Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 13976

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, a data, a hora e o lugar de realización das probas (PR473A).

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 78, do 21 de abril), esta dirección xeral

DISPÓN:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 26 de outubro de 2020 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR473A e PR472A) (DOG núm. 225, do 6 de novembro).

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Composición do tribunal cualificador.

O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:

Tribunal titular:

Presidenta: Mónica María Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Ana Purificación Otero Ferreiro.

Jesús Lata Buceta.

Marco Antonio Freire Serén.

Tribunal suplente:

Presidente: Luis Castedo Balsa.

Secretario: Ramón Freire Priegue.

Vogais:

García de Francisco, Beatriz.

Botana Cebeiro, María del Carmen.

Constantino Grandío Rivas.

O réxime xurídico aplicable ao tribunal cualificador será o que establece para os órganos colexiados a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Desenvolvemento das probas:

Convócase os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización da proba, que terá lugar o próximo día 26 de marzo na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avda. da Cultura, s/n, A Estrada.

Proba psicolóxica:

Ás 12.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 1 de marzo de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Excluídos renovación

Apelidos e nome

Clave exclusión

Martínez López, Óscar

1

Código

Descrición

1

Debe solicitar o seu certificado de penais de maneira presencial