitudes e na concesión das subvencións.

Artigo 75. Incompatibilidades

1. As axudas previstas nesta orde son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma acción formativa procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 76. Modificación da subvención

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións reguladas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar á modificación ou revogación das resolucións de concesión.

Artigo 77. Rateos por diminución de alumnado

1. Para o cálculo do importe que se lles aboará ás entidades efectuaranse dous rateos en función das desviacións do número de alumnas e alumnos que participen efectivamente nas accións formativas.

A subvención concedida minorarase proporcionalmente e o importe que se aboará calcularase en función das cantidades resultantes dos dous rateos.

2. Procederá o primeiro rateo no caso de que inicie a acción formativa un número de alumnas e alumnos inferior aos orzados.

Neste caso ratearase a cantidade por pagar en función do alumnado que a iniciase. Non obstante, non se aplicará penalización orzamentaria se se produce unha desviación do número de alumnas e alumnos, como máximo, do 15 % sobre o alumnado orzado. Se a desviación de alumnado é superior a ese 15 %, aboarase pola cantidade real de alumnado iniciado.

Para estes efectos, enténdese por alumnado iniciado o seguinte:

– Na modalidade presencial: considérase alumnado iniciado o número máximo de alumnos que haxa no primeiro cuarto da acción formativa.

– Na modalidade mixta: a consideración de alumnado iniciado estará en función da modalidade con que se inicie a acción formativa:

– Cando se inicie por modalidade presencial terase en conta o número máximo que haxa no primeiro cuarto das horas presenciais.

– Cando se inicie por modalidade de teleformación terase en conta o alumnado que realizaran alomenos o 25 % dos controis de aprendizaxe das horas programadas por teleformación.

– Na modalidade de teleformación, considérase alumnado iniciado aquel que realizase polo menos o 25 % dos controis de aprendizaxe das horas programadas por teleformación.

3. Procederá o segundo rateo no caso de que se produza abandono de participantes na acción formativa.

De se producir abandonos que dean lugar a baixas non computables nin xustificadas con posterioridade á impartición do 25 % das horas de formación, poderase admitir unha desviación do 15 % con respecto ao número de participantes que comezasen as accións formativas, nos termos sinalados polo artigo 10.3 da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, de maneira que os abandonos producidos dentro desta desviación non se teñan en conta para o cálculo do custo subvencionable.

Para estes efectos, entenderase como alumnado que finalizou a formación:

– Na modalidade presencial: quen, cando menos, asistira ao 75 % da duración da acción formativa (suma de horas do contido específico e dos módulos transversais).

– Na modalidade teleformación: quen tivese realizado o 75 % dos controis periódicos de seguimento da súa aprendizaxe establecidos no proxecto formativo con independencia das horas de conexión.

– Na modalidade mixta: quen realizara o 75 % das horas lectivas presenciais e o 75 % dos controis periódicos de seguimento programados por teleformación.

Artigo 78. Incumprimentos e reintegro

1. O incumprimento das obrigas establecidas na presente orde e demais normas aplicables, así como das condicións que se establecesen na correspondente resolución de concesión, dará lugar á perda total ou parcial do dereito ao cobramento da subvención ou, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida e os xuros de demora correspondentes.

2. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a subvención ou da obriga de xustificala dará lugar ao reintegro do 100 % da subvención concedida. Igualmente, considerarase que concorre o incumprimento total se a realización da actividade subvencionada non acada o 25 % dos seus obxectivos, medidos co indicador do número de horas de formación multiplicado polo número de alumnas e alumnos orzamentados e unha vez descontados os non iniciados e os abandonos no caso de superar as porcentaxes do 15 % a que se refiren os puntos 2 e 3 do artigo 77.

3. No suposto de incumprimento parcial:

O incumprimento parcial dos fins para os que se concedeu a subvención ou da obriga de xustificala dará dereito ao reintegro parcial da subvención concedida. Cando a execución do indicador mencionado no parágrafo anterior estea comprendida entre o 25 % e o 100 %, a subvención concedida minorarase na porcentaxe que se deixase de cumprir, sempre que os gastos fosen debidamente xustificados.

4. O incumprimento das obrigas de comunicación previstas nesta orde e que deben realizarse a través da aplicación informática SIFO terá como consecuencia o reintegro da totalidade da subvención concedida para cada un dos grupos ou accións formativas afectadas. Procederá, así mesmo, o antedito reintegro no caso de incumprimento dos prazos establecidos para a comunicación, agás que sexa por consecuencia de causas imprevistas, debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

Artigo 79. Devolución voluntaria das subvencións

1. A acreditación de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, de ser o caso, terá a consideración de devolución voluntaria, de acordo co establecido no artigo 90 do Regulamento da Lei xeral de subvencións.

2. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas ou entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES82 2080 0300 87 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

3. O importe da devolución incluirá os xuros de demora, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ata o momento en que se produciu a devolución efectiva por parte do beneficiario.

O ingreso realizarase segundo o disposto na normativa reguladora do procedemento de recadación.

4. En todo caso, a persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar ante a Dirección Xeral de Formación e Colocación o documento xustificativo da devolución voluntaria realizada, en que consten a data do ingreso, o seu importe, o número do expediente e a denominación da subvención concedida.

Artigo 80. Infraccións e sancións

1. Conforme o previsto no artigo 19 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, o réxime de infraccións e sancións aplicables no ámbito da formación profesional para o emprego será o regulado polo texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2. No non previsto no réxime de infraccións e sancións establecido no parágrafo anterior, observarase o contido da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As sancións impostas polas infraccións graves e moi graves en materia de formación profesional para o emprego que dean lugar a que a subvención sexa declarada indebida polo órgano concedente, unha vez firmes, incluiranse na base nacional de subvencións.

4. A obriga de reintegro a que se refire esta orde entenderase sen prexuízo do previsto nas devanditas leis e no resto de normativa aplicable, se concorresen as accións e omisións tipificadas nelas.

5. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves e comportarán as sancións que en cada caso correspondan de acordo co previsto nas anteditas leis.

6. As sancións impostas polas infraccións graves ou moi graves en materia de formación profesional para o emprego que dean lugar a que a subvención sexa declarada indebida polo órgano concedente, unha vez firmes, incluíranse na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Disposición adicional primeira. Resolucións adicionais para novas concesións

Poderán ditarse resolucións adicionais coa finalidade de realizar novas concesións de subvencións, cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma pola Administración do Estado, ou doutros remanentes dos módulos.

Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes nin outras inscricións/acreditacións distintas ás tidas en conta para a resolución inicial e as novas concesións de subvencións outorgaranse en atención á prelación que determina a puntuación obtida, de conformidade co establecido no artigo 35.1.

Disposición adicional segunda. Delegación de atribucións

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade na persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación, para a autorización, disposición, recoñecemento da obriga e proposta de pagamento das subvencións reguladas nesta orde, así como para resolver a súa concesión, denegación, modificación, reintegro ou outras incidencias das citadas subvencións.

Disposición adicional terceira. Normativa supletoria

En todo o non disposto nesta orde será de aplicación o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no que sexa de aplicación, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve.

Será igualmente de aplicación o establecido na Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral; no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, que o desenvolve; na Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e o seu financiamento, e pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas ao seu financiamento; e na Orde TMS/369/2019, do 28 de marzo, pola que se regula o Rexistro Estatal de Entidades de Formación do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como os procesos comúns de acreditación e inscrición das entidades de formación para impartir especialidades formativas incluídas no Catálogo de especialidades formativas. De igual xeito, resultarán de aplicación, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro e a Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, no que non contradigan ou se opoñan as anteditas normas.

Disposición adicional cuarta. Información sobre a xestión de subvencións

1. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto de cada convocatoria pública efectuada no marco destas bases e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS), nos termos do Real decreto 130/2019, de 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas.

A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da correspondente convocatoria para a súa publicación.

2. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición derradeira primeira. Autorización para ditar resolucións e instrucións

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Colocación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Especialidades formativas vinculadas a familias profesionais
con maior relación coa industria 4.0 e as competencias dixitais

Formación non acreditable.

ADGD250PO

Sistema de I+D+i e xestión da innovación

ADGD356PO

Economía conectada, industria 4.0 e empregabilidade

ADGG027PO

Xestión de sitios web

ADGG085PO

Xestor de proxectos

AGAR001PO

Biomasa forestal

COML001PO

Condución de carretillas elevadoras

COML011PO

Xestión e control de compras e stock en almacén

COML018PO

Función loxística e optimización de custos

COML019PO

Organización do almacén

COML023PO

Xestión loxística

COMM001PO

Analítica web para medir resultados de márketing

COMM006PO

Xestión de comunidades virtuais

COMM018PO

Dirección estratéxica e márketing en xestión de proxectos

COMM049PO

Técnicas de márketing en liña, buscadores, social media e móbil

COMM103PO

Márketing de automatización

COMM108PO

Plan márketing dixital

COMT017PO

Fundamentos para a creación de tendas virtuais e desenvolvemento da actividade comercial en liña

COMT018PO

Globalización e márketing internacional

ELEE017PO

Domótica e monitorización do consumo en edificios

ELEE018PO

Autómatas programables

ELEM001PO

Robótica colaborativa avanzada

ELEM002PO

Robótica colaborativa

ELEQ002PO

Deseño e montaxe de circuítos electrónicos

ELEQ004PO

SCADA: software de supervisión, control e adquisición de datos

ENAC016PO

Eficiencia enerxética na industria

ENAC017PO

Desenvolvemento sustentable de proxectos

ENAC020PO

Xestión e eficiencia enerxética

ENAE002PO

Instalacións de enerxía eólica

ENAE003PO

Deseño e mantemento de instalacións de enerxía solar fotovoltaica

ENAE004PO

Enerxías renovables na xestión enerxética

ENAE006PO

Enerxía solar térmica I

ENAE007PO

Enerxía solar térmica II

ENAE009PO

Deseño e montaxe de instalacións fotovoltaicas e térmicas

ENAE010PO

Enerxías renovables: especialidade biomasa

FMEA001PO

Sistemas eléctricos aeronáuticos

FMEA003PO

Montadores estruturas aeronáuticas

FMEC001PO

Eficiencia enerxética en carpintaría de aluminio e PVC

FMEC002PO

Carpintaría de metal

FMEC003PO

Fabricación e montaxe de construcións metálicas

FMEC005PO

Inspección de soldadura

FMEC012PO

Soldadura, procesos de certificación

FMEC019PO

Deseño de caldeiraría industrial

FMEH002PO

Mecanizado máquina ferramenta

FMEM004PO

Máquinas ferramenta de control numérico (CNC)

FMEM005PO

Ecodeseño

FMEM009PO

Fundamentos de robótica

FMEM013PO

Tecnoloxía e deseño de matrices

FMEM020PO

PLC avanzado

FMEM021PO

ROS (robot operating system)

IFCD009PO

Xestión de contidos dixitais

IFCD012PO

Data Mining: principios e aplicacións

IFCD013PO

Data Warehouse business intelligence

IFCD015PO

Aplicacións de Oracle datamining e Big Data

IFCD046PO

SAP bussiness intelligence

IFCD077PO

Machine learning e intelixencia artificial

IFCD080PO

Realidade aumentada, virtual e mixta en contornos 4.0

IFCD081PO

Internet das cousas (IOT)

IFCD087PO

Tecnoloxías habilitadoras da industria 4.0

IFCD088PO

Visión artificial e a súa aplicación na industria 4.0

IFCM002PO

Cloud computing

IFCM004PO

Especialista en seguridade na internet

IFCM041PO

Programación e configuración de conexións na nube

IFCT026PO

Cloud computing (Azure, Linux)

IFCT031PO

Creación, programación e deseño de páxinas web

IFCT032PO

Data Mining business intelligence

IFCT050PO

Xestión de seguridade informática na empresa

IFCT060PO

Introdución á tecnoloxía de impresión en 3D

IFCT083PO

Programación de dispositivos móbiles

IFCT119PO

Virtualización e Cloud computing, virtualización do escritorio con VMWARE e Microsoft

IFCT127PO

Arquitectura Big Data

IFCT133PO

Ciberseguridade

IFCT136PO

Community manager

IFCT137PO

Como posicionar páxinas web con éxito

IFCT143PO

Xestión dos ciberriscos

IFCT160PO

IOT (internet das cousas) e sistemas ciberfísicos na industria 4.0

IFCT161PO

Análise de datos e programación con Microsoft power BI

IFCT162PO

Simulación e modelado na industria 4.0

IMAI030PO

Domótica

IMAI031PO

Instalación e supervisión de un desenvolvemento domótico

IMAQ004PO

Mantemento industrial avanzado

IMAR001PO

Aire acondicionado e climatización

INAD019PO

Xestión de sistemas de seguridade alimentaria

INAD021PO

I+D+i na industria alimentaria

INAD047PO

Sistemas de calidade na industria alimentaria

INAD048PO

Sustentabilidade global da cadea alimentaria

QUIA027PO

Métodos analíticos de laboratorio

QUIE012PO

Planificación, programación e control da produción na industria química

SEAG015PO

Desenvolvemento e implantación de sistemas de xestión ambiental na empresa

SEAG026PO

Xestión de residuos industriais

TCPF003PO

Métodos e tempo en procesos do téxtil-confección

TCPF005PO

Patronaxe industrial

TCPF008PO

Tecnoloxía de confección

TCPF009PO

Tecnoloxía das materias téxtiles

TCPN003PO

Revisor de calidade-materias primas e produtos de confección

TMVG001PO

Análise de gases, gasolina e diésel

TMVG003PO

Circuítos eléctricos automóbil

TMVG004PO

Diagnose de vehículos

TMVG008PO

Avarías eléctricas e electrónicas de vehículos

TMVG015PO

Mantemento de vehículos híbridos

TMVO004PO

Mantemento de aeronaves

Formación acreditable.

(Programación certificado completo ou programación modular).

COML0209

Organización do transporte e a distribución

COML0210

Xestión e control do aprovisionamento

COML0309

Organización e xestión de almacéns

COMM0110

Mercadotecnia e compravenda internacional

COMM0112

Xestión de márketing e comunicación

ELEM0110

Desenvolvemento de proxectos de sistemas de automatización industrial

ELEM0111

Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos

ELEM0210

Xestión e supervisión da montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial

ELEM0311

Montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial

ELEM0511

Desenvolvemento de proxectos de sistemas domóticos e inmóticos

ELEQ0311

Mantemento de equipamentos electrónicos

ELES0108

Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios

ELES0110

Desenvolvemento de proxectos de infraestruturas de telecomunicación e de redes de voz e datos no contorno de edificios

ELES0209

Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos

ENAE0108

Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas

ENAE0208

Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas

ENAE0308

Organización e proxectos de instalacións solares térmicas

ENAE0408

Xestión da montaxe e mantemento de parques eólicos

ENAE0508

Organización e proxectos de instalacións solares fotovoltaicas

FMEA0111

Montaxe de estruturas e instalación de sistemas e equipamentos de aeronaves

FMEA0211

Fabricación de elementos aeroespaciais con materiais compostos

FMEC0108

Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial

FMEC0109

Produción en construcións metálicas

FMEC0110

Soldadura con eléctrodo revestido e TIG

FMEC0208

Deseño de caldeiraría e estruturas metálicas

FMEC0209

Deseño de tubaxe industrial

FMEC0210

Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG

FMEC0309

Deseño da industria naval

FMEE0208

Montaxe e posta en marcha de bens de equipamento e maquinaria industrial

FMEE0308

Deseño de produtos de fabricación mecánica

FMEH0109

Mecanizado por arrinca de labra

FMEH0110

Tratamentos térmicos en fabricación mecánica

FMEH0209

Mecanizado por corte e conformado

FMEH0309

Tratamentos superficiais

FMEH0409

Mecanizado por abrasión, electroerosión e procedementos especiais

FMEM0109

Xestión da produción en fabricación mecánica

FMEM0209

Produción en mecanizado, conformado e montaxe mecánica

FMEM0211

Fabricación por mecanizado a alta velocidade e alto rendemento

IFCD0111

Programación en linguaxes estruturadas de aplicacións de xestión

IFCD0112

Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionais

IFCD0210

Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web

IFCD0211

Sistemas de xestión da información

IFCT0109

Seguridade informática

IFCT0310

Administración de bases de datos

IFCT0409

Implantación e xestión de elementos informáticos en sistemas domóticos/inmóticos, de control de accesos e presenza, e de videovixilancia

IFCT0510

Xestión de sistemas informáticos

IFCT0609

Programación de sistemas informáticos

IFCT0610

Administración e programación en sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes

IMAQ0108

Mantemento e montaxe mecánica de equipamento industrial

IMAQ0208

Planificación, xestión e realización do mantemento e supervisión da montaxe de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas de produción

IMAR0108

Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas

IMAR0208

Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción

IMAR0209

Desenvolvemento de proxectos de instalacións frigoríficas

IMAR0308

Desenvolvemento de proxectos de redes e sistemas de distribución de fluídos

IMAR0309

Planificación, xestión e realización do mantemento e supervisión da montaxe de instalacións frigoríficas

IMAR0408

Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas

IMAR0508

Desenvolvemento de proxectos de instalacións caloríficas

IMAR0509

Planificación, xestión e realización do mantemento e supervisión da montaxe de instalacións caloríficas

QUIA0108

Ensaios físicos e fisicoquímicos

QUIA0110

Organización e control de ensaios non destrutivos

QUIA0111

Análise biotecnolóxica

QUIA0112

Organización e control de ensaios destrutivos de caracterización de materiais e produtos

QUIA0208

Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos

QUIE0109

Organización e control dos procesos de química transformadora

QUIE0111

Organización e control de procesos e realización de servizos biotecnolóxicos

QUIE0408

Operacións de movementos e entrega de produtos na industria química

TCPF0412

Asistencia técnica na loxística dos procesos de externalización da produción téxtil, pel e confección

TMVG0110

Planificación e control da área electromecánica

TMVG0209

Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos

TMVG0309

Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles

TMVG0409

Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares

TMVL0209

Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías e vehículos

TMVL0309

Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos

TMVL0509

Pintura de vehículos

TMVL0609

Planificación e control da área de carrozaría

Competencias dixitais

Formación non acreditable.

ADGG001PO

Access. Nivel avanzado

ADGG020PO

Excel avanzado

ADGG038PO

Internet avanzada

ADGG039PO

Internet e fundamentos de deseño de páxinas web

ADGG053PO

Ofimática

ADGG055PO

Ofimática na nube: Google drive

ADGG058PO

Open Office 3.0: Writer e Calc

ADGG063PO

Power point. Presentacións gráficas

ADGG082PO

Windows+ Word iniciación

ADGG084PO

Word. Nivel avanzado

IFCD010PO

Iniciación á creación de páxinas web

IFCM015PO

Competencias dixitais básicas

IFCT135PO

Ciberseguridade para usuarios

IFCT139PO

Deseño de macros en Excel

Formación acreditable.

IFCD0110

Confección e publicación de páxinas web

IFCT0209

Sistemas microinformáticos

IFCT0210

Operacións de sistemas informáticos

IFCT0309

Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos

UC0233_2

Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación

ANEXO III

Especialidades formativas con maior demanda polas persoas traballadoras

SSCE0110

Docencia da formación profesional para o emprego

SSCS0208

Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

EOCB010PO

Nivel básico de prevención en construción

TMVI008PO

Certificado de aptitude profesional (CAP) para condutores-renovación

EOCE012PO

Montaxe de estadas apoiadas

ADGG020PO

Excel avanzado

SANT0208

Transporte sanitario

ADGG084PO

Word. Nivel avanzado

FCOM01

Manipulador de alimentos

IMAI001PO

Illamentos para a rehabilitación

ADGD240PO

Salario e contratación

ADGD067PO

Dirección de equipos e coaching

missing image file

ANEXO V

Accións formativas prioritarias segundo a Lei 30/2015

Formación non acreditable.

ADGD131PO

Xestión de RR.HH.: dirección por obxectivos e planificación de tarefas

ADGD140PO

Xestión por competencias

ADGD162PO

Inglés empresarial

ADGD175PO

Lei de protección de datos (LOPD)

ADGD187PO

Nómina dos empregados públicos

ADGD224PO

Proxectos europeos

ADGD255PO

Solución de financiamento para pemes

ADGD267PO

Trámites en liña coa Administración

ADGD343PO

Os medios de protección xurídica dos contidos dixitais

ADGG029PO

Xestión documental e arquivos

ADGG057PO

Ofimática: aplicacións informáticas de xestión

ADGG070PO

Redacción e presentación de informes

ADGG077PO

Técnicas administrativas

ADGN007PO

Asesor de produtos de investimento

ADGN008PO

Asesor financeiro europeo

ADGN025PO

Contabilidade: conta perdas e ganancias, análise de investimentos e financiamento

ADGN027PO

Control financeiro

ADGN033PO

Dirección financeira

ADGN131PO

Xestión de contratos co sector público

IFCD004PO

Análise e programación en Java

IFCD027PO

Xestor de redes

IFCD037PO

Microsoft Windows Server 2008

IFCD038PO

MS Project

IFCD070PO

Sistema operativo Linux

IFCM022PO

Sistemas de transmisión de datos

IFCM024PO

Deseño de redes LAN

IFCM026PO

Seguridade informática e sinatura dixital

IFCT005PO

Administración de bases de datos en Oracle

IFCT024PO

Bases de datos avanzadas

IFCT053PO

Ferramentas de xestión web (xestión de contidos)

IFCT056PO

Instalación e mantemento de ordenadores

IFCT103PO

Servidores web

Formación acreditable.

ADGG0308

Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas

ADGN0108

Financiamento de empresas

ADGN0208

Comercialización e administración de produtos e servizos financeiros

IFCD0211

Sistemas de xestión de información

IFCT0110

Operación de redes departamentais

IFCT0209

Sistemas microinformáticos

IFCT0210

Operación de sistemas informáticos

IFCT0310

Administración de bases de datos

IFCT0410

Administración e deseño de redes departamentais

IFCT0609

Programación de sistemas informáticos

Cursos de idiomas.

SSCE01

Inglés A1

SSCE02

Inglés A2

SSCE03

Inglés B1

SSCE04

Inglés B2

SSCE05

Inglés C1

SSCE06

Alemán A1

SSCE07

Alemán A2

SSCE08

Alemán B1

SSCE09

Alemán B2

SSCE10

Alemán C1

SSCE11

Portugués A1

SSCE12

Francés A1

SSCE13

Francés A2

ANEXO VI

Especialidades formativas propostas polas organizacións sindicais
e empresariais en función das necesidades formativas que detectaron
no tecido produtivo galego pola súa función de prospección

Competencias clave.

FCOVXX01

Comunicación en lingua galega N2

FCOV22

Comunicación en lingua castelá N2

FCOV23

Competencia matemática N2

FCOV05

Comunicación en linguas estranxeiras (inglés) N2

FCOVXX02

Comunicación en lingua galega N3

FCOV02

Comunicación en lingua castelá N3

FCOV12

Competencia matemática N3

FCOV06

Comunicación en linguas estranxeiras (inglés) N3

FCOV32

Comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega e competencia matemática N2

FCOV33

Comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega e competencia matemática N3

Formación non acreditable.

ADGD006PO

Análise de contas anuais na empresa

ADGD008PO

Análise de problemas e toma de decisións

ADGD033PO

Coaching: desenvolvemento de persoas

ADGD043PO

Contabilidade, administración e xestión

ADGD049PO

Control de métodos e tempos nos sistemas produtivos

ADGD067PO

Dirección de equipos e coaching

ADGD068PO

Dirección de persoas e desenvolvemento do talento

ADGD075PO

Habilidades directivas e xestión de equipos

ADGD077PO

Dirección e xestión de equipos de proxectos

ADGD078PO

Liderado e dirección de organizacións

ADGD081PO

Deseño, seguimento e avaliación de proxectos

ADGD098PO

Estratexia e comunicación empresarial

ADGD119PO

Xestión de equipos

ADGD125PO

Xestión de proxectos de innovación

ADGD236PO

Negociación e resolución de conflitos

ADGD242PO

Selección de persoal en liña

ADGD245PO

Solución de financiamento para pemes

ADGD371PO

Desenvolvemento organizacional. Coaching de equipos

ADGD373PO

Mellora da produtividade nas actividades de xestión administrativa

ADGG020PO

Excel avanzado

ADGG053PO

Ofimática

ADGG075PO

Social media. Márketing en comercio.

ADGG077PO

Técnicas administrativas

ADGN049PO

Fiscalidade na peme

ADGN054PO

Xestión de custos

ADGN064PO

Xestión fiscal. IRPF

ADGN066PO

Imposto sobre o valor engadido. IVE

ADGN068PO

Imposto sobre sociedades, IS: xestión fiscal da empresa

AFDA001PO

Actividade física para colectivos especiais na terceira idade

AFDA006PO

Adestramento personalizado

AFDA020PO

Fitness colectivo con implementación de musculación

AFDP021PO

Técnicas básicas de primeiros auxilios

AGAR003PO

Poda de altura

AGAR004PO

Repoboación forestal e impactos ambientais asociados

AGAR006PO

Silvicultura

AGAR009PO

PRL para o manexo da motoserra e rozadora

COMM006PO

Xestión de comunidades virtuais

COMM013PO

Decoración en tendas e escaparates

COMM018PO

Dirección estratéxica en márketing en xestión de proxectos

COMM031PO

Márketing en liña. Deseño e promoción de sitios web

COMM032PO

Xestión do márketing e da forza de vendas na dirección estratéxica da empresa

COMM045PO

Márketing básico en medios sociais

COMM049PO

Técnicas de márketing en liña. Buscadores. Social media e móbil

COMM072PO

Promocións comerciais no punto de venda e en liña

COMM088PO

Márketing mix básico na internet e xestión en liña de clientes

COMM092PO

Redes sociais e márketing 2.0

COMT039PO

Xestión comercial e de vendas en microempresas

COMT051PO

Habilidades comerciais

COMT052PO

Habilidades de comunicación co cliente para vendedores

COMT057PO

Inglés para o sector do comercio

COMT066PO

Comercio na internet. Optimización de recursos

COMT112PO

Actividade comercial, calidade e fidelización de clientes

COMT113PO

Comercio exterior

ELEE006PO

Elementos eléctricos nas máquinas

ELEE007PO

Instalacións eléctricas de baixa tensión en edificación

ELEQ001PO

Dispositivos e circuítos eléctricos

FMEC005PO

Inspección de soldadura

FMEC011PO

Soldadura

FMEC013PO

Soldadura MAG

FMEC014PO

Soldadura MIG

FMEC015PO

Soldadura TIG

FMEH002PO

Mecanizado máquina ferramenta

HOTA005PO

Recepción e atención ao cliente

HOTR043PO

Inglés. Restauración

HOTR053PO

Ofertas gastronómicas: deseño e comercialización

HOTR064PO

Servizo en restaurantes e bares

IFCD039PO

Creación, programación e deseño de páxinas web dinámicas

IFCD043PO

Programación de aplicacións orientadas a obxectos

IFCD044PO

Programación WEB con PHP (software libre)

IFCD052PO

Programación en Java

IFCM015PO

Competencias dixitais básicas

IFCM018PO

Programación de aplicacións Android

IFCT136PO

Community manager

IMAI009PO

Mantemento industrial

IMAQ005PO

Mantemento mecánico de máquinas

IMPE003PO

Manicura

IMPE004PO

Maquillaxe

IMPQ001PO

Estilismo: corte de cabelo

INAF001PO

Elaboración de bolaría e pastelaría artesanal

INAF018PO

Elaboración de pans para a alimentación especial

INAF019PO

Elaboración de pans tradicionais con novas tecnoloxías

INAI001PO

Carnizaría e despezamento

INAI004PO

Elaboración de pezas cárnicas

INAI008PO

Sacrificio e preparación de animais e asistencia á inspección

INAJ001PO

Control de peches en conservas do peixe

INAJ003PO

Preparación e venda de peixes

INAJ004PO

Xestión de residuos na industria de procesado de peixes, crustáceos e moluscos

SANP034PO

Saúde, nutrición e dietética

SSCB014PO

Técnicas de animación de grupos

SSCE028PO

Creación e dinamización de comunidades virtuais en contornos educativos

SSCE071PO

Experto en e-learning

TMVG004PO

Diagnose de vehículos

TMVI008PO

Certificados de aptitude profesional (CAP) para condutores-renovación

TMVI009PO

Cualificación inicial de condutores para o transporte de viaxeiros (CAP)

TMVI010PO

Cualificación inicial de condutores para o transporte de mercadorías (CAP)

TMVL001PO

Chapa e pintura: tratamento e reparación

Formación acreditable.

(Programación certificado completo ou programación modular).

ADGD0108

Xestión contable e xestión administrativa para auditoría

ADGD0208

Xestión integrada de recursos

ADGD0308

Actividades de xestión administrativa

ADGG0108

Asistencia á dirección

ADGG0208

Actividades administrativas na relación co cliente

ADGG0408

Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais

ADGG0508

Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos

AFDA0110

Acondicionamento físico en grupo con soporte musical

AFDA0210

Acondicionamento físico en sala de adestramento polivalente

AGAR0108

Aproveitamentos forestais

AGAR0208

Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

COMM0112

Xestión de márketing e comunicación

COMT0110

Atención ao cliente, consumidor ou usuario

COMT0210

Xestión administrativa e financeira do comercio internacional

COMT0411

Xestión comercial de vendas

COMV0108

Actividades de venda

ELEE0109

Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión

ELEM0210

Xestión e supervisión da montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial

ELEM0311

Montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial

FMEC0110

Soldadura con eléctrodo revestido e TIG

FMEC0210

Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG

FMEH0110

Tratamentos térmicos en fabricación mecánica

HOTA0308

Recepción en aloxamentos

HOTR0408

Cociña

HOTR0508

Servizos de bar e cafetaría

HOTR0608

Servizos de restaurante

IFCD0110

Confección e publicación de páxinas web

IFCT0509

Administración de servizos da internet

IFCT0609

Programación de sistemas informáticos

IMAQ0108

Mantemento e montaxe mecánica de equipamento industrial

IMPP0108

Coidados estéticos de mans e pés

IMPP0208

Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe

IMPQ0208

Perrucaría

INAF0108

Panadería e bolaría

INAF0109

Pastelaría e confeitaría

INAI0108

Carnicería de elaboración de produtos cárnicos

INAJ0109

Peixaría e elaboración de produtos da pesca e acuicultura

MAMS0108

Instalación de elementos de carpintaría

MAPN0712

Operacións portuarias de carga, estiba, descarga, desestiba e transbordo

SEAG0211

Xestión ambiental

SSCB0109

Dinamización comunitaria

SSCE0110

Docencia da formación para o emprego

SSCG0109

Inserción laboral para persoas con discapacidade

SSCS0108

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio

SSCS0208

Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

TMVG0409

Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares

TMVI0108

Condución de autobuses

TMVI0112

Condución profesional de vehículos turismos e furgonetas

TMVI0208

Condución de vehículos pesados de transporte de mercadorías por estrada

TMVL0309

Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos