Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2021 Páx. 11266

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2021 pola que se publica a Resolución do 16 de febreiro de 2021 respecto das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

Mediante a Orde do 11 de setembro de 2020 (DOG núm. 191, do 21 de setembro) publicáronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia.

De conformidade co artigo 15 da antedita orde, a resolución será ditada pola persoa titular da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social por proposta da Comisión Instrutora, segundo o previsto no artigo 13.

Así mesmo, o artigo 16 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 16 de febreiro de 2021, ditada no procedemento BS623D, respecto das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D), que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 16 de febreiro de 2021 pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

Resolución da conselleira de Política Social respecto das axudas convocadas a través da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería

A través da Orde do 11 de setembro de 2020 (DOG núm. 191, do 21 de setembro) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería.

Unha vez vista a proposta formulada pola comisión instrutora regulada no artigo 11 da orde de convocatoria, en relación coas solicitudes presentadas con data do 20.10.2020 pola Asociación Altair Galiza e pola Fundación Delegación Fundación Finnova; en concreto, no caso da primeira entidade, Asociación Altair Galiza, por non estar inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia nin ter solicitado a inscrición dentro do prazo de presentación de solicitudes (artigo 4.1.a); e no caso da segunda entidade, a Fundación Delegación Fundación Finnova, por non incluír entre os seus fins fundacionais actuacións destinadas á xuventude (artigo 4.1.a), nin ter acreditado experiencia e especialización durante un prazo mínimo de 2 anos no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na liña V do anexo I (artigo 4.1.f),

RESOLVO:

– Inadmitir a trámite as solicitudes que se relacionan no anexo e declarar que non son susceptibles de acceder ás subvencións polo incumprimento dos requisitos sinalados no artigo 4 da orde de convocatoria, nos termos da proposta da comisión instrutora e que se recollen no dito anexo.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 16 da Orde do 11 de setembro de 2020.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO

Solicitudes inadmitidas

Número

expediente

Entidade solicitante

NIF

Programa

Causa

2020/49

Asociación Altair Galiza

G27439124

Programa Fortaleza asociativa, beleza construtiva

Incumprimento do requisito establecido na letra a) do número 1 do artigo 4.

Programa Descubre(te)

Incumprimento do requisito establecido na letra a) do número 1 do artigo 4.

2020/162

Fundación Delegación Fundación Finnova

W0173298A

Programa EVIF-Empleo verde de inclusión y formación

Incumprimento dos requisitos establecidos nas letras a) e f) do número 1 do artigo 4

Programa Startup Europe Accelerator

Incumprimento dos requisitos establecidos nas letras a) e f) do número 1 do artigo 4