No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:
«Sentenza número 83/2021.
Divorcio contencioso 980/2019.
Xuíz que a dita: Laura Guede Gallego
Lugar: Ourense.
Data: 3 de febreiro de 2021.
Vistos os presentes autos número 980/19 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Ríos, en nome e representación de María Mercedes Silveira Batista, como demandante, asistida por letrado, fronte a Manuel Monteiro de Deus, declarado en rebeldía.
Parte dispositiva.
Acordo a disolución do matrimonio formado por María Mercedes Silveira Batista e Manuel Monteiro de Deus, con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.
Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.
Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal. Deberá constituírse o depósito legalmente establecido.
E unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.
Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe».
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Monteiro de Deus, esténdese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.
Ourense, 11 de febreiro de 2021
O/a letrado/a da Administración de xustiza