BDNS (Identif.): 556352.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia21.
3. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas que xa resultaran beneficiarias na primeira edición do Bono turístico.
Segundo. Obxecto e réxime
Establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia21. Este bono turístico consistirá dunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2 (código de procedemento TU985D).
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 7 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e se establece a súa convocatoria para o 2021 (código de procedemento TU985D).
Cuarto. Importe
O crédito necesario para a cofinanciación das tarxetas do Bono turístico #QuedamosenGalicia21 financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 05.A2.761A.480.0, código de proxecto 2020 00001, do vixente orzamento da Axencia Turismo de Galicia, polo importe total máximo de 2.000.000 €, mediante os correspondentes libramentos á entidade colaboradora, ABANCA Corporación Bancaria, S.A., sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, nomeadamente, polo financiamento que poidan achegar outras administracións a este programa, de conformidade co disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que poderá dar lugar á posibilidade de atender novas solicitudes.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución ata o dia 1 de novembro de 2021 (incluído).
Sexto. Vixencia do programa
1. Este programa estará vixente ata o 15 de decembro de 2021, incluído, data ata a que os beneficiarios da tarxeta prepagamento poderán realizar pagamentos nos establecementos adheridos a este.
2. As tarxetas están sometidas a caducidade e, con carácter xeral, non poderán ser usadas máis aló do 15 de decembro de 2021.
3. Se a persoa beneficiaria da tarxeta non esgota o seu saldo antes do 16 de decembro de 2021, perde todo o dereito sobre el.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia