Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16207

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de febreiro de 2021, polo que se aproba o Plan de dinamización elaborado polo Concello de Mondoñedo.

En cumprimento do disposto no artigo 60.2.f) da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de febreiro de 2021, co seguinte texto literal:

«Aprobar o Plan de dinamización elaborado polo Concello de Mondoñedo e determinar as consellerías e os organismos da Xunta de Galicia que deberán participar nel:

• Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (Axencia de Turismo de Galicia);

• Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación;

• Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e Instituto Galego da Vivenda e Solo) e

• Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e Dirección Xeral do Patrimonio Cultural).

O acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e nas páxinas web do Instituto Galego da Vivenda e Solo e do Concello de Mondoñedo».

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo