Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15410

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 1 de marzo de 2021 pola que se habilitan determinados colectivos da consellería para o emprego do certificado dixital de pseudónimo na Administración autonómica galega.

Advertido un erro na citada orde publicada no DOG número 49, do 12 de marzo de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 14477, onde di:

«1. O persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios/as, que desenvolva funcións suxeitas ao disposto na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, na Lei 28/2015, do 30 de xullo, para a defensa da calidade alimentaria, e na Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal».

Debe dicir:

«1. O persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios/as, que desenvolva funcións suxeitas ao disposto na Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal; na Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, e na Lei 28/2015, do 30 de xullo, para a defensa da calidade alimentaria».