Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2021 Páx. 18853

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade das entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2021.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; e dando cumprimento ao artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da conselleiro,

RESOLVE:

Dar publicidade á resolución de adxudicación das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural ao abeiro da Orde do 11 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2021, que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2021

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 11 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR536A).

b) Aplicación orzamentaria: 14.04.713C.781.1.

Crédito orzamentario: 200.000,00 €.

c) Finalidade:

– O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.

– A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.

– A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.

– A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

d) Destinatarios:

As organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento das razas autóctonas galegas.

e) Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

Tamén se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

f) Beneficiarios e importe concedido:

Nº expediente

Entidade

Contía

LIXEN/2021/15/0001

Asociación de criadores do cabalo de Pura Raza Galega

20.000,00 €

LIXEN/2021/27/0001

Asociación de criadores do gando porcino celta

20.000,00 €

LIXEN/2021/32/0001

Asociación de criadores da raza Ovella Galega

20.000,00 €

LIXEN/2021/32/0002

Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos

20.000,00 €

LIXEN/2021/32/0003

Asociación de criadores da raza bovina Cachena

20.000,00 €

LIXEN/2021/32/0004

Asociación de criadores da raza bovina Caldelá

20.000,00 €

LIXEN/2021/32/0005

Asociación de criadores da raza Cabra Galega

20.000,00 €

LIXEN/2021/32/0006

Asociación de criadores da raza bovina Frieiresa

20.000,00 €

LIXEN/2021/32/0007

Asociación de criadores da raza bovina Limiá

20.000,00 €

LIXEN/2021/32/0008

Asociación de criadores da raza bovina Vianesa

20.000,00 €