Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12926

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DSP 290/2020).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 290/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Fernández Arias contra Pronored, S.L.U. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución con data do 29 de xaneiro de 2021 contra a que cabe recurso de suplicación no prazo de 5 días desde a súa notificación, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pronored, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de febreiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza