Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (633/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 633/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Concepción Corral Carreira contra Multiservicios Norlim, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario foi ditada sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Decido

Estimar a demanda formulada por Concepción Corral Carreira e condenar a empresa Multiservicios Norlim, S.L. ao pagamento á demandante da cantidade de 801,48 euros que se incrementará cos xuros do 10 %.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que é firme e non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Multiservicios Norlim, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 9 de febreiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza