Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12928

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (760/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 760/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mabel Soñora Oliveira contra a empresa Feria Gallega del Marisco, S.L., Luis Padín Parada, o Fogasa e José Carlos Parada Cao, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados na comparecencia previa a esta resolución.

Arquívense as actuacións.

Notifíquese a presente resolución, facendo saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados o prazo contará desde que puidesen coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Luis Padín Parada, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza