Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 4 de marzo de 2021 Páx. 12921

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (822/2019).

Eu, María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, mediante este edicto anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de Juan Manuel Ibáñez Casco fronte a José Fernández Martínez e os propietarios descoñecidos e incertos da planta baixa do edificio sito na rúa María, 7, de Mugardos, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

Sentenza 124/2020

Xuízo verbal 822/2019

Procedemento de orixe: dilixencias preliminares 644/2019

Sobre outros verbal

Demandante: Juan Manuel Ibáñez Casco

Procurador: Eduardo Luis Fariñas Sobrino

Avogado: Francisco Rodríguez-Gigirey Pérez

Demandado: José Fernández Martínez

Procuradora: Raquel Bedoya Freire

Avogada: Patricia Rodríguez Sanjosé

Sentenza:

En Ferrol o 4 de novembro de 2020.

Vistos por Berta Vidal Gallego, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os presentes autos de xuízo verbal número 822/2019, seguidos ante este xulgado, en que son partes, como demandante Juan Manuel Ibáñez Casco, representado polo procurador Sr. Fariñas Sobrino e asistido do letrado Sr. Rodríguez-Gigirey Pérez, e como demandados José Fernández Martínez, representado pola procuradora Sra. Bedoya Freire e asistido da letrada Sra. Rodríguez Sanjosé, e os propietarios descoñecidos e incertos da planta baixa do edificio sito na rúa María, nº 7, de Mugardos (A Coruña), en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por responsabilidade extracontractual, procédese, en nome do rei, a ditar a presente sentenza

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada polo procurador Sr. Fariñas Sobrino, en representación de Juan Manuel Ibáñez Casco, contra José Fernández Martínez, representado pola procuradora Sra. Bedoya Freire, e os propietarios descoñecidos e incertos da planta baixa do edificio sito na rúa María, nº 7, de Mugardos (A Coruña), en situación procesual de rebeldía, e declárase:

Que os codemandados veñen obrigados a realizar no edificio da súa propiedade, sito na rúa María, nº 7, de Mugardos (A Coruña), e pola súa conta, todas as obras necesarias para impedir ou evitar as filtracións e humidades que se veñen ocasionando á vivenda propiedade do demandante.

Que os codemandados veñen obrigados a indemnizar a Juan Manuel Ibáñez Casco polos danos ocasionados á súa propiedade a resultas das devanditas filtracións e cifrados pericialmente ata a data de emisión do último informe achegado (23.10.2019) na cantidade de 404 euros, suma que se verá incrementada no xuro legal do diñeiro desde a data de presentación da demanda (31.10.2019) ata a desta sentenza, devindicándose a partir desta data os xuros previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil ata o completo pagamento, sen que proceda declarar a obriga de indemnizar os demais danos que continúen producíndose na devandita vivenda ata que se leve a cabo a reparación da causa que os orixina.

E, en consecuencia, condénanse:

Os codemandados a realizar no edificio da súa propiedade, e pola súa conta, todas as obras necesarias para impedir ou evitar as filtracións e humidades que se veñen ocasionando á vivenda do demandante.

Os codemandados a indemnizar a Juan Manuel Ibáñez Casco polos danos ocasionados á súa propiedade a resultas das devanditas filtracións e cifrados pericialmente ata a data de emisión do último informe achegado (23.10.2019) na cantidade de 404 euros, suma que se verá incrementada no xuro legal do diñeiro desde a data de presentación da demanda (31.10.2019) ata a desta sentenza, devindicándose a partir desta data os xuros previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil ata o completo pagamento.

Cada parte deberá aboar as custas deste procedemento causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que, de acordo coa reforma introducida no artigo 455 da Lei de axuizamento civil pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, ao non superar a contía do procedemento os 3.000 euros, non cabe interpoñer contra ela recurso de apelación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada»

E atopándose a codemandada, propietarios descoñecidos e incertos da planta baixa do edificio sito na rúa María, 7, de Mugardos, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma á dita codemandada.

Ferrol, 4 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza