Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 5 de marzo de 2021 Páx. 13430

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo

EDICTO (972/2018).

Eu, María Luisa Represa Garazo, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario nº 972/2018 seguido por instancia de Eos Spain, S.L. fronte a Adellvi Moda, S.L., Juan Manuel Adell del Oro, María Auxiliadora González García, Juan Manuel Adell González, María Inés Villa González, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Susana Álvarez García, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 8 dos de Vigo, viu os autos sinalados co nº 972/2018 (dimanantes de monitorio), seguidos polos trámites do xuízo ordinario por instancia de Eos Spain, S.L., representada polo procurador Manuel Carlos Diz Guedes e asistida da letrada Mª Raquel Pérez Rodríguez, contra Juan Manuel Adell del Oro, Mª Auxiliadora González García e Mª Inés Villa González, representados pola procuradora Paz Barreras Vázquez e asistidos da letrada Ana Cuellas Cuellas, e contra Adellvi Moda, S.L. e Juan Manuel Adell González, ambos en rebeldía, e dita a seguinte

Sentenza

Que estimando a demanda formulada en autos de xuízo ordinario nº 972/2018 polo procurador Manuel Carlos Diz Guedes, en nome e representación de Eos Spain, S.L., contra Adellvi Moda, S.L., Juan Manuel Adell del Oro, Mª Auxiliadora González García, Mª Inés Villa González e Juan Manuel Adell González, sobre incumprimento contractual, debo condenar e condeno os demandados a aboarlle solidariamente á actora a cantidade de vinte e tres mil trescentos sesenta e dous euros con oitenta e tres céntimos (23.362,83 euros), incrementada cos xuros moratorios legais desde a data do requirimento de pagamento efectuado no proceso monitorio, e con imposición á parte demandada das custas procesuais causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de 20 días a partir da súa notificación (art. 458.1 LAC), logo de depósito da suma de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado.

Únase esta resolución ao libro da súa clase, deixando nos autos testemuño desta.

Así, por esta a miña sentenza, fallando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo, en Vigo o vinte e oito de outubro de dous mil vinte.

E atopándose o devandito demandado, Adellvi Moda, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 2 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza