Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14700

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de marzo de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación xustifícase polos cambios organizativos da nova estrutura establecida polo Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021).

En consecuencia, por proposta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de marzo de 2021, adoptou o seguinte acordó:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de marzo de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file