Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 16 de abril de 2021 Páx. 19513

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2021 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 26 de outubro de 2020 (DOG núm. 225, do 6 de novembro).

O punto décimo da Resolución do 26 de outubro de 2020 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR473A e PR473B) establece que:

«1. Concluídas as probas, o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeral da Agasp as relacións dos/das aspirantes declarados/as aptos/as. A dita publicación substitúe as notificacións ás persoas interesadas.

2. A Dirección Xeral da Agasp elevará á dirección xeral competente en materia de espectáculos públicos a listaxe definitiva dos/das aspirantes declarados/as aptos/as e procederá á súa publicación no DOG, no taboleiro de anuncios da Agasp e na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal».

Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro

Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo

Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial (PR473BA), que se publicou como anexo II na Resolución do 26 de outubro de 2020 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR473A e PR473B), xunto co xustificante de ter aboado a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición quinta da resolución de convocatoria, e deberanse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Xustiza e Turismo.

Código: 04.

Delegación de servizos centrais.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa. Denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 6,23 euros.

Terceiro.

Contra esta resolución, definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, ante o mesmo órgano que a ditou, de conformidade co establecido no artigo 17.1 da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, e nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben formular recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, de conformidade co disposto nos artigos 8, 10 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo.

A Estrada, 8 de abril de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Alleres Pérez, Esteban

Argibay Blanco, Marcos

Blanco Jaspe, David

Carril Comesaña, Roberto

Cid González, Roi

Costa Casas, Diego

De La Fuente Blanco, Miguel Ángel

Meiriño Pérez, Eulogio

Monasterio Portela, Francisco

Novas Sánchez, David

Ortiz Álvarez, José Miguel

Pino Landín, Luis Alberto

Requejo Hermida, Brais

Riera Villamarín, Jerónimo

Sarasate Pego, Manuel

Valois Calvo, Francisco Javier

Vicente Posse, Francisco Javier

Vicente Posse, Ricardo

Vila Meaño, Luis