Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 14 de abril de 2021 Páx. 19107

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras do sector do espectáculo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR820O).

BDNS (Idenf.): 556949.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Traballadores por conta allea que estivesen contratados en empresas relacionadas co sector do espectáculo.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar as axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras do sector do espectáculo con motivo da paralización da súa actividade a causa das medidas adoptadas ocasionadas pola COVID-19, así como a fixación dos criterios e requisitos para a súa concesión para o ano 2021.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras do sector do espectáculo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR820O).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase cincocentos mil euros (500.000,00 €).

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade