Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12563

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2021, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo (Boletín Oficial del Estado número 184, do 2 de agosto) e da Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Diario Oficial de Galicia número 233, do 27 de novembro) (códigos de procedemento IF310D/IF310E).

A Directiva 2003/59/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xullo de 2003, relativa á cualificación inicial e á formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, pola que se modifican o Regulamento (CEE) núm. 3820/85 do Consello e a Directiva 91/439/CEE do Consello, establece unha nova formación obrigatoria para determinados condutores profesionais.

En desenvolvemento destas previsións ditouse o Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo, polo que se regulan a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada, que no capítulo VI (artigos 14 a 17) e no anexo V recolle a regulación dos exames para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial.

O artigo 15 do referido Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo, establece que deberán convocarse exames polo menos seis veces ao ano e que o órgano competente poderá publicar unha vez ao ano todas as convocatorias referidas a este, indicando os prazos de inscrición correspondentes a cada convocatoria. Igualmente, o artigo 14 da mesma norma establece que o exame deberá ser superado no prazo de 6 meses contado desde a finalización do curso de formación acreditativo da cualificación inicial para a obtención do certificado de aptitude profesional. Este curso deberá repetirse no suposto de ter transcorrido o referido prazo sen a superación da proba.

A convocatoria destas probas correspóndelle á Xunta de Galicia con base na delegación de competencias efectuada pola Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo, de delegación de competencias do Estado nas comunidades autónomas en relación cos transportes por estrada e por cable.

Con base nas ditas previsións ditouse a Orde do 19 de novembro de 2009, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se estableceron as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, e se estableceu unha habilitación á persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade para levar a cabo as sucesivas convocatorias de exame.

Na súa virtude, de conformidade coas previsións contidas na Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo, na Directiva 2003/59/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xullo de 2003, no Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada, e na Orde do 19 de novembro de 2009,

DISPOÑO:

1. Convocatoria.

Convócanse, para o ano 2021, as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución. Os procedementos asociados a esta norma son o de inscrición ás ditas probas (anexo I-IF310D) e o de devolución de taxas en relación coa dita inscrición (anexo II-IF310E).

2. Calendario.

No ano 2021 realizaranse seis convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:

Convocatoria

Intervalo de celebración

Prazo de inscrición

22.3.2021 a 24.4.2021

15 días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución

10.5.2021 a 29.5.2021

Desde que remate o prazo para a anterior convocatoria e ata o 12.4.2021

7.7.2021 a 31.7.2021

Desde que remate o prazo para a anterior convocatoria e ata o 18.6.2021

7.9.2021 a 4.10.2021

Desde que remate o prazo para a anterior convocatoria e ata o 20.8.2021

20.10.2021 a 8.11.2012

Desde que remate o prazo para a anterior convocatoria e ata o 10.10.2021

24.11.2021 a 18.12.2021

Desde que remate o prazo para a anterior convocatoria e ata o 15.11.2021

En atención á evolución da situación sanitaria provocada pola pandemia da COVID-19, as anteriores datas poderán ser obxecto de ulterior modificación, mesmo unificando a celebración de convocatorias de exame, información que publicaría a Dirección Xeral de Mobilidade na sección «Formación» da web https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal.

3. Órgano responsable da tramitación.

O órgano responsable da tramitación dos procedementos regulados nesta resolución é a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.

4. Inscrición.

4.1. Solicitudes.

a) As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Fomento. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D (anexo I), onde se amosará o enlace á sede electrónica do Ministerio de Fomento en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.

b) As persoas aspirantes excluídas ou non admitidas á realización das probas poderán solicitar a devolución das taxas que aboasen, de ser o caso, a través do procedemento IF310E, para o cal presentarán unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.

c) As solicitudes de devolución de taxas (IF 310E-anexo II) presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

d) Ao abeiro do establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, nos procedementos regulados nesta resolución é obrigatoria a presentación electrónica, tanto das solicitudes como da documentación complementaria, dada a necesidade de inscrición na sede electrónica do Ministerio de Fomento para a comprobación de requisitos de acceso ás probas en todo o territorio estatal e tendo en conta tamén que está dirixido a un colectivo profesional de transportistas de mercadorías e de viaxeiros que, para o exercicio de traballos asociados coa dita profesión, deberán dispoñer de medios para a tramitación electrónica, especialmente nos casos de traballo por conta propia, en que xa resulta obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.

4.2. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

A documentación complementaria do procedemento de inscrición ás probas (IF310D-anexo I) presentarase obrigatoriamente por vía electrónica, para o cal deberá achegarse na opción habilitada para tal efecto dentro da mesma aplicación do Ministerio de Fomento utilizada para a inscrición. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

A documentación complementaria que se deberá presentar será o impreso de liquidación de taxas, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou pode recollerse na Dirección Xeral de Mobilidade, servizos de Mobilidade de cada provincia, ou nos departamentos territoriais da consellería, polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

4.3. Comprobación de datos.

4.3.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE en vigor da persoa solicitante.

b) DNI/NIE en vigor da persoa representante, de ser o caso.

c) Certificado de residencia da persoa solicitante.

4.3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

4.3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4.4. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF310D (anexo I) para o procedemento de inscrición ás probas e co código IF310E (anexo II) para o procedemento de devolución das taxas.

Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Mobilidade, a través dos seguintes medios:

a) O enderezo electrónico: formacion.transportes@xunta.gal.

b) O teléfono 881 99 50 77.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación do procedemento de devolución de taxas (IF310E) deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4.5. Exención da taxa de inscrición para as probas.

De acordo co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, terán dereito á exención da taxa do procedemento de inscrición (IF310D-anexo I) as persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. O órgano responsable do procedemento comprobará de oficio os ditos requisitos agás que, excepcionalmente, sexa necesario o requirimento á persoa interesada da acreditación documental das ditas circunstancias, debido á imposibilidade de realizar a dita comprobación ou cando sexa necesario, a xuízo do órgano responsable, para acreditar de forma fidedigna o cumprimento dos ditos requisitos.

5. Publicación e notificación de actos administrativos.

5.1. Publicación de resolucións e actos administrativos no procedemento de inscrición (IF310D-anexo I).

As resolucións e os actos administrativos derivados do procedemento de inscrición para as probas (IF310D-anexo I) serán obxecto de publicación de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A publicación realizarase na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade,
https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/mobilidade.

5.2. Publicación de resolucións e actos administrativos no procedemento de devolución de taxas (IF310E-anexo II).

5.2.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos no procedemento de devolución de taxas (IF310E-anexo II) practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5.2.2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo electrónico e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5.2.3. Neste caso, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5.2.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5.2.5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2021

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

missing image file
missing image file