Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2021 Páx. 12352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 5 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os actos administrativos relativos ao procedemento BS403B (expediente 2020-000000475 e doce máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo I sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste edicto os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes relativas á Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2020 (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro de 2020).

Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo I, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e terán á súa disposición os expedientes para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica e efectuaren a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este edicto publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, de non faceren a emenda no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, efectuada por comparecencia, se considerará que desistiron das solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Solicitudes suxeitas a emenda de documentación (procedemento BS403B)

Nº de identificación

Nº de expediente

Acto que se notifica e data

Documentación para presentar

79340851M

BS403B-2020-00000475

Requirimento do 19.6.2020

D.9

KD4593015

BS403B-2020-00002514

Requirimento do 15.10.2020

D.3, D.8

47404672Q

BS403B-2020-00003493

Requirimento do 17.9.2020

D.5

77010818X

BS403B-2020-00003826

Requirimento do 15.10.2020

D.5

78804134Q

BS403B-2020-00004012

Requirimento do 15.10.2020

D.9

FW301306

BS403B-2020-00004490

Requirimento do 15.10.2020

D.3, D.4, D.8, D.9

53397753X

BS403B-2020-00004720

Requirimento do 15.10.2020

D.9

58036142N

BS403B-2020-00005664

Requirimento do 21.12.2020

D.4, D.5, D.9

54125719A

BS403B-2020-00005712

Requirimento do 21.12.2020

D.5

GB536350

BS403B-2020-00005807

Requirimento do 21.12.2020

D.3, D.8

X9985052Q

BS403B-2020-00005822

Requirimento do 21.12.2020

D.2

54674282Q

BS403B-2020-00007123

Requirimento do 25.1.2021

D.5

Y3922488J

BS403B-2020-00010120

Requirimento do 27.1.2021

D.5, D.8

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Anexo I debidamente cuberto e asinado pola persoa solicitante da axuda.

D.2

Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante da axuda.

D.3

Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante da axuda.

D.4

Copia do DNI ou NIE da persoa cónxuxe/parella ou pasaporte en vigor para o suposto de que esta estea en trámite de autorización de residencia.

D.5

Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da persoa solicitante co resto dos membros da súa unidade familiar.

D.6

Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paternofiliais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e/ou do convenio regulador, de ser o caso.

D.7

Xustificante de empadroamento da persoa solicitante da axuda.

D.8

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa solicitante, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención.

D.9

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa proxenitora que non aparece como solicitante da axuda, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención ou, na súa falta, documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro no período impositivo computable, xunto cun certificado de organismo competente ou entidade bancaria acreditativo do valor en euros dos ditos ingresos, de ser o caso.

D.10

Número de teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta Benvida