Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 15061

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a cobertura dun posto de titulado/a superior en Química.

No uso das facultades conferidas no artigo 8.2 da Lei 3/2004, do 7 de xuño (DOG nº 116, do 17 de xuño) que crea o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) como un ente de dereito público con personalidade xurídica propia e patrimonio de seu e con plena capacidade e autonomía para o cumprimento dos seus fins, adscrito á Consellería do Mar,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal dun/dunha titulado/a superior en Química (grupo I, categoría 3), mediante concurso de méritos, para cubrir un posto vacante no cadro de persoal do Instituto.

As bases e condicións atópanse na páxina web do Intecmar http://www.intecmar.gal/transparencia/Convocatorias e no seu taboleiro de anuncios.

Vilaxoán, 10 de marzo de 2021

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia