Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15370

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 9 de marzo de 2021 pola que se clasifica de interese sanitario a Fundación Salma.

Foi examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Salma, con domicilio na rúa María Luisa Durán Marquina, 7, 3º C, A Coruña.

Feitos

1. Con data do 8 de xaneiro de 2021, Ana Lucía González Novás, presidenta do Padroado da Fundación, presentou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Salma foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña o 3 de decembro de 2020 por Ana Lucía González Novás, que actúa no seu propio nome e dereito, ante o notario Francisco Manuel Ordóñez Armán, e correspóndelle o número 1967 do seu protocolo.

Esta escritura foi emendada por outra outorgada ante o mesmo notario o 29 de decembro de 2020, co número 2198 do seu protocolo.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a Fundación ten por obxecto o desenvolvemento de actuacións tendentes á promoción da saúde mental e do benestar social da poboación galega, contribuíndo a facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades e non discriminación para a plena inclusión social das persoas con discapacidade por enfermidade mental ou TEA.

4. O Padroado inicial da Fundación está constituído por Ana Lucía González Novás, como presidenta; David Río González, como vicepresidente; Ana María Río Novás, como secretaria, e Miguel Carlos Plaza Cancela, como vicesecretario.

5. A Comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo a proposta de clasificación como de interese sanitario da Fundación Salma, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do Padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da Comisión de secretarios xerais, procede a súa clasificación como de interese sanitario e a súa adscrición á Consellería de Sanidade.

Consideracións legais

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da Fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, correspóndelle a esta Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a clasificación da Fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais, na súa reunión do día 8 de marzo de 2021,

DISPOÑO:

Clasificar de interese sanitario a Fundación Salma, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Sanidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderase interpor previamente e con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Turismo