Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 3 de marzo de 2021 Páx. 12774

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 284/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento seguridade social 284/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Osorio Méndez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cre Auditores Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Mutua Gallega, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvo:

Admitir a demanda formulada por Miguel Ángel Osorio Méndez e condenar as demandadas ao pagamento á demandante das diferenzas de prestación de IT entre o 27 de maio de 2016 e o 17 de xaneiro de 2018, da seguinte forma:

– A cantidade de 9.808,86 euros de diferenzas que deberá aboar a Mutua Galega en concepto de pagamento delegado e

– A cantidade 5.557,40 euros que deberá aboar, principalmente, a empresa demandada e con responsabilidade subsidiaria da Mutua como anticipo de pagamento, e do INSS en caso de insolvencia da Mutua.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou mediante comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0284-18, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento dunha cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0284-18, a cantidade obxecto da condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro ao primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario “Xulgado Social número 1 de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cre Auditores Consultores de Eficiencia Energética, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 10 de febreiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza