Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14875

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (342/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 342/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Ángeles Durán Lijó, Dorinda Becerro Lorenzo, María Alicia Budiño Rodríguez, María del Carmen Muíño Varela, Amalia Ferreira Calvete, María Consolación Filgueira Muíño e Ana María Prieto Andújar contra o Fondo de Garantía Salarial e Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte Resolución con data 15.2.2021, en cuxa parte dispositiva consta:

«Parte dispositiva:

Estímase a demanda formulada por María de los Ángeles Durán Lijó, Dorinda Becerro Lorenzo, María Alicia Budiño Rodríguez, María del Carmen Muíño Varela, Amalia Ferreira Calvete, María Consolación Filgueira Muíño e Ana María Prieto Andújar contra a empresa Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L. a aboar ás demandantes as seguintes cantidades:

• A María del Carmen Muíño Varela, 2.251,89 euros.

• A Dorinda Becerro Lorenzo, 3.105,87 euros.

• A María de los Ángeles Durán Lijó, 5.170,74 euros.

• A María Amalia Ferreira Calvete, 1.374,70 euros.

• A María Alicia Budiño Rodríguez, 2.967,16 euros.

• A María Consolación Filgueira Muíño, 3.436,91 euros.

• A Ana María Prieto Andújar, 881,40 euros.

Todas estas cantidades devindicarán o 10 % de xuros moratorios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Publicación. A presente sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas y Mantenimiento de Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza