BDNS (Identif.): 536335.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Modificación do título das bases reguladoras
Resolución do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia de COVID-19 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E).
Segundo. Modificación do crédito orzamentario
O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 06.A1-741A-7700 por un importe de 6.400.000 € con cargo ao ano 2021 e con cargo á partida orzamentaria 06.A1-741A-4702 por un importe de 600.000 € para o ano 2021.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021
Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica