Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12924

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (350/2020).

Xuízo verbal 350/2020

Sobre outras materias

Demandante: Guillermo Villaverde Chas

Procurador: Jesús Ángel Sánchez Vila

Avogada: María José Almodóvar Melendo

Demandada: Talycor Galicia, S.L.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Lalín o 13 de xaneiro de 2021

Vistos e examinados por Carmen Riveiros Santiago, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín, os autos de xuízo verbal número 350/2020, por instancia do procurador Sr. Sánchez Vila, en nome e representación de Guillermo Villaverde Chas, defendido pola letrada Sra. Almodóvar Melendo, contra Talycor Galicia, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por instancia do procurador Sr. Sánchez Vila, en nome e representación de Guillermo Villaverde Chas, defendido pola letrada Sra. Almodóvar Melendo, contra Talycor Galicia, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno a Talycor Galicia, S.L. a aboar a Guillermo Villaverde Chas a cantidade de 5.880 euros, máis os xuros legais e de demora na forma establecida nos fundamentos xurídicos desta resolución.

Será a cargo da demandada condenada o pagamento das custas procesuais.

Notifíquese a resolución ás partes en legal forma, advertíndolles que contra ela poderán interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que non será admitido a trámite se non acredita a parte interesada ter constituído o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, introducida mediante a Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Están exentos de constituír o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao libro mazo de sentenzas e autos deste xulgado, e testemuño desta aos autos principais.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz que a ditou, estando a celebrar audiencia pública no mesmo día da súa data. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Talycor Galicia, S.L., expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 15 de xaneiro de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza