Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 17929

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 22 de marzo de 2021 pola que se acorda a cesión en propiedade de tractores, rozadoiras de brazo e trituradoras suspendidas traseiras a varios concellos.

A Consellería do Medio Rural, na forma establecida no Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, é o órgano da Administración galega ao cal, baixo a superior dirección da persoa titular do departamento, lle corresponde propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito rural, que engloba as competencias entre outras en materia de desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais e prevención e defensa dos incendios forestais, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española e no Estatuto de autonomía.

Dentro das funcións da Consellería do Medio Rural atópase, segundo o citado Decreto 149/2018, do 5 de decembro, o exercicio das funcións no referente á elaboración, proposta e desenvolvemento das directrices da política agraria en materia de mellora e modernización das infraestruturas rurais e do medio rural, co obxectivo directo da mellora da calidade de vida das zonas rurais, desenvolvendo as dotacións de equipamentos públicos básicos e de infraestrutura, sen prexuízo das competencias doutros departamentos da Xunta de Galicia, así como todos os asuntos referentes á reforma das estruturas agrarias e á preparación, execución e vixilancia dos seus correspondentes plans e programas de reforma das estruturas.

Dentro dos plans de actuacións anuais de concentración/reestruturación parcelaria e de mellora das infraestruturas rurais inclúense:

• A construción de camiños principais e secundarios para dar acceso aos novos predios de substitución, de acordo co artigo 60.2.a) da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, que con posterioridade son entregadas aos concellos e pasan a ser de titularidade municipal, correspondendo a eles a súa conservación e mantemento.

• A mellora da rede viaria a través dos plans marco de mellora de camiños de titularidade municipal.

• Actuacións directas da Consellería do Medio Rural na mellora das infraestruturas rurais mediante a sinatura de convenios de colaboración cos concellos.

• Actuacións na modernización dos regadíos das comunidades de regadores de interese xeral.

A Lei 4/2015, do 17 de xuño, define as masas comúns dos procesos de concentración/reestruturación parcelaria como un conxunto das predios remanentes resultantes do axuste técnico para a compensación entre achegas e atribucións.

O destino e titularidade destes terreos quedan establecidos no artigo 34 da citada lei, poden ser destinatarios os concellos, a Comunidade Autónoma de Galicia, e son xestionados pola Consellería do Medio Rural, no ano posterior á firmeza do acordo de concentración/reestruturación, e pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) unha vez transcorrido este tempo.

Os concellos teñen atribuídas, ao abeiro do artigo 25.2.d) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LRBRL), competencias en materia de conservación de camiños e vías rurais e prevención e extinción de incendios.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece as distancias mínimas de roza e as zonas de seguridade respecto de casas illadas e núcleos de poboación e redes primarias (infraestruturas lineais de prevención e defensa) de faixas de xestión da biomasa e de seguridade libres de maleza.

As redes secundarias de faixas de xestión de biomasa teñen un ámbito municipal e posúen a función prioritaria de protección dos núcleos de poboación, as infraestruturas, os equipamentos sociais, as zonas edificadas, os parques e os polígonos industriais.

Galicia ten unha das redes viarias más amplas de España, máis de 17.000 quilómetros, incluíndo as vías de titularidade estatal, autonómica, deputacións e concellos. Existe, loxicamente, unha relación entre a lonxitude total das vías de dependencia municipal e a extensión superficial e a poboación, pero tamén outros factores inciden de maneira relevante como son a dispersión dos núcleos, o tamaño das parcelas e a orografía. Nos concellos de menos de 10.000 habitantes supón case o 65 % do total e a correspondente proporción é moi superior nas vías interurbanas que nas urbanas.

A conservación das estradas e camiños en Galicia necesita dunha importante cantidade de recursos e de grandes esforzos. A conservación en bo estado e libre de maleza das cunetas e das marxes dos camiños e estradas é un elemento de vital importancia para manter o bo estado dos firmes e a seguridade na circulación sobre eles e para a prevención de incendios.

O mantemento en bo estado e libre de maleza das masas comúns das zonas de concentración/reestruturación parcelaria é unha obriga legal para o titular da masa común, neste caso as de propiedade municipal.

Para tal fin e para que poidan ter recursos para exerceren as competencias previstas consonte o artigo 331.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, a Consellería do Medio Rural tramita o expediente de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 82 a 87 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se regula a cesión gratuíta de bens e dereitos.

Polo exposto, e en uso das facultades que me confire o artigo 83.3 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os artigos 34.6 e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

En consecuencia,

ACORDO:

Artigo 1

Ceder en propiedade os tractores, rozadoiras de brazo e trituradoras suspendidas traseiras que se sinalan a continuación co fin de seren destinados aos labores limpeza e mantemento dos camiños e estradas de titularidade municipal, así como aos labores de xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa de ámbito municipal aos seguintes concellos:

Matrícula

nº bastidor

Marca-Modelo

Concello

E-7931-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

Lousame

HM3X20.182042.06

Trituradora TMC CANCELA TDR-200

51171

Rozadoira ORSI ALPINIST 500-0 VISUAL

E-7932-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

Ordes

HM3X20.182043.06

Trituradora TMC CANCELA TDR-200

51172

Rozadoira ORSI ALPINIST 500-0 VISUAL

E-7933-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

Padrón

HM3X20.182198.06

Trituradora TMC CANCELA TDR-200

51173

Rozadoira ORSI ALPINIST 500-0 VISUAL

E-6986-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

O Páramo

101

Trituradora LÓPEZ GARRIDO TGL-2000

51304

Rozadoira ORSI ALPINIST 500-0 VISUAL

E-6985-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

As Nogais

102

Trituradora LÓPEZ GARRIDO TGL-2000

51386

Rozadoira ORSI ALPINIST 500-0 VISUAL

E-6987-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

Pantón

104

Trituradora LÓPEZ GARRIDO TGL-2000

51385

Rozadoira ORSI ALPINIST 500-0 VISUAL

E-8376-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

Monterrei

HM3X20.182045.06

Trituradora TMC CANCELA TDR-200

50049418

Rozadoira GL1 AVANT 5000 MULTIPOSICIÓN (AV 500)

E-8437-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

Rairiz de Veiga

HM3X20.182046.06

Trituradora TMC CANCELA TDR-200

50049518

Rozadoira GL1 AVANT 5000 MULTIPOSICIÓN (AV 500)

E-8378-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

Toén

HM3X20.182047.06

Trituradora TMC CANCELA TDR-200

50049618

Rozadoira GL1 AVANT 5000 MULTIPOSICIÓN (AV 500)

E-8377-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro

HM3X20.182048.06

Trituradora TMC CANCELA TDR-200

50049718

Rozadoira GL1 AVANT 5000 MULTIPOSICIÓN (AV 500)

E-8436-BGZ

Tractor VALTRA N114EH5

Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense

HM3X20.182049.06

Trituradora TMC CANCELA TDR-200

50050418

Rozadoira GL1 AVANT 5000 MULTIPOSICIÓN (AV 500)

E-1564-BHB

Tractor VALTRA N114EH5

Arbo

HM3X20.182050.06

Trituradora TMC CANCELA TDR-200

50050518

Rozadoira GL1 AVANT mod 5000 MULTIPOSICIÓN (AV 500)

E-1569-BHB

Tractor VALTRA N114EH5

Moraña

HM3X20.182051.06

Trituradora TMC CANCELA TDR-200

50050618

Rozadoira GL1 AVANT mod 5000 MULTIPOSICIÓN (AV 500)

Artigo 2

A cesión sinalada no artigo anterior queda sometida ás seguintes cláusulas:

1. De conformidade co establecido polo artigo 82 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, o ben cedido destinarao o concello cesionario a fins de utilidade pública ou de interese social, de xeito especial:

– Aos labores de limpeza e mantemento dos camiños e estradas de titularidade municipal, así como aos labores de xestión da biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa de ámbito municipal para a protección dos núcleos poboacionais delimitados nos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais e que non sexan obxecto de actuacións de xestión de biomasa no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia a Fegamp e Seaga e, de ser o caso, das masas comúns das zonas de concentración/reestruturación parcelaria do seu ámbito territorial de titularidade municipal.

– Ás funcións de prevención de incendios forestais recollidas no correspondente convenio de colaboración subscrito entre o concello e a Consellería do Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, durante a súa vida útil e en ningún caso por un tempo inferior a 5 anos, preferentemente en terreos incluídos dentro do seu termo municipal, salvo acordo coa Consellería do Medio Rural para levar a cabo as devanditas funcións en terreos incluídos dentro doutros concellos do mesmo distrito forestal.

– A participar, por petición da Consellería do Medio Rural, por un período non inferior a 3 meses por ano, na execución das actuacións incluídas no Plan preventivo autonómico, coordinando os labores que prevexan o uso da maquinaria adquirida co distrito forestal.

– A colaboración, por petición da Agader, nas tarefas de limpeza e mantemento das parcelas non arrendadas que sexan de titularidade desta entidade, e estean incorporadas ao Banco de Terras de Galicia.

2. Os gastos de todo tipo que xerasen os bens obxecto da cesión ou o seu transporte, utilización ou conservación serán, en todo caso, por conta da entidade cesionaria, incluída a subscrición do correspondente seguro obrigatorio para o vehículo cedido.

3. Tanto se os bens cedidos non se aplican aos fins sinalados, como se se descoidan ou utilizan con grave quebrantamento, ou se incumpren as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería do Medio Rural), que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que sufrise.

Así mesmo, ante unha necesidade urxente e por razóns de interese público, a Consellería do Medio Rural poderá resolver a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O concello cesionario responderá do valor do ben cedido no caso da destrución, roubo ou perda e asumirá a obriga de constituír un seguro de responsabilidade civil coa finalidade de garantir a cobertura dos danos que puidesen ocasionarse, tanto ás persoas como ás propiedades, coa utilización do ben cedido.

5. Correspóndelle á Consellería do Medio Rural verificar a aplicación dos bens ao fin para o que foron cedidos, e poderá adoptar para iso cantas medidas sexan necesarias segundo dispón o artigo 85 da Lei 5/2011, do 30 de setembro. Así mesmo correspóndelle, se for o caso, a resolución dos expedientes de reversión.

Artigo 3

Esta cesión formalizarase mediante acta subscrita pola Secretaría Xeral Técnica desta consellería e o alcalde do concello cesionario ou funcionario en que delegue, e deberá constar nela o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Artigo 4

O presente acordo de cesión leva implícita a desafectación dos bens citados no artigo 1.

Disposicións derradeira primeira

A Consellería do Medio Rural, a través da Secretaría Xeral Técnica, realizará os trámites necesarios para a efectividade desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, podendo requirir previamente que se anule ou revogue o acto de conformidade co artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural