Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13426

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (45/2021).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse auto do 5.2.2021, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Auto que integra a sentenza nº 45/2021.

Maxistrado xuíz: Luis Doval Pérez.

Ourense, 5 de febreiro de 2021.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Este xulgado ditou sentenza nos autos de divorcio contencioso número 1411/19.

Segundo. Notificada a citada sentenza, a procuradora Inés Fernández Ramos, actuando no nome e representación acreditados, presentou escrito en que solicitaba a aclaración da referida sentenza.

Parte dispositiva:

Acordo estimar a petición formulada pola procuradora Inés Fernández Ramos, en nome e representación de Adelaida Carballo Fernández, e aclarar o erro material da data da sentenza ditada nos autos de divorcio contencioso número 1411/19, de forma que onde pon: “Ourense, 25 de febreiro de 2021”, debe poñer: “Ourense, 25 de xaneiro de 2021”.

Mantéñense integramente os demais pronunciamentos.

Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún, sen prexuízo do que se poida interpoñer contra a sentenza, computándose o prazo desde a notificación da presente.

Mándao e asínao S.S.ª. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Augusto Rodríguez Rodríguez, esténdese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 5 de febreiro de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza