Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 19015

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (SS 837/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento SS 837/2019, seguido por instancia de Ibermutua contra Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), MC Mutual, Eva Ferro Adrán, Áncora Hispania, S.L. e Limpiezas Salgado, S.L., que leva acumulados os autos SS 879/2019 procedentes do Xulgado do Social número 4, seguidos por instancia de Mutual Midat Cyclops, contra INSS, TXSS, Eva Ferro Adrán, Limpiezas Salgado, S.L., Áncora Hispania, S.L. e Ibermutua, sobre incapacidade permanente, se ditou a Sentenza 126/2021, do 15 de marzo, en que se estima a demanda interposta por Ibermutua e se desestima a demanda interposta por MC Mutual, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Áncora Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza