Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11066

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR302A).

BDNS (Identif.): 549174.

De conformidade co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública de subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e a súa execución, correspondentes aos exercicios de 2021 e 2022, xestionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade (procedemento TR302A).

Segundo. Programas de formación subvencionables

Poderán subvencionarse os seguintes programas de formación:

a) Os programas de formación transversais integrados por accións formativas dirixidas á obtención de competencias transversais a varios sectores da actividade económica que deben ser obxecto de atención prioritaria para dar resposta ás tendencias identificadas e favorecer a empregabilidade e mobilidade intersectorial das persoas traballadoras.

Así mesmo, estes programas poderán incluír accións formativas dirixidas á obtención das competencias clave para o acceso aos certificados de profesionalidade.

b) Os programas de formación para a cualificación e o recoñecemento profesional, integrados por unha oferta especifica de formación modular para a obtención de certificados de profesionalidade. Nestes programas o contido específico dunha acción formativa corresponderase, como mínimo, cun módulo formativo completo.

Terceiro. Financiamento

Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un crédito por importe total de 5.550.000 €, distribuído en dúas anualidades, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias seguintes, co código de proxecto 2013 00493:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2021

Anualidade 2022

Importe total

11.05.323B.471.0

2.000.000,00 €

2.000.000,00 €

4.000.000,00 €

11.05.323B.481.0

1.000.000,00 €

550.000,00 €

1.550.000,00 €

Importe total

3.000.000,00 €

2.550.000,00 €

5.550.000,00 €

Cuarto. Entidades beneficiarias: requisitos e acreditación

1. Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refire esta orde as entidades privadas que, na data de entrada en vigor desta convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados no correspondente certificado de profesionalidade ou tivesen solicitada a inscrición mediante declaración responsable nesa data na correspondente especialidade formativa non vinculada a certificado de profesionalidade, na Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito que lles permita impartir a formación para a que solicitan subvención nas modalidades presencial, de teleformación ou mixta.

Con independencia do tipo de modalidade da especialidade formativa para a que se solicite subvención, as entidades beneficiarias poderán facer uso da aula virtual nos termos sinalados nesta orde.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Forma e lugar de presentación das solicitudes e documentación complementaria

As solicitudes e a documentación complementaria presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación informática SIFO, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes.

Sétimo. Execución

As beneficiarias poderán executar os programas de formación desde a data de notificación da resolución de concesión da subvención ata o 30 de novembro de 2022.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade