Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2021 Páx. 11079

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E).

Mediante a Resolución do 26 de novembro de 2020 publicouse no DOG do 3 de decembro de 2020 o Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, e convoca as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva. O programa está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Nesa resolución establécese que o crédito dispoñible para o programa é de 3.000.000 de €. As previsións de asignación de axudas levan a estimar que, para atender a maior cantidade de solicitudes posible será necesaria unha ampliación orzamentaria por un importe de 4.000.000 de €. Para iso, dado que a convocatoria está nunha fase de xestión inicial no que a operación Feder non está finalizada, proponse reconducir as bases reguladoras e o financiamento da convocatoria cara ao eixe REACT-UE, por entender que responde plenamente aos obxectivos perseguidos por este novo eixe, e permitirá incrementar o financiamento da convocatoria cos fondos REACT adicionais dispoñibles.

Co fin de apoiar a maior cantidade de solicitudes de axuda posible,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificación da Resolución do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E).

Un. O título da resolución de convocatoria queda redactado do seguinte xeito:

«Resolución do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG524E)».

Dous. O punto primeiro do resolvo queda redactado do seguinte xeito:

«Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio e convocar para o ano 2021 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG524E).

A convocatoria é susceptible de ser financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19».

Tres. O punto cuarto do Resolvo queda redactado do seguinte xeito:

«Cuarto. O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes:

Partida orzamentaria

Ano 2021

06.A1-741A-7700

6.400.000 €

06.A1-741A-4702

600.000 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto».

Cuarto. O título das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«Bases reguladoras das axudas para a instalación, reforma e adaptación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio, financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19».

Quinto. O artigo 2.4 das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«4. Esta convocatoria é susceptible de ser financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19. Está sometida ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular ás establecidas no anexo XII, punto 2.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013) (en diante, Regulamento (UE) nº 1303/2013)».

Sexto. Modifícase o título do procedemento, a referencia ao financiamento e a lexislación aplicable no anexo II de Solicitude, que se substitúe polo que se anexa a esta resolución.

Sétimo. Modifícase o título do anexo III de Solicitude de cobramento, que se substitúe polo que se anexa a esta resolución.

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file