Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 10924

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DECRETO 30/2021, do 28 de xaneiro, polo que se declara ben de interese cultural a igrexa de Santa María da Atalaia, no termo municipal de Laxe (A Coruña).

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución, e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía, asumiu a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. No seu exercicio aprobouse a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (en diante LPCG), e no seu artigo 1.1 establece o seu obxecto na protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, de forma que lle sirva á cidadanía como unha ferramenta de cohesión social, desenvolvemento sustentable e fundamento da identidade cultural do pobo galego, así como a súa investigación, valorización e transmisión ás xeracións futuras.

No artigo 8.2 da LPCG indícase que: «terán a consideración de bens de interese cultural aqueles bens e manifestacións inmateriais que, polo seu carácter máis sobranceiro no ámbito da Comunidade Autónoma, sexan declarados como tales por ministerio da lei ou mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente de patrimonio cultural, de acordo co procedemento establecido nesta lei. Os bens de interese cultural poden ser inmobles, mobles ou inmateriais».

O artigo 10.1.a) da LPCG define o monumento, categoría asignada á igrexa de Santa María da Atalaia, como «a obra ou construción que constitúe unha unidade singular recoñecible de relevante interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico, industrial ou científico e técnico».

O procedemento para o recoñecemento do seu valor cultural iniciouse o 29 de decembro de 2017, cando o Concello de Laxe presentou unha solicitude de declaración de ben de interese cultural, coa categoría de monumento, da igrexa de Santa María da Atalaia, solicitude que foi ampliada e mellorada, posteriormente, con documentación referida ao patrimonio artístico do templo, así como á súa situación urbanística.

Á vista desta solicitude, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural elaborou un informe específico sobre os valores culturais do inmoble e, segundo o establecido no artigo 18.2, da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, solicitou o parecer dos órganos asesores e consultivos mencionados no artigo 7 do citado precepto legal.

A resposta destes órganos asesores e consultivos, Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, foi favorable á declaración.

Así mesmo, na xuntanza do 24.10.2018 da Subcomisión para o Rexistro do Patrimonio Cultural da Igrexa Católica en Galicia, recibiu informe favorable a tramitación da clasificación como ben de interese cultural, segundo o que establecen os artigos 2.g) e 12 do Decreto 84/2017, do 3 de agosto, polo que se regula a composición e funcionamento da Comisión Mixta de Galicia-Igrexa Católica.

A información técnica elaborada pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e o ditame dos órganos asesores e consultivos xustifican o papel fundamental que representa a igrexa da Atalaia por presentar, en primeiro lugar, unhas particularidades arquitectónicas, sinxelas, robustas e sobrias que son un exemplo representativo do gótico mariñeiro, características especialmente da Costa da Morte e, en segundo lugar, pola calidade, temática e singularidade do conxunto escultórico e decorativo co que conta no seu interior e exterior, sobre todo o retablo pétreo da Resurrección e, finalmente, cómpre destacar a súa implantación na propia vila e a relación que mantén co mar e coa paisaxe mariñeira, cos cales conforma un conxunto harmónico.

Este conxunto de valores define a igrexa de Santa María da Atalaia como un espazo patrimonial significativo, dotado dunha gran singularidade que, unida á relación entre a súa arquitectura e o conxunto escultórico, se consideran un exemplo excepcional e sobranceiro en Galicia.

Á vista do anterior, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural acordou a incoación do procedemento de declaración como ben de interese cultural, pola resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, número 106, do 2 de xuño de 2020, e abriuse un período de exposición pública dun mes no cal non se presentou ningunha alegación.

Na tramitación do expediente, por tanto, cumpríronse todos os trámites legalmente preceptivos de acordo coas disposicións vixentes.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de xaneiro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto

Declarar ben de interese cultural a igrexa de Santa María da Atalaia, no concello de Laxe (A Coruña), coa categoría de monumento, conforme a descrición recollida no anexo I e coa delimitación e contorno de protección establecido no anexo II deste decreto.

Segundo. Inscrición

1. Ordenar as inscricións respectivamente no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e comunicala ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración do Estado.

2. Inscribir no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia a relación de bens mobles enumerados no anexo II deste decreto.

Terceiro. Publicidade

Este decreto publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Cuarto. Notificación

Este decreto notificarase ás persoas interesadas e ao Concello de Laxe.

Quinta. Recursos

Contra este acto, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación ante o órgano que ditou o acto ou, directamente, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Eficacia

Este decreto terá eficacia desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Incorporación ao planeamento urbanísitico

En virtude do disposto no artigo 35.5 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, o Concello de Laxe deberá incorporar as determinacións da declaración ao seu planeamento urbanístico, sen que a devandita obriga modifique a competencia municipal para a autorización das intervencións no contorno de protección previstas no plan especial do conxunto histórico segundo o disposto no artigo 58.1 da devandita lei.

Santiago de Compostela, vinte e oito de xaneiro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Descrición do ben

1. Denominación: igrexa de Santa María da Atalaia.

2. Localización:

• Enderezo: A Atalaia, Santa María de Laxe, concello de Laxe (A Coruña).

• Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29 Igrexa: X: 499.620 Y: 4.785.545.

• Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29 Cruceiro da Atalaia: X: 499.610 Y: 4.785.530.

3. Descrición:

3.1. Descrición formal.

a) A igrexa.

O templo de Santa María da Atalaia sitúase sobre un promontorio elevado sobre o peirao da vila e configura unha auténtica atalaia de vixilancia. A súa concepción inicial respondía a dúas funcións básicas, pois á finalidade relixiosa uníase a de ser un baluarte defensivo, derivado da súa situación estratéxica, que permitía controlar os accesos á vila tanto desde terra como por mar. Nun principio o edificio asentábase sobre un cumio pétreo en que o mar batía e que foi reforzado con rexos muros e robustos contrafortes, que a configuraron como un verdadeiro refuxio utilizado en caso de perigo. Posteriormente, engadíuselle a torre campanario e un muro con troneiras en que se instalaron pezas de artillaría.

O templo ten a orientación tradicional dos antigos templos medievais, coa cabeceira dirixida cara ao leste e o pórtico cara ao oeste. A súa planta desenvólvese nun corpo de nave de tres tramos, separados por arcos dobrados apuntados, que parten de columnas de fuste poligonal curto, rematadas cun capitel decorado con temas vexetais, moi característicos do gótico tardío galego. Ao exterior preséntase con sinxelos e robustos muros e unha sobria decoración, en que destacan os contrafortes angulares que contrarrestan o peso da bóveda.

b) Partes integrantes.

No interior da igrexa unha nave de planta rectangular, presbiterio e capela maior sostén o teitume de madeira con columnas e piares, como adoita ser habitual nas igrexas do seu estilo.

No muro leste de cabeceira, baixo o rosetón, atopamos, sen dúbida, un dos elementos máis salientables do templo: o retablo pétreo da Resurrección.

Na zona do presbiterio destaca a existencia dos seguintes bens:

• Dúas lápidas anepígrafas xunto ao altar maior.

• Retablo pétreo da Resurrección: friso continuo composto por cinco bloques esculpidos sobre rocha granítica de forma rectangular, de 450 cm x 107 cm, descuberto accidentalmente no inverno de 1955 pola destrución que un raio causou no retablo barroco que ocupaba este lugar. A parte superior e inferior do retablo delimítase por unha estreita banda con anxos orantes representados en busto, de aspecto basto con cabeleiras esquemáticas. Cada unha das cinco escenas están enmarcadas entre unhas columnas que soportan unha arcaría gótica, que divide os distintos bloques pétreos do retablo. De esquerda a dereita o artista desenvolve o tema da resurrección de Cristo en cinco escenas dispostas coa seguinte orde: resurrección de Cristo, descenso de Cristo resucitado ao Limbo, aparición de Cristo resucitado á Virxe María acompañado polos xustos liberados do Limbo; as Santas Mulleres ante o sepulcro baleiro, e a aparición de Cristo á María Magdalena. A representación, en escultura pétrea, da aparición de Cristo resucitado á Virxe María resulta excepcional en España.

• Relevo cun crucifixo do século XVII que coroa o arco triunfal.

Pola súa parte, no muro do evanxeo aparecen:

• Escaleira de acceso ao coro na cal se acubilla un pequeno confesionario.

• Tabernáculo da Milagrosa do primeiro terzo do século XX, de 200 cm × 400 cm. Policromado e dourado.

• Retablo do Santo Sepulcro de mediados do século XIX, de 192 cm × 250 cm. Policromado e dourado.

• Retablo da Paixón con dúas sinxelas fornelas sobre banco. Cronoloxía fixada na primeira metade do século XIX.

• Pía de auga bieita no flanco esquerdo do acceso da igrexa cara ao norte.

• Restos do fresco mural de San Domingos de Guzmán, descubertos na década dos 90 do século pasado. A parte conservada, de 160 cm de alto por 120 cm de largo, representa na parte inferior a San Domingos con hábito branco e capa escura e aos seus pés un dos seus atributos máis característicos: o can branco e negro co facho na boca. Á dereita da figura e enmarcado nun pequeno cadro de 33 cm de alto por 22 de largo, una pequena fornela acubilla outra representación de San Domingos orando axeonllado, coa Biblia nas mans e o halo de santidade sobre a cabeza. Sobre este cadriño intúense os restos doutro e, entre ambos os dous, o final dunha phylacteria cuxa lenda non se conserva e unha inscrición con letra de mediados do século XV. Unha tira con decoración xeométrica pecha o fresco pola dereita.

• Púlpito de pedra con escaleira de acceso, tamén de pedra, datado entre o século XVIII ou o século XIX. Este púlpito tivo outrora dosel de resonancia.

• Retablo da Inmaculada datado na primeira metade do século XIX de autor descoñecido, que custodia o arco triunfal polo muro do evanxeo.

Mentres que no muro da epístola destacan:

• Retablo da Virxe do Carme, de similares características e cronoloxía ao da Inmaculada.

• Retablo da Asunción. Século XVIII. Autor: Juan A. Martínez. Dimensións: 197 cm × 400 cm. Técnica: talla, policromía e dourado.

• Pía bautismal datada no século XVIII de 94.5 cm × 88 cm con restos de policromía.

• Pía de auga bendita, xunta á entrada da igrexa, de similares características á vista na porta setentrional, tamén conserva restos de policromía.

E, por último, na sancristía sitúase un lavamáns pétreo onde o oficiante podía lavar as mans, datado no século XVII.

c) Cruceiro: trátase dun cruceiro de cantaría de pedra de granito, con cruz de brazos cilíndricos, con imaxes do Cristo crucificado e da Virxe en cada cara, sobre un sinxelo capitel e un varal longo e esvelto. O conxunto dispón dun pedestal de tres chanzos octogonais con bocel e unha base tamén octogonal de pedra ao nivel do piso térreo do adro.

3.2. Recensión histórica.

Laxe era a mediados do século XV, ademais dunha pequena vila mariñeira –configurada arredor dun núcleo urbano máis antigo conformado entre as actuais rúa Real e a praza de Ramón Juega–, o porto natural das terras de Soneira e, por tanto, do señorío de Altamira. Un clásico porto de fondo de ría que era daquela a principal saída ao mar dos territorios controlados e xestionados polos Moscosos de Altamira, que quedaba protexido desde un outeiro pola igrexa-fortaleza da Atalaia ou da Esperança, desde onde se dominaba practicamente toda a ría.

A igrexa foi fundada por Dona Juana de Castro Lara y Guzmán, condesa de Altamira, que a iniciou a principios do século XV, sobre, probablemente, o soar que xa ocupaba unha capela previa do século XIII, xustamente no promontorio dominante da vila medieval, desde o cal se controlaba o porto, a praia, a vila e a ría.

A esas obras fai alusión a súa filla, Dona Urraca, no seu testamento manuscrito dous días antes da súa morte, en que deixaba unha suma de cartos para rematar as obras.

A relevancia histórica deste templo virá dada polo papel vital que desenvolveu na historia local da vila de Laxe e da súa contorna. A igrexa non só foi, desde as súas orixes, un lugar de culto e oración, senón que foi, ademais, un lugar de protección física e espiritual, de modo que o templo desenvolveu unha tripla función na vida dos seus habitantes: defensiva, civil e relixiosa.

O templo conta con potentes muros de pedra, robustecidos polos seus contrafortes, de maneira que, en caso de perigo, se convertía nun refuxio relativamente seguro, na segunda liña de defensa da atalaia. Cando no século XVI se engade a torre-campanario, aumentará a súa capacidade para vixiar e advertir do perigo aos veciños dispersos mediante o repique de campás. Ademais, no adro da igrexa, nas caras norte e leste, estiveron colocados uns canóns que tiñan a finalidade de protexer o porto e a vila de Laxe. Aínda así, tanto a igrexa como a vila sufriron en máis dunha ocasión o asalto e saqueo por parte de frotas inimigas ou de piratas que se apropiaron das reliquias eclesiásticas e dos bens da xente local.

4. Estado de conservación.

Tanto a igrexa como o cruceiro, aínda que estean afectados pola intensa erosión eólica e marítima, presentan un bo estado de conservación, e, cando menos non se recolle a existencia dunha ameaza inminente que afecte á súa integridade e estabilidade xeral. Dadas as súas condicións e posto que pola súa posición e dimensións non están afectados por unha problemáticas complexas en relación co disposto no artigo 90 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, non se considera obrigada a redacción dun plan director do monumento.

5. Valoración cultural.

A igrexa da Atalaia destaca por presentar unhas características arquitectónicas, sinxelas, robustas e sobrias que son un exemplo representativo do gótico mariñeiro, características especialmente da Costa da Morte. Así mesmo, posúe un conxunto escultórico e decorativo, sobre todo o retablo pétreo da Resurrección, que, pola súa calidade, temática e singularidade é un exemplo sobranceiro da arte sacra en Galicia. Finalmente, destaca pola súa implantación na propia vila e a relación que mantén co mar e coa paisaxe mariñeira, cos cales forma un conxunto harmónico, valores que definen a igrexa de Santa María da Atalaia como un espazo patrimonial significativo.

6. Usos.

A igrexa conserva a súa función de culto e, dadas as súas características, debe seguir a ser o seu uso principal, sen prexuízo de que poida compatibilizarse cun uso cultural complementario derivado do seu interese artístico e histórico que está potenciado pola súa posición relativa no conxunto, proximidade ao mar e presenza na configuración urbana da vila de Laxe.

7. Réxime de protección.

7.1. Igrexa de Santa María da Atalaia:

• Natureza: ben inmoble.

• Categoría: monumento.

• Interese: patrimonio arquitectónico. Arquitectura relixiosa.

• Nivel de protección: integral.

7.2. Réxime de protección.

A declaración de ben de interese cultural como monumento da igrexa de Santa María da Atalaia María, no concello de Laxe, determina a aplicación do réxime de protección previsto nos títulos II e III da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG) e complementariamente co establecido na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (LPHE). Así mesmo, para o conxunto de bens mobles que se catalogan, será de aplicación o previsto nos títulos II e IV da LPCG. Este réxime pode ser sintetizado no seguinte conxunto de requirimentos e obrigas:

• Autorización: as intervencións que se pretendan realizar no ben terán que ser autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Tamén será precisa a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para as intervencións sobre os bens mobles catalogados.

• Conservación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e as titulares de dereitos reais sobre o inmoble e os bens catalogados están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración.

• Acceso: as persoas físicas e xurídicas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e demais titulares de dereitos reais do inmoble e dos bens catalogados están obrigadas a permitir o acceso ao persoal habilitado para a función inspectora nos termos previstos no capítulo I do título X; ao persoal investigador acreditado pola Administración e ao persoal técnico designado pola Administración para a realización dos informes necesarios. Para o caso dos bens mobles e as actividades de investigación, a obriga de acceso poderase substituír, por petición das persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e titulares de dereitos reais sobre o ben, polo seu depósito na institución ou entidade que sinale a consellaría competente en materia de patrimonio cultural. O período de depósito, salvo acordo en contrario entre ambas as dúas partes, non poderá exceder os dous meses cada cinco anos.

• Comunicación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, os titulares de dereitos reais están obrigadas a comunicar á consellería competente en materia de patrimonio cultural calquera dano ou prexuízo que sufran e que afecte de forma significativa o seu valor cultural.

• Visita pública: as persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e, en xeral, titulares de dereitos reais sobre o inmoble declarado de interese cultural permitirán a visita pública gratuíta un número mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día, que serán definidos previamente.

• Tanteo e retracto: calquera pretensión de transmisión onerosa da propiedade ou de calquera dereito real de desfrute do inmoble declarado ben de interese cultural deberá ser notificada á consellería competente en materia de patrimonio cultural con indicación do prezo e das condicións en que se propoña realizar aquela. En todo caso, na comunicación da transmisión deberá acreditarse tamén a identidade da persoa adquirente.

• Uso: en calquera caso a protección do ben implica que as intervencións que se pretenda realizar terán que ser autorizadas pola consellería competente en materia de patrimonio cultural e que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección.

• Traslado de bens mobles catalogados: en virtude do establecido nos artigos 22.2.b) e 64.3 e 4, o conxunto de bens mobles catalogados que se atopen na igrexa de Santa María da Atalaia considérase vinculados á devandita localización, polo que o seu traslado requirirá da autorización previa da consellería competente en materia de patrimonio cultural.

• Exportación de bens mobles: a exportación de bens mobles está sometida ao que se establece nos artigos 5 e 6 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e resulta da competencia da Administración xeral do Estado.

A declaracion como ben de interese cultural da igrexa da Atalaia determinará a aplicación do réxime de protección previsto nos títulos II e III da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio de Galicia (LPCG) e complementariamente co establecido na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (LPHE). Así mesmo, para o conxunto de bens mobles que se catalogan, será de aplicacion o previsto nos títulos II e IV da LPCG.

Este réxime implica a súa máxima protección e tutela, polo que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa conservación.

Calquera intervención que se pretenda realizar nela deberá ser autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, segundo proxectos elaborados por técnicos competentes e segundo os criterios legais establecidos (artigos 39 a 40 da LPCG).

ANEXO II

Relación de bens mobles

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cm)

Século/ano

Localización

1

Virxe da Atalaia

Descoñecido

Escultura

XV/XVI

Igrexa

2

Santa Inés

Descoñecido

Escultura

XV/XVI

Igrexa

3

Vía Crucis

Descoñecido

Cadro con escultura en relevo

Xeso, madeira

Primeiro terzo XX

Muros da nave

Retablo da Asunción (Nave. Muro da Epístola)

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cm)

Século/ano

4

Virxe da Asunción

Descoñecido

Escultura

Madeira

53 × 150

Primeiro terzo do século XX.

Retablo do Santo Sepulcro (Nave. Muro da Epístola)

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cm)

Século/ano

5

Cristo xacente

Descoñecido

Escultura

Madeira

Primeira metade do XIX

Retablo da Virxe do Carme (Nave. Muro da Epístola)

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cm)

Século/ano

6

San Xosé

José Rivas

Escultura

Madeira

44

Primeira metade do XX

7

Virxe do Carme

Descoñecido

Escultura

Madeira

77

Primeira metade do XX

8

Sagrado Corazón de Xesús

Descoñecido

Escultura

Madeira

44 × 100

Primeira metade do XX

Retablo da Inmaculada (Nave. Muro do Evanxeo)

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cm)

Século/ano

9

Inmaculada

Descoñecido

Escultura

Madeira

60

Segunda metade do XIX

10

Santo Antón de Padua

López Pedre

Escultura

Madeira

48

Primeiro terzo do XX

11

San Roque

José Rivas¿?

Escultura

Madeira

43 × 100

Primeiro terzo do XX

Retablo da Paixón (Nave. Muro do Evanxeo)

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cm)

Século/ano

12

Virxe Doorosa

Descoñecido

Escultura

Madeira

40

Segunda metade do XIX

13

Xesús Nazareno

Descoñecido

Escultura

Madeira

30

Segunda metade do XIX

Outros bens mobles

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cm)

Século/ano

Localización

14

Asunción

Descoñecido

Escultura

Madeira

70

Mediados XVIII

Presbiterio

15

San Francisco

Descoñecido

Escultura

Madeira

25,5 × 63

Mediados XVIII

Presbiterio

16

San Miguel

Descoñecido

Escultura

Madeira

60

Primeira metade XVIII

Presbiterio

17

Santa Rosa de Lima

Descoñecido

Escultura

Madeira

26 × 67

XVIII

Presbiterio

18

San Francisco Xavier

Descoñecido

Escultura

Madeira

23,5 × 54

Segundo terzo XVIII

Presbiterio

19

Santa Tareixa

Descoñecido

Escultura

Madeira

21 × 51

Segundo terzo XVIII

Presbiterio

20

Sagrario

Descoñecido

Escultura

Madeira

76 × 84

Terceiro cuarto XVIII

Presbiterio

21

Virxe do Rosario

Vicente Portela (atribuído)

Escultura

Madeira

43 × 102

1824

Presbiterio

22

Neno Xesús

Descoñecido

Escultura

Madeira

23,5 × 41

Primeiro terzo XX

Presbiterio

23

Virxe da O

Descoñecido

Escultura

Madeira

33,5 × 102

Segundo terzo XX

Presbiterio

24

Cristo Resucitado

Descoñecido

Escultura

Madeira

34 × 74

Segundo terzo XVIII

Presbiterio

25

Cáliz

Descoñecido

Ourivaría

Prata

8,5 × 14

Segundo terzo XX

Sancristía

26

Cáliz

Descoñecido

Ourivaría

Prata

12,5 × 18,5

1944

Sancristía

27

Cáliz

Descoñecido

Ourivaría

Prata

9 × 11

Segundo terzo XX

Sancristía

28

Cáliz

Descoñecido

Ourivaría

Prata

8,5 × 24

Segunda metade XX

Sancristía

29

Naveta

Descoñecido

Ourivaría

Prata

13,5 × 11

Primeiro terzo XX

Sancristía

30

Copón

Descoñecido

Ourivaría

Prata

11 × 23

Segundo terzo XVIII

Sancristía

31

Incensario

Descoñecido

Ourivaría

Prata

12,5 × 19

Primeiro terzo XX

Sancristía

32

Custodia

Descoñecido

Ourivaría

Metal

24,5 × 47

Segundo terzo XX

Sancristía

33

Custodia

Descoñecido

Ourivaría

Metal

28 × 43,5

XVI/XVII/XIX

Sancristía

34

Ostensorio

Descoñecido

Ourivaría

Metal

35 × 63

1990

Sancristía

35

Farol

Descoñecido

Ourivaría

Metal

12 × 34

Primeiro terzo XX

Sancristía

36

Coroa

Descoñecido

Ourivaría

Prata

7 × 20,5

XX

Sancristía

37

Coroa

Descoñecido

Ourivaría

Prata

16

XX

Sancristía

38

Vinagreiras

Descoñecido

Ourivaría

Prata

-

XX

Sancristía

39

Portaviático

Descoñecido

Ourivaría

Prata

5

1810

Sancristía

40

Portaviático

Descoñecido

Ourivaría

Prata Meneses

5

XX

Sancristía

41

Cruz parroquial

Descoñecido

Ourivaría

Prata

34,5 × 82

Primeiro terzo XIX

Sancristía

42

Crucifixo de altar

Descoñecido

Escultura

Madeira

41 × 91

Último terzo XVIII

Sancristía

43

Virxe co neno

Descoñecido

Escultura

Madeira

20 × 53

Primeiro terzo XX

Sancristía

44

Incensario

Descoñecido

Ourivaría

Metal

12 × 23

Último terzo XIX

Sancristía

45

Exvoto ánimas

Descoñecido

Cadro con escultura

Madeira

121 × 78

1939

Sancristía

ANEXO III

Delimitación do ben e contorno de protección

1. Identificación dos bens.

Os límites do ben protexido deben entenderse seguindo o trazado da muralla de configuración da plataforma en que se asenta e, por tanto, forman parte de todo o recinto intramuros a igrexa, o adro da igrexa cos seus enterramentos, os nichos do lado setentrional e a explanación meridional co seu cruceiro.

2. Contorno de protección.

Considérase axeitada a delimitación do contorno de protección feita para estes bens no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), aprobado o 30 de outubro de 2019, cartografada na ficha L-01 do catálogo. O contorno de protección proposto identifícase cunha liña vermella de trazos finos.

3. Plano coa delimitación do PXOM:

missing image file