Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19516

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2021 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 26 de outubro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 225, do 6 de novembro).

O punto décimo da Resolución do 26 de outubro de 2020 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR471A e PR472A) establece que:

«1. Concluídas as probas, o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeral da Agasp as relacións dos/das aspirantes declarados/as aptos/as. A dita publicación substitúe as notificacións ás persoas interesadas.

2. A Dirección Xeral da Agasp elevará á dirección xeral competente en materia de espectáculos públicos a listaxe definitiva dos/das aspirantes declarados/as aptos/as e procederá á súa publicación no DOG, no taboleiro de anuncios da Agasp e na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal».

Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro.

Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo.

Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial (PR472A), que se publicou como anexo II na Resolución do 26 de outubro de 2020 (DOG núm. 225, do 6 de novembro), xunto co xustificante de ter aboado a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición quinta da resolución de convocatoria, e deberanse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Xustiza e Turismo.

Código: 04.

Delegación de servizos centrais.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa. Denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 6,23 euros.

Terceiro.

Contra esta resolución, definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, ante o mesmo órgano que a ditou, de conformidade co establecido no artigo 17.1 da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, e nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben formular recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, de conformidade co disposto nos artigos 8, 10 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo.

A Estrada, 8 de abril de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Abilleira Gómez, Lidia

Adao Ribeiro, Miguel Antonio

Agra Lago, Juan Antonio

Alonso Cerqueira, Enrique

Alonso Suárez, Andrea

Alves da Costa Araujo, Rosa María

Andrade Rivas, Óscar

Aragunde Betanzos, Roberto

Arias Moreiras, Sara

Balboa Fernández, Óscar

Baleirón Betanzos, Juan Carlos

Barreiro Cebreiro, Rita

Barreiro Vázquez, Jesús

Beitia López, Ada

Bermejo Navarro, Pablo

Bermúdez Trasande, Lorena

Calzada Gallur, Ainhoa

Carballido Couceiro, Cecilia María

Caneiro Silva, Aitana

Carpintero Bastos, León Felipe

Carreira Penalonga, Adrián

Castro Parente, Yonathan

Castro Tarela, Adriana

Coto Ameijeiras, José Carlos

Crespo Rodríguez, Óscar

Da Costa Martins, Alexandre

Darriba Ferradas, Francisco Luis

Dela Casa Franco, Raquel

Díaz López, María del Carmen

Diéguez Soto, Jessica

Domínguez Rodríguez, Ángela

Dopico-Dorrio Rodríguez, Sabela

El Bassim, Nisrine

Estévez Baña, Mónica

Estévez Guisande, Nerea

Feijoo Martínez, Juan Carlos

Fernández Fernández, María Ángeles

Fernández Oliveira, Ana Belén

Fernández Rodríguez, Abel

Fernández Rodríguez, Estela

Fernández Silva, Alberto José

Ferro López, Sonia

Fontáns Patiño, Valentín

Framil Lea, Francisco Javier

García Iglesias, José Julio

Gaspar Goldar, Adrian Daniel

Giménez, Marcelo Fabián

Gómez Gutiérrez, María Luisa

González Canto, Ana María

González Ruiz, María Cristina

Guillan Iglesias, Sara

Iglesias Bastón, Ángel

Jardim Hernández, Abraham

Lamoso Núñez, Lucía

Leyenda Estévez, María Rosa

López Adrio, José Manuel

López Reija, Silvia

López Romero, Carlos Alejandro

López Vázquez, Silvia

Lorenzo Castro, Cristian

Lorenzo Freire, Fernando

Lorenzo Rivas, Pablo

Losada Menéndez, Ester

Lovelle Rodríguez, Paula

Maceda Arias, Manuel Ignacio

Martínez Farto, José Luis

Martínez Potti, Alba

Máximo Silva, María Eduarda

Méndez Carneiro, Rosa Argentina

Mondelo Arnaiz, Manuel

Montenegro Sobral, Noemi

Montero Villanueva, Víctor

Morales Fernández, Nerea

Novegil Blanco, Eva

Otero Franco, Aitor

Padín Gómez, Noemi

Pardo Porto, Rocío

Pereira Cejas, Mary Carmen

Pereira Italiani, Beatriz

Pereira Souto, Gerardo

Picallo Cacharron, Manuel Avelino

Pinto, Thabata Katiuscia

Pombo Vázquez, David

Quintas Alonso, Nadia Bruna

Rea Barcia, Natividad

Roca Rodríguez, Adrián

Rodríguez Carrasco, Natalia

Rodríguez Fernández, José Luis

Rodríguez Garrido, Diana

Rodríguez Mora, Edmara Mikena

Rodríguez Outeiro, José

Rodríguez Rodríguez, Alejandro

Rodríguez Soriano, Pedro

Rodríguez Vieites, Daniel

Román González, Soraya

Sampayo Sobrado, José Antonio

Sánchez García, Javier

Santamarina Lomba, Sabino

Santiago Rodríguez, Fernando

Santoro Fernández, Francisco Javier

Seoane Gulín, Carlos Alberto

Sobreira Carballo, María Jesús

Somoza Ares, Carolina

Souto Bermúdez, Julio

Urbano Álvarez, Roidy José

Vázquez Silva, Marcos

Viña Veiga, Mónica