Eu, Eva Ortiz Suarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 439/2020 deste xulgado do social se ditou sentenza o 10.2.2021, contra a que se pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste órgano xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a Carpim Instalaciones Modulares, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 11 de febreiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza